Skip to Content

Comunicación dun caso COVID19 no centro

Prezadas familias:

No día de hoxe, sábado 12 de decembro, a Consellería de Sanidade informounos dun caso positivo da COVID19 no noso centro. O caso queda restrinxido ao grupo de 6º B de Educación Infantil. As familias dos contactos estreitos xa foron informadas polo Equipo COVID. Ao mesmo tempo, foi remitido un comunicado informativo ao resto da comunidade educativa pola aplicación Abalarmobil.

O alumnado deste grupo quedará en período de corentena por ser considerado contacto estreito. O resto do alumnado do centro educativo pode seguir, con normalidade, o seu proceso educativo. De todos xeitos, pregamos unha supervisión de posibles sintomatoloxías nestes próximos días e o máximo nivel de cumprimento da normativa sanitaria. De ser o caso, prégase contactar co equipo COVID do centro (886 120 115). 

Ante calquer dúbida, contactar coa nosa secretaría. Moita saúde e moito ánimo.  O Equipo Educativo

Nota: tedes no arquivo axunto, o modelo oficial de comunicación da Consellería de Educación remitido dende o centro.

AdxuntoTamaño
Carta_Educovid_12_decembro_2020.pdf102.56 KB


page | by Dr. Radut