You are hereCantiga para durmir a un neno

Cantiga para durmir a un neno


CANTIGA “PRA” DURMIR A UN NENO 

CANTIGA “PARA” DURMIR A UN NENO 


(Poema de Celso Emilio Ferreiro)

 

A Coruña ten un vento, 

A Coruña un vento ten, 

un vento pelegriñante,

un vento que vai e vén.

Un vento que é  mais que vento

é un teimoso roncón

fungando polos tellados

con grave e tristeiro son.

 

 

 

 

 

De día vai cos paxaros

e anda a brincar polas hortas.

De noite ven cos morcegos

e anda a petar polas portas.

Meu neno, non teñas medo,

que este vento é (o) meu amigo

e anque rosma polas rúas

non te levará consigo.

 

 

 

 

 

O vento atópase canso

do seu constante bulir.

Deitouse nos piñeirais,

coma nun berce, a dormir.

E o vento que rebulía,

A Coruña xa  non ten.

O meu neno está durmido

e o vento durmiu tamén.


Este vento vagamundo,

vai coa lúa, ven co sol,

vai cós mozos, vén cós vellos,

vai coa neve, vén coa frol.

Vai coas nubes viaixeiras

por camiños de romaxe.

Vén co pandeiro da chuvia

repenicando a paisaxe.

 

 

 

 

 

 

 

Vento que vas á ventura,

¿non ollas cómo che aceno?

Vaite de aquí paseniño,

deixa dormir ó meu neno.

¿Onde se marchou meu pai

o ventiño reiseñol,

ventiño de doce gaita,

ónde se foi co seu fol?