Skip to Content

blogue de_traes a lingua

Cunha canción tamén aprendemos a falar

Con esta canción traballamos o son /t/ e a posición correcta da lingua entre os dentes. Espero que vos guste e que a cantedes moito.

Corre corre cabaciña... polos nenos de infantil

Aquí vos deixo un video coas fotos da obra de teatro, espero que se vexa.

Pincha aquí.

Facemos un pouco de teatro

Nas aulas de 4 e 5 anos estivemos representando o conto de "Corre corre cabaciña".

Son moi bos actores e que ben o pasaron.

4 anos5 anos

Contando contos aprendemos a falar

Este ano inicamos un novo proxecto que se ven chamando "Contando contos aprendemos a falar".

A través dos contos traballaremos moitos aspectos necesarios para mellorar a expresión oral dos nenos e nenas.

O primeiro conto co que traballamos é "Corre corre cabaciña".

Aquí vos deixo a canción porque cantando tamén aprendemos a falar mellor. A cantar e bailar!!!

Cantando aprendo a hablar

Buscando material en internet, atopei uns videos moi interesantes e aos nenos e nenas lles resultan moi motivadores, está claro que mover a boca cunha canción é moi divertido.

Quizáis dentro de pouco sexan eles e elas os que aparezan no video.

Que o disfrutedes.

Pronto empezaremos a traballar

Con este blog espero poder ir facendo unha recopilación dos traballos máis interesantes que vaia facendo nas aulas e co alumnado que recibe apoio.

Tamén espero que nos sirva de axuda tanto aos nenos e nenas como as familias, que se poidan implicar no reforzo de certas dificultades, que atopen aquí o material que precisen.

Incluso, co tempo, quen sabe, podería ser un pequeno consultorio.

Un saúdo.

A Mestra de Audición e Linguaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut