Skip to Content

 

   

Aula Abalar, PFAC 2012-2013

SERVIZO DE VIDEOCONFERENCIA WEBEX

A Consellería acaba de poñer en funcionamento un aplicativo para realizar videoconferencias entre profesorado ou profesorado e alumnado.

Aquí vos deixamos uns videso explicativos de como funciona.

Para o alumnado:

Para o profesorado: 

Edición de son con Audacity

Audacity é un editor multiplataforma (WindowsGNU/Linux e Maclibre e de código aberto destinado á edición e tratamento do son. Multipista, permite gravar sons, converter cintas e gravacións a son dixital ou CD, editar arquivos OGGMP3 e WAV, cortar, pegar, ensamblar e mesturar sons, cambiar a velocidade ou o ton dunha gravación, axustar os volumes, gravación temporizada, mesturar pistas, etc. Ademais, inclúe un amplo abano de efectos, algúns deles de gran complexidade, como eliminación de ruídos ou análise de frecuencias.

Podedes acceder á páxina oficial premendo na icona. 

En Youtube temos dous videos que nos mostran o uso básico deste programa:

Grabación, Edición & Efectos
Más Efectos & Mezcla Rápida

Os contidos para o curso están aloxados no servidor do centro.

 

Retoque fotográfico con GIMP

GIMP (acrónimo de GNU Image Manipulation Program) é un programa informático para a edición de imaxes en formato mapa de bits, coma por exemplo fotografías.

Podedes acceder á web oficial premendo na icona. 

Para os que queirades ver uns videos interesantes, en Youtube hai uns tutoriais feitos por Conoce la Fotografía.

Os contidos para o curso están aloxados no servidor do centro.

O Encerado Dixital Interactivo

EnceradoDixitalInteractivo - PizarraDixitalInteractiva

Smartboard Notebook 11

- Manual de uso

- Videotitorial

- Smart Notebook Express

 

 Promethean ActivInspire 1.6

- Manual de uso

- Videotitorial


PFAC: 12ª Reunión

24/01/2013 16:30
24/01/2013 19:30
Etc/GMT

 


12ª reunión
O  xoves 11 de abril teremos a última sesión do PFAC ás 16:30 na aula de inglés.

Lembrade cubrir a enquisa que se vos enviou ao correo electrónico.

Proxecto Abalar

A aula abalar 

Equipamento e infraestrutura
- O ultraportátil do alumnado       
- O portátil do profesor/a
- O encerado dixital interactivo
- O proxector
- O armario de carga
- A rede Wifi


O servidor de contidos 

 

      

Servidor abalar

Guía rápida: Xestión de recursos educativos

Listado de recursos educativos

 

 

Enquisa 'A competencia dixital do profesorado'

 

O profesorado recibirá por correo electrónico un enlace para cubrir un formulario, onde se pretende determinar a competencia TIC de cada un. 

Aproximación ao EDI. Investigación e provisión de recursos.

PFAC F1207002

Proxecto aprobado o 31/10/2012


Xustificación

O centro escolar leva facendo un gran esforzo equipando as aulas ordinarias con elementos multimedia (canón e encerados dixitais interactivos) así coma o equipamento dunha aula Abalar en 5º de primaria este ano por parte da Consellería, polo que xurde entre os membros do centro unha necesidade de avaliar os usos e posibilidades destes novos recursos nas nosas aulas. Tendo isto en conta, pénsase que a mellor maneira de dar resposta a esta necesidade é, constituír un gupo de traballo na modalidade PFAC ao amparo da convocatoria de proxectos sobre formación do profesorado.

 

Obxectivos

1.  Detectar as necesidades formativas do noso profesorado.

2.  Reflexionar e debatir sobre a mellor utilización dos recursos existentes no centro.

3.  Mellorar a alfabetización TIC do profesorado e a súa integración na práctica diária coma recurso no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

 

Contidos

1.Análise do nivel de partida do profesorado no grado de coñecemento das novas tecnoloxías e as posibles utilizacións dos recursos existentes no centro.

2.Introdución básica a un aula Abalar.

   2.1.O encerado dixital.

   2.2.Os ultraportátiles do alumnado e o portátil do profesor.

   2.3.O armario de carga.

   2.4.A rede wi-fi.

   2.5.Software Abalar.

   2.6.Xestor de recursos educativos no servidor.

3.Manexo do EDI e as súas aplicacións.

   3.1.Smartboard Notebook.

   3.2.Promethean ActiveInspire.

4.Manexo e instalación de aplicacións de software libre que se integren co uso dos EDI

   4.1.Gimp (tratamento de imaxe).

   4.2.Audacity (tratamento do son).

5.Selección e análise de materiais e actividades elaboradas na web para utilizar cos medios audiovisuais, clasificándoos segundo o nivel e área de coñecemento. Experiencias doutros centros.

6.A Web 2.0, un mundo de posibilidades.

   6.1.Drupal (portal web do centro).

   6.2.Coppermine (galería de imaxes).

 

Metodoloxía que se pretende seguir

A metodoloxía axustarase aos obxectivos, contidos e actividades, sendo activa, participativa e global, partindo das experiencias dos membros participantes. As tarefas e sesións realizaránse individualmene, en pequeno grupo ou gran grupo dependendo dos puntos a tratar, sempre procurando combinar a exposición de contidos coa realización práctica de actividades.

 

Organización de recursos humanos e materiais

Recursos humanos Participan neste proxecto o 80% do profesorado do centro. A docencia será interna por parte do coordinador, e si fose preciso solicitaríamos docencia externa. Recursos materiais Os materias necesarios atópanse na aula Abalar (canón, EDI, ordenador do profesor e ultraportátiles), os portátiles que cada mestre pode ter na súa aula e fotocopiadora.

 

Temporalización

Desenvolvemento das sesións dun total de 40 horas - [Practica] / [Docencia] / [Avaliacion] / [Traballo Individual]:

[P] 1ª sesión (8/11/12): Detección das necesidades do noso profesorado (3h).

[P] 2ª sesión (15/11/12): Manexo básico da aula Abalar (3h).

[D] 3ª sesión (22/11/12): Manexo do EDI - Smartboard Notebook (3h).

[P] 4ª sesión (29/11/12): Práctica co software Smartboard Notebook (3h).

[D] 5ª sesión (10/01/13): Manexo do EDI - Promethean ActiveInspire (3h).

[P] 6ª sesión (17/01/13): Práctica co software Promethean ActiveInspire (3h).

[P] 7ª sesión (24/01/13): Selección e análise de contidos na web(3h).

[D] 8ª sesión (31/01/13): Manexo de software libre(3h).

[P] 9ª sesión (7/02/13): Práctica co software libre (3h).

[D] 10ª sesión (21/02/13): Manexo da web 2.0(3h).

 

Proceso e criterios para a avaliación do proxecto

A avaliación debe ser un proceso constatnte que permita mellorar e adaptar o plan de formación desde o seu deseño ata o seu remate. Os elementos avaliables polo tanto serán:

-a consecución dos obxectivos
-a selección e tratamento dos contidos
-a metodoloxía empregada
-os relatores
-os recursos empregados
-a tarefa de coordinación
-os participantes no proxecto

Distribuir contido


by Dr. Radut