Skip to Content

ENTRADAS / SAÍDAS PASEO MARÍTIMO

Queridas familias.

Debido á situación actual de pandemia e coa finalidade de evitar aglomeracións nas entradas e saídas pola Praza Pontevedra, tiñamos a intención de habilitar o uso da porta traseira que dá ao paseo marítimo.

Tras a posta de valado nas arcas dos soportais por parte do Concello (trámite que solicitamos no mes de xullo) consideramos que está habilitada para a súa utilización.

Polo tanto, o alumnado de 4º, 5º e 6º de ed. Primaria, a partir do xoves 24 de setembro empregará esta porta para entradas (9:00 horas) e saídas (13:55 horas para 4º nivel e 14:00 horas para 5º e 6º nivel).

Pregamos a maior puntualidade xa que no momento que se peche esta porta, deberá acceder pola porta principal da Praza Pontevedra.

Xuntamos esquema de colocación das filas. Estará sinalado no chan ou paredes para mellor entendemento e organización.

VER ESQUEMA COLOCACIÓN FILAS

Aquel alumnado que recolla a irmáns menores sairán conxuntamente pola porta principal da Praza Pontevedra.

 

Para o resto do alumnado (de 4º de Ed. Infantil a 3º nivel de ed. Primaria), a finais desta semana, publicaremos na páxina web as modificacións de horario e lugar de fila para efectuar a partir do luns 28 de setembro.

 

Atentamente.

Equipo Directivo.



blog | by Dr. Radut