Skip to Content

ANPA

Biblioteca

Educación

Dinamizacion

Espazo Abalar

Galerias

INFORMACIÓN FIN DE CURSO

megaphone-1468168_640.png

INFORMACIÓN  FIN DE CURSO.

Benqueridas  familias.

De cara a este fin de curso queremos lembrarvos o seguinte calendario:

1. Entrevistas de pais/nais co profesorado.

Os pais/nais/titores legais que consideren ter unha entrevista de final de curso co profesorado do Centro, poderán facelo nas seguintes datas:

días 23 e 25 de xuño a partir das 12:00

30 de xuño : De 10:00 a 12:00 recollida do Historial académico do alumnado dede Educación Primaria. De non acudir nesta data, os historiais recolleranse en Secretaría asinando o recibín pertinente. A persoa que recolla o Historial e non sexa o titor/a legal do alumno deberá presentar unha autorización e ir debidamente identificado.

Para o procedemento de reclamacións de cualificación ou decisión de promoción atenderase ao descrito na Orde do 2 de marzo de 2021.

 

O boletín de notas entregarase o día 22 en papel.

 

2. Libros de texto.

Podedes consultar o listado de libros de texto publicados nesta web na entrada anterior. Tamén estarán publicados no taboleiro de anuncios do Centro. Non houbo cambios nos niveis e 4º e 6º de Primaria á espera da entrada en vigor para estes cursos da LOMLOE.

Nalgúns niveis o listado de material escolar  complementario publicarase nos primeiros días de setembro do vindeiro curso.

 

3. Calendario Escolar 2021/22.

De acordo coa Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o curso escolar inciarase o 9 de setembro.

Para o alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) seguirase un período de adaptación segundo se recolle na anterior Orde e que se especificará nos primeiros días de setembro.

 

Aproveitamos a ocasión para despedir este curso, agradecer o voso apoio e colaboración neste tempo tan complexo e difícil que nos tocou pasar e desexarvos unhas boas vacacións.

Equipo Directivo, Claustro de profesores e Consello Escolar.

 

AdxuntoTamaño
Orde 2 de marzo de 2021.pdf463.48 KB
Orde 19 de maio de 2021.pdf479.25 KB