Skip to Content

Xornada Portas Abertas 2021

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2021

Ola a todas e a todos:

Este ano, por mor da pandemia, non teremos Xornadas presenciais de Portas Abertas. No seu lugar, para que poidades coñecer a liña educativa do noso centro, as súas instalacións e servizos complementarios, teredes á vosa disposición as seguintes posibilidades:

1- Videoconferencia co equipo directivo e co orientador os días martes 23 e xoves 25 de febreiro ás 17:00h. Para poder asistir deberedes solicitar asistencia á mesma no teléfono 886 120 115 (Esther).

2- Viaxe virtual polo noso centro no que poderedes acceder dende esta mesma páxina ,cunha introdución previa realizada polos nosos alumnos.

3- Teléfono de asistencia para información xeral : 886 120 117 (Orientador: Alfredo)

4- ptico coa información esencial do noso centro, a descargar nesta páxina.

5-  Acceso á sección de Educación do Concello onde fiigura información básica sobre os centros educativos de Vigo

xornada_portas_abertas_21

 Esperamos que contactedes connosco para coñecernos e desfrutar da ilusionante etapa infantil e primaria do noso centro. Grazas.

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS - MARTES, 18 DE FEBREIRO E 3 DE MARZO

 

Xornada_Puertas_Abiertas

 

Ola a todas e a todos!

Queríamos comunicarvos que os vindeiros martes 18 de febreiro e martes 3 de marzoteremos as Xornadas de Portas Abertas nas que poderedes coñecer a nosa proposta pedagóxica, acceder ás nosas instalacións e convivir connosco ao longo destas xornadas.

Para organizar mellor e atenderos correctamente temos estruturada a xornada do seguinte xeito:

 

  1. Primeira   visita:    12.30h
  2. Segunda   visita:    16.30h

Para reservar a vosa visita deberedes contactar co noso teléfono e elixir o horario que mellor se adapte ás vosas obligacións

Telefono de contacto:  886 120 115 (Esther: administrativa// José A.: secretario)

 Na web do Concello de Vigo, Escolas Vigo. tedes tamén a información básica sobre o noso centro

 

Ficha_Escolas_Vigo

Un saúdo e esperamos veros nesas xornada. Ata pronto!!

Distribuir contido


by Dr. Radut