Skip to Content

"XUNTARTE.XUNTOS POLA ARTE 2019"

     

O venres 1 de febreiro de 2019, celebramos no centro Ágora, "XUNTARTE.XUNTOS POLA ARTE", unha experiencia de traballo conxunto de centros públicos da cidade de A Coruña para conmemorar o "Día Escolar da Non Violencia e a Paz".

Este ano o noso centro é o encargado de organizar o evento, que comezará as 18:00 h no centro sociocultural e municipal Ágora. Durante unha hora e media alumnos de 8 colexios públicos da Coruña cantarán,actuarán e bailarán danzas e músicas de diferentes países do mundo.

Nesta IV edición os centros participantes son: CEIP Nosa Señora do Rosario, CEIP Alborada, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Ramón de la Sagra, CEIP Zalaeta, CEIP Manuel Murguía , CEIP San Pedro de Visma e o CEIP Eusebio da Guarda.



story | by Dr. Radut