Skip to Content

CONVOCATORIA DE AXUDAS 2024-2025: FONDO LIBROS, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

 

Prezadas familias:

Xa está aberto o prazo para solicitar as diversas axudas de libros de texto ( 1º e 2º de primaria), Programa Solidario Fondo Libros ( 3º a 6º de primaria) e material escolar para toda primaria ( 1º a 6º ) que xestiona a Consellería de Educación.

A) Hai dúas formas de presentar a solicitude:

a.1) Telemáticamente: accedendo á páxina de acceso ao Programa Fondo Libros, cubrindo a solicitude e presentala na Sede Electrónica da Xunta. Este proceso necesita usuario con certificado e sinatura dixital.

Enlace web: Solicitudes online

a.2) Presencialmente no centro educativo: cubrindo a solicitude ( na aplicación online ou no centro) e presentando e asinando os documentos requeridos.

Enlace web: modelo 330 B (solicitude)  

 B) Prazos para solicitar as axudas:

O prazo límite para solicitar estas axudas é o venres 21 de xuño de 2024.

 C) Enlace ao texto normativo da convocatoria:

Orde do 7 de maio de 2024

D) Cadro básico das axudas (cuantías)

Cadro resumen das tipoloxías de axudas e as súas cuantías

Agradecemos a todas as familias que teñan dúbidas , contacten coa nosa secretaría ( 886 120 115)  para axudarlles a  supervisar este proceso.

 

CUESTIONARIO PARA FAMILIAS: AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO 4º EP

Prezadas familias.

Tedes neste apartado o acceso á páxina para realizar o Cuestionario de Contexto das Avaliacións de Diagnóstico de 4º de Educación Primaria correspondente ao actual curso escolar 2023-2024. Lembrade que o prazo remata o martes, 30 de abril. Moitas grazas.

 

 

PROBAS DE AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA 2024

Prezadas familias:

Informamos que, no presente curso 2023-2024, retómanse as Probas de Avaliación Diagnóstica (PAD) nos centros educativos en todo o estado español. As probas, que teñen como obxecto avaliar o estado das competencias académicas do alumnado de 4º curso de Educación Primaria e 2º curso da ESO, versarán sobre as competencias lingüísticas ( lingua galega, linga castelá, ingles e francés en 4º curso) e serán realizadas os vindeiros mércores 10 e xoves 11 de abril ao longo de toda a xornada escolar. Trala realización da corrección das probas, os centros educativos informarán ás familias do resultado xeral das probas en cada competencia avaliada a nivel de centro , non do alumnado individualmente. Os resultados servirán para elaborar plans educativos, nas áreas susceptibles de mellora. Para información máis precisa, facede "clic" na imaxe o contactar coas persoas tiroras de 4º curso. Moitas grazas

 

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO CURSO 2023_24 PARA 4º ED PRIMARIA E 2º ESO | CPI  Dr. López Suárez

ESCULTORAS E ESCULTORES...COMEZAMOS O TERCEIRO TRIMESTRE

Prezadas familias:

Tralas merecidas vacacións de Semana Santa comezamos o terceiro trimestre deste curso 2023-2024. Enviamos dende o cole unha invitación para seguir traballando con responsabilidade, moita empatía e un talante positivo co obxecto de lograr os obxectivos socioeducativos marcados. Este trimestre comeza o martes 2 de abril e remata, xa co final do curso, o venres 21 de xuño. Veña, moita enerxía e ...adiante. 

Qué es la educación ambiental? ¿Cuáles son sus objetivos y tipos? - Avatar  Energía, blog de Energías Renovables

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8M

Prezadas familias:

Este venres, 8 de marzo de 2024.  celébrase o Día Internacional da Muller. Hai datas con moita historia e esta é unha delas, unha moi importante. Todas e todos estamos chamados a mellorar a visibilidade, recoñecemento e participación da muller na nosa sociedade nas mesmas condicións que os homes. Cada xesto, cada palabra e cada compromiso debe ir cara este obxectivo. Na nosa escola, non temos dúbidas. Benvida e benvido a unha sociedade diversa pero igualitaria. Moitas grazas polo teu apoio.

Día_Muller_2024

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut