Skip to Content

Convivencia no centro

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO

 

INTRODUCCIÓN

            1. O CENTRO

1.1.        

Enderezo e entidade.

1.2.        

Mobiliario e material do Centro.

1.3.        

Hixiene e sanidade.

            2. ESTRUTURA ORGANIZATIVA

ÓRGANOS DE GOBERNO E ÓRGANOS DE PARTICIPACIÓN NO CONTROL E XESTIÓN.

                        2.1. Órganos unipersoais.

2.2.        

Órganos colexiados.

2.2.1.    

Consello Escolar.

2.2.2.    

Claustro de profesores.

2.3.        

Órganos de coordinación docente.

                               2.3.1. Equipos de ciclo.

                               2.3.2. Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP).

                               2.3.3. Equipo de Dinamización Lingüística.

                               2.3.4. Equipo de actividades complementarias e extra-escolares.

                               2.3.5. Comisión de Biblioteca.

                               2.3.6. Comisión das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC).

                               2.3.7. Titoras/es.

                               2.3.8. Departamento de Orientación.

2.3.7.1.

Plan de acción titorial.

                                    2.3.7.2. Saídas escolares.

2.4.                 

Participación de persoas alleas ao Centro.

            3. COORDINACIÓN.

      3.1. Equipo Directivo.

                                   3.2. Equipos.

                                   3.3. Asociación de Nais e Pais de Alumnos.

            4. AVALIACIÓN.

                                   4.1. Sesións de avaliación.

                                   4.2. Comunicación as familias.

                                   4.3. Reclamacións contra as cualificacións.

             5. LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS CURRICULARES.

                         5.1. Préstamo de libros de texto.

            6. INSTALACIÓNS.

                        6.1. Organización de espazos e instalacións.

                                   6.2. Uso das instalacións do Centro por parte da comunidade educativa.

                                   6.3. Biblioteca.

                                   6.4. Zona administrativa.

                                   6.5. Sala de profesorado.

                                   6.6. Aulas de inglés e de música.

                                   6.7. Aulas de informática.

                                   6.8. Salón de usos múltiples (SUM).

                                   6.9 Aulas.

                                   6.10. Botiquin.

            7. ALUMNADO.

                                   7.1. Admisión de alumnos/as.

                                   7.2. Dereitos.

                                   7.3. Deberes.

            8. PERSOAL DO CENTRO.

                                   8.1. Persoal docente.

                                   8.2. Persoal non docente.

            9. PAIS/NAIS E TITORES.

                                   9.1. Dereitos.

                                   9.2. Deberes.

                                   9.3. Relacións cos pais/nais de alumnos/as.

             10. 

ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS/AS.

             11. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES FORA DO HORARIO LECTIVO.

                                   11.1. Actividades extra-escolares das tardes.

             12. NORMAS DE CONVIVENCIA.

                                   12.1. Organización.

                                   12.2. Saídas do alumnado en horario lectivo.

                                   12.3. Normas básicas de convivencia            

                                   12.4. Erradicación de prexuízos sexistas no Centro.

                                   12.5. Incumprimento das normas de convivencia.

                                               12.5.1.Condutas contrarias ás normas de convivencia.

                                               12.5.2.Condutas gravemente prexudiciais para a convivencia do centro.

            13. USO DE ESPAZOS.

                                   13.1. RECREOS.

                                   13.2. USO DOS SERVIZOS HIXIÉNICOS.

             14. ALUMNOS ACCIDENTADOS OU INDISPOSTOS.

                                   14.1. Procedemento para a atención do alumnado indisposto ou accidentado.

             15. TABACO.

             16. LEXISLACIÓN.

             17. DISPOSICIÓN FINAIS.

 

 

 

 

 

 

 

INTRODUCCIÓN

De conformidade coa lexislación vixente, en especial, a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE), o Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico das Escolas de Educación Infantil e dos colexios de Educación Primaria; a Orde do 22 de xullo de 1997 que desenvolve o Decreto 374/1996, así como o Real Decreto 732/1995, do 5 de maio, polo que se establecen os dereitos e deberes dos alumnos/as e as normas de convivencia nos centros, redáctanse as presentes  Normas de organización e funcionamento do CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña.

Estas Normas son de aplicación a toda a Comunidade Educativa do Centro, entendendo como Comunidade Educativa a formada polo alumnado, o profesorado, os pais/nais de alumnos/as e o persoal de administración e servizos.

 

1. O CENTRO.

1.1. Enderezo e entidade.

O Colexio de Educación Infantil e Primaria Emilia Pardo Bazán é un centro público dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Ten o seu domicilio na Travesía de Los Rosales, s/n, A Coruña. O código postal é o 15011.

O enderezo de correo electrónico é: ceip.emilia.pardo.corunha@edu.xunta.es 

O centro é de titularidade pública dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (código 15021627).

1.2. Mobiliario e material do Centro.

Todo o mobiliario e material do centro deberá ser coidadosamente usado pola comunidade educativa. Cando algún membro desta cause danos intencionadamente ao mobiliario ou instalacións do centro queda obrigado a repara-lo dano causado ou facerse cargo do custo económico da súa reparación.

A utilización dos medios de reprografía (fotocopiadora, impresoras,...) estará limitado a aspectos docentes ou administrativos do centro.

1.3. Hixiene e sanidade.

As instalacións do centro estarán en perfectas condicións de limpeza e respectarán as debidas garantías de hixiene. Da súa inspección encargarase o persoal de conserxería e o persoal de limpeza que comunicarán á Dirección do centro calquera anomalía.

A detección de calquera indicio de enfermidade infecto-contaxiosa comunicarase á Dirección que tomará as medidas oportunas comunicándollo ás autoridades competentes e informando ao Consello Escolar.

2. ESTRUTURA ORGANIZATIVA

ÓRGANOS DE GOBERNO E ÓRGANOS DE PARTICIPACIÓN NO CONTROL E XESTIÓN.

A composición, elección e funcións dos citados órganos están regulamentadas na lexislación en vigor. (Lei Orgánica 10/2002 de 23 de decembro de Calidade da Educación, Regulamento Orgánico das escolas de Infantil e colexios de E. Primaria).

2.1. Órganos unipersoais

Equipo Directivo.

Está formado polo Director/a, Xefe/a de estudios e Secretario/a. As súas competencias están determinadas nos artigos 132º da LOE, 34º e 35º respectivamente do Decreto 374/1996, do 17 de outubro pola que se aproba o regulamento das escolas de Educación Infantil e dos colexios de Educación Primaria. 

2.2. Órganos colexiados

2.2.1. Consello Escolar.

A composición do Consello Escolar do CEIP Emilia Pardo Bazán é: Director/a, Xefe/a de estudios, Secretario/a (con voz e sen voto), un representante municipal, un representante do persoal non docente, cinco representantes dos mestres e cinco representantes das/dos nais/pais.

A súa composición e competencias veñen reguladas polo Decreto 374/1.996 e pola Orde do 22/07/97 (DOG 02/09/97). O proceso para a elección e renovación dos seus compoñentes aterase ó disposto na lexislación vixente.

No Consello Escolar constituirase a Comisión Económica integrada polo director/a, un mestre, un pai/nai e o/a secretario/a, conforme ao disposto na lexislación vixente.

Reunións: Reunirase preceptivamente unha vez por trimestre e sempre que os convoque o seu presidente ou o solicite un terzo dos membros. En todo caso, reunirase ao inicio e ao remate do curso.

2.2.2. Claustro de profesores.

Está integrado pola totalidade das/dos profesoras/es que prestan servizo no CEIP Emilia Pardo Bazán e está presidido polo/a Director/a. As súas funcións veñen reguladas no Decreto 374/1.996.

Reunións: Reunirase preceptivamente unha vez por trimestre e sempre que os convoque o/a Director/a ou o solicite un terzo dos membros. En todo caso, reunirase ao inicio e ao remate do curso.

2.3. Órganos de coordinación docente.

A composición e funcións destes órganos veñen dadas polo Decreto 374/1996 e pola Orde do 22/07/97.

Constituiranse os seguintes:

2.3.1. Equipos de ciclo:

Composición: Agrupan aos mestres e mestras que imparten docencia nel. Son os órganos básicos encargados de organizar e desenvolver as ensinanzas propias do ciclo, baixo a supervisión do/a xefe/a de estudos. (Artigo 54º - 60º do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico das Escolas de Educación Infantil e dos colexios de Educación Primaria, no que se establecen as súas competencias).

Competencias do equipo:

1. Formular propostas ao equipo directivo e ao claustro relativas á elaboración do PEC e PXA.

2. Formular propostas á comisión de coordinación pedagóxica relativas ós proxectos curriculares de etapa.

3. Valorar e experimentar métodos e técnicas que permitan unha mellora cualitativa do ensino.

4. Propor ó/á coordinador/a do equipo de actividades complementarias e extra-escolares o programa de actividades para o ciclo.

5.           

Propor o material didáctico en función do Proxecto Curricular. O elaborar as programacións didácticas das ensinanzas que ten encomendadas, segundo as directrices xerais elaboradas pola CCP.

Cada equipo de ciclo estará dirixido por un/unha coordinador/a.

Desempeñará o seu cargo durante dous cursos.

Será nomeado polo/a Director/a, oído o equipo de ciclo.

Competencias do coordinador/coordinadora:

1. Dirixir e coordinar as actividades académicas do equipo de ciclo.

2. Responsabilizarse de que o ciclo elabore as programacións didácticas de acordo co Proxecto Curricular.

3. Colaborar na elaboración do reforzo educativo e adaptacións curriculares.

4. Responsabilizarse de levantar acta das reunión e da elaboración da memoria de fin de curso.

5. Colaborar co Secretario/a na elaboración e na actualización do inventario do Centro.

Os/as coordinadores/as cesan nas súas funcións ao término do seu mandato ou polas seguintes causas:

• Renuncia motivada e aceptada polo/a director/a.

• Revogación polo/a director/a, a proposta razoada do equipo de ciclo, e previa audiencia ao/á interesado/a.

Reunións: Alomenos unha vez cada mes.

 

2.3.2. Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP).

Composición: Estará integrada polo/a Director/a que será o/a presidente, o/a Xefe de estudios, o/a Xefe do departamento de orientación, os/as coordinadores de ciclo, o/a coordinador/a do EDL e os mestres responsables da atención ó alumnado con necesidades educativas especiais.

Actuará de secretario/a un membro da citada comisión, designado polo/a director/a, oídos os restantes membros. (Artigos 61º-62º do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico das Escolas de Educación Infantil e dos colexios de Educación Primaria).

Competencias:

1. Establecer as directrices xerais para a revisión dos proxectos curriculares de etapa.

2. Elaborar a proposta do plan de acción titorial,

3. Velar polo cumprimento e avaliación dos proxectos curriculares,

4. Propor a planificación xeral das sesións de avaliación.

5. Fomentar a avaliación de todas as actividades e proxectos do centro, colaborar nas avaliacións a iniciativa dos órganos de goberno e da administración educativa e impulsar plans de mellora, caso de ser preciso, como consecuencia das citadas avaliacións.

Reunións: unha vez ao mes. Ao principio e ao final de curso, ademais das veces que se considere oportuno ao longo do curso.

 

2.3.3. Equipo de Dinamización Lingüística

O Equipo de dinamización lingüística será o encargado de potenciar as actividades que no eido da normalización se consideren máis idóneas. (Artigos 63º-68 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico das Escolas de Educación Infantil e dos colexios de Educación Primaria).

Composición: Formarán parte do mesmo un/unha mestre/a de cada ciclo, nomeados polo/a director/a a proposta da CCP. Poderanse incluír no citado equipo, ademais dos anteriores, aqueles mestres/as que o desexen. Os seus membros disporán dunha hora semanal para dinamizar xunto ó/á coordinadora do EDL quen coordinará as reunións.

Competencias:

1. Propor á CCP para a súa inclusión no PCC, o plan para o uso do idioma.

2. Propor á CCP para a súa inclusión no PCC, o plan específico para potenciar a presenza da realidade galega no ensino.

3. Elaborar e dinamizar un plan anual de actividades tendentes á consecución dos obxectivos incluídos nos plans anteriores.

Reunións: reunirase unha vez ó mes cunha sesión extraordinaria ao comezo e final de curso, así como as que se consideren necesarias.

A coordinación do EDL será desempeñada por un profesor/a do mesmo preferentemente con destino definitivo no centro. Será nomeado polo/a director/a do centro a proposta dos compoñentes do equipo.

Desempeñará as súas funcións durante dous cursos.

 

2.3.4. Equipo de actividades complementarias e extra-escolares.

Composición: Estará constituído por un/unha xefe nomeado/a polo/a directora a proposta do/a Xefe de Estudos, oída a Comisión de Coordinación Pedagóxica e para cada actividade concreta, polos/as profesores/as que participen nesta. (Artigos 69º – 79º do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico das Escolas de Educación Infantil e dos colexios de Educación Primaria).

As competencias están recollidas no Regulamento de escolas de Infantil e colexios de educación Primaria.

Reunións: reunirase cunha periodicidade mensual e realizará unha sesión extraordinaria ao comezar o curso e outra ao finalizar este, así como cantas outras se consideren necesarias en función das conmemoracións e actividades a celebrar segundo a planificación das mesmas. Os seus membros disporán dunha hora semanal para dinamizar xunto ó/á coordinadora do EACE quen coordinará as reunións.

 

2.3.5. Comisión de Biblioteca.

Composición: Mestres dos diferentes ciclos do centro. De entre os seus membros designarase un/unha coordinador/a que será nomeado/a polo/a directora a proposta do/a Xefe de Estudos, oída a Comisión de Coordinación Pedagóxica. Os seus membros disporán dunha hora semanal para dinamizar xunto ó responsable da biblioteca escolar, que coordinará as reunións.

Competencias: As bibliotecas escolares contribuirán a fomentar a lectura e a que o alumno acceda á información e outros recursos para a aprendizaxe das demais áreas e materias e poida formarse no seu uso crítico. Igualmente, contribuirán a facer efectivo o disposto nos artigos 19.3 e 26.2 da LOE.

Reunións: reunirase cunha periodicidade mensual e realizará unha sesión extraordinaria ao comezar o curso e outra ao finalizar este, así como cantas outras se consideren necesarias en función das conmemoracións e actividades a celebrar segundo a planificación das mesmas.

 

2.3.6. Comisión das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC).

Composición: Mestres dos diferentes ciclos do centro. Disporán dunha hora semanal para dinamizar xunto ó responsable da Comisión TIC que coordinará as reunións. De entre os seus membros designarase un/unha coordinador/a que será nomeado polo/a directora a proposta do/a Xefe de Estudos, oída a Comisión de Coordinación Pedagóxica, por un período de 2 cursos, e que desenvolverá as seguintes funcións:

   

Técnicas:

- Xestión de incidencias dos aparellos TIC do centro e comunicación á UAC (Unidade de Atención a Centros) daquelas que requiran intervención externa.

-  Instalación de programas.

   

Organizativas:

                   

Coordinar o uso das aulas de informática e de outros recursos TIC con criterios pedagóxicos.

                   

Control e rexistro do software instalado nos equipos do centro.

   

Dinamizadoras:

-  Promover e dinamizar o uso das TIC no centro.

- Recoller as necesidades de formación en TIC dos/das compañeiros/as do centro e promover a súa participación en actividades de formación.

- Apoio a compañeiros/as no uso das TIC.

- Difusión do Plan TIC no centro.

 

2.3.7. Titoras/es.

A titoría e orientación do alumnado formará parte da función docente.

Cada grupo de alumnado terá unha/un mestra/e titor/a designado polo director/a en función das necesidades educativas, a antigüidade no centro e as súas preferencias. (Artigos 80º-81º do Regulamento das Escolas de Educación Infantil e dos Colexios de Educación Primaria).

Funcións:

1. Participar no desenvolvemento do plan de acción titorial baixo a coordinación do/a xefe de estudos e coa colaboración do orientador/a do centro.

2. Coordinar o proceso de avaliación do seu grupo e adoptar a decisión que proceda respecto á promoción do alumnado dun ciclo a outro, previa audiencia dos/as pais, nais ou titores legais.

3. Atender as dificultades de aprendizaxe do alumnado para proceder á adecuación persoal do currículo.

4. Facilitar a integración do alumnado no grupo e fomentar a participación nas actividades do Centro.

5. Traballar a auto-estima do seu alumnado, detectar as posibles deficiencias e buscar a corrección das mesmas.

6. Informar a nais/pais/titores, mestres/as, do grupo de todo o que lles afecte en relación coas actividades docentes e o rendemento académico.

7. Facilitar a cooperación educativa entre nais/pais e mestres/as.

8. Atender ao alumnado, xunto co resto de profesores/as do centro, durante os períodos de recreo e noutras actividades complementarias.

9. Cubrir os documentos oficiais relativos ao seu grupo de alumnos/as.

 

Os equipos e comisións celebrarán as reunións ordinarias que se establecen regulamentariamente e todas aquelas que se consideren precisas para o desenvolvemento das súas competencias, funcións e planificación e desenrolo das súas actividades. Na Programación Xeral Anual (PXA) figurará un calendario mensual de reunións dos equipos e comisións.

Cada equipo terá un coordinador/a. A Comisión de Coordinación Pedagóxica estará presidida polo/a Director/a.

As reunións serán convocadas polos coordinadores dos equipos e comisións.

De cada reunión levantarase unha acta que será rexistrada no Libro de Actas correspondente e  remitirase por e-mail un resumo dos acordos  á conta de correo do colexio para coñecemento da Xefatura de Estudios.

2.3.7.1. Plan de acción titorial.

O Claustro deberá elaborar un Plan de acción titorial no que se recollan as tarefas e instrumentos precisos para que o profesorado desenvolva as súas funcións.

O centro programará un período de adaptación para facilitar a incorporación do novo alumnado de Educación Infantil ao centro. Antes do inicio do curso convocarase unha reunión coas familias para explicarlles, entre outros temas, o procedemento deste período de adaptación.

O centro contará cun Plan de acollida para alumnado procedente do estranxeiro.

2.3.7.2. Saídas escolares.

Correspóndelle a cada titor/a, dentro do Equipo de Actividades Complementarias e Extra-escolares, a organización das saídas e actividades complementarias dos seu alumnado.

Pedirase unha autorización ás nais e aos pais, para todo o curso, para aquelas saídas aprobadas polo Consello Escolar. Así mesmo informarase aos pais sobre cada unha das saídas (horario, itinerario, visitas previstas, custo do transporte e/ou visitas,...) e irase dando conta ó Consello Escolar a medida que se vaian programando definitivamente. Cada titor/a recollerá as autorizacións dos seus alumnos e as achegas económicas que houbese.

Os outros mestres que impartan docencia nun curso, poderán organizar saídas con ese grupo de

alumnos/as informando ao titor e de acordo co Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.

2.3.8. Departamento de Orientación.

 

2.4. Participación de persoas alleas ao Centro.

O profesorado ou os ciclos poderán promover a participación de terceiros en actividades non programadas que se vaian desenvolver en tempo lectivo nas seguintes condicións:

- A actividade debe ser previamente solicitada e autorizada pola Dirección, si se trata dunha actividade puntual, e polo Consello Escolar cando se pense desenvolver en varias sesións.

- As persoas alleas deberán actuar sempre en presencia e baixo a supervisión e a responsabilidade do profesor ou profesora correspondente.

 

3. COORDINACIÓN.

3.1. Equipo Directivo.

Para unha mellor coordinación das funcións do Equipo Directivo manterán unha reunión semanal como mínimo.

3.2. Equipos.

Para a mellor coordinación dos Equipos de Ciclo a Comisión de Coordinación Pedagóxica establecerá aquelas reunións inter-ciclos que considere precisas.

3.3. Asociación de Nais e Pais de Alumnos.

Procurarase manter reunións periódicas por parte do Equipo Directivo coa Directiva da ANPA  e, en todo caso, ao principio e ao final do curso. 

 

4. AVALIACIÓN.

4.1. Sesións de avaliación.

Cada Ciclo establecerá uns criterios, claros e precisos, de avaliación e promoción.

Ao final de cada Ciclo elaborarase un informe final de avaliación de cada alumno/a. Cando un alumno/a se traslade de centro ou un profesor/a non remate o Ciclo co grupo de alumnos farase un informe extraordinario de avaliación.

A normativa que regula os procesos de avaliación vén dada polas Ordes de 5 e 6 de maio de 1.993 que regulan a avaliación na Educación Infantil e na Educación Primaria.

Trimestralmente cada Ciclo celebrará a súa sesión de avaliación. A esta sesión,   aparte dos profesores titores, asistirán tódolos profesores especialistas que  impartan docencia nese Ciclo.

Da avaliación de cada grupo de alumnos levantarase unha acta na que se reflectirán os resultados e incidencias máis salientables dese trimestre. Esta acta asinarana tódolos profesores que impartan docencia a ese grupo de alumnos e entregarase ó Xefe/a de Estudios.

A sesión de avaliación será presidida por un membro do equipo directivo. Cada titor/a cubrirá a acta correspondente ó seu grupo de alumnos. Cada profesor/a poderá facer constar na acta aquelas observacións que considere oportunas.

As datas das reunións de avaliación serán fixadas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica e posibilitarán a asistencia dos profesores especialistas ás mesmas. Tamén se fixarán as datas de entrega dos boletíns informativos ás familias dos/das alumnos/as.

4.2. Comunicación as familias.

Cada titor/a cubrirá os boletíns informativos ás familias do seu grupo de alumnos. Nel reflectiranse os resultados da avaliación e faranse constar aquelas observacións significativas.

No caso de pais/nais separados a comunicación sobre os resultados da avaliación así como as informacións que se facilitarán deberán realizarse aténdose ao disposto na Circular nº 1/1997 de 3 de marzo da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

4.3. Reclamacións contra as cualificacións.

As/Os nais/pais que non estean conformes coas cualificacións asignadas ao seu fillo ao final dun ciclo poderán presentar no prazo de cinco días desde a entrega das mesmas unha reclamación por escrito ante o Director/a na que expliquen ás razóns nas que fundamenten a súa solicitude.

A dirección do centro nomeará unha comisión presidida polo Xefe/a de Estudios e integrada polo coordinador/a do ciclo e tódolos profesores do correspondente equipo de avaliación que, no prazo de tres días desde a presentación da reclamación, deberá adopta-la correspondente decisión, que será comunicada de inmediato ao reclamante.

No caso de que persista a desconformidade contarán cun prazo de dez días para presentar recurso ante o/a Xefe/a Territorial (A Coruña) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cando unha reclamación ou recurso sexa estimado procederase a rectifica-la cualificación

mediante dilixencia do Secretario/a co visto e prace do Director/a, facendo referencia á resolución adoptada.

5. LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS CURRICULARES.

Os libros de texto e materiais curriculares deberán contar coa autorización da Consellería de Educación que debe figurar nos mesmos.

Corresponde aos equipos de ciclo face-la proposta dos libros de texto e materiais curriculares.

Correspóndelle ao Claustro aproba-las propostas.

Os libros terán unha vixencia de catro anos. Cando por razóns pedagóxicas ou científicas sexa conveniente cambia-los, o ciclo correspondente fará a súa proposta antes de finais de abril para solicita-lo cambio á Xefatura Territorial.

A lista de libros de texto será comunicada a ANPA Milnen@s e exposta no taboleiro anuncios do Centro antes do 15 de xuño.

5.1. Préstamo de libros de texto.

Durante a vixencia deste programa de préstamo (PGLT) preténdese inculcar no alumnado valores de solidariedade e tolerancia, de coidado e conservación do material para a súa reutilización por outros e de coidado do ben colectivo como propio.

-Os libros son propiedade do centro estando así identificados na portada e inventariados,

formando parte do inventario de material de cada aula.

-O alumnado deberá coidar e respectar estes materiais para que poidan ser reutilizados en cursos sucesivos.

-Nos primeiros días do curso, antes do inicio das clases, cada profesor/a procederá a comprobar os libros do seu grupo: rexistro dos mesmos (no caso de non estaren rexistrados), identificación dos mesmos como propiedade do centro,... comunicando á Xefatura de Estudios aquelas incidencias ou eventualidades que houbese para poder entregar a cada alumno/a os libros ao inicio das clases.

-Ao inicio do curso o profesor/a-titor/a entregará a cada alumno/a os textos correspondentes.

Desta entrega farase unha relación de textos entregados a cada alumno/a e nela reflectirase o estado dos libros no momento da súa entrega. Desta relación entregarase unha copia na Xefatura de Estudios.

-Antes do remate do curso o/a profesor/a-titor/a deberá proceder a recoller os libros revisando o seu estado de conservación. Desta recollida farase unha relación onde se reflectirán as incidencias observadas e o número de exemplares dispoñibles para o vindeiro curso. Una copia deste informe entregarase na Xefatura de Estudios e outra deixarase xunto cos libros na aula ata o curso seguinte.

-De observarse deterioro dos libros por un uso indebido, falta de coidado ou extravío, os pais ou titores do alumno causante deberán repoñer outro exemplar en debido estado de uso. De non ser así poderíase privar ao alumno de participar en cursos sucesivos neste programa de préstamo.

-Pedirase a colaboración das familias no forrado dos libros, facilitando así unha mellor conservación dos libros.

 

6. INSTALACIÓNS.

6.1. Organización de espazos e instalacións.

Correspóndelle ao Equipo directivo a organización e distribución de espazos no Centro, logo de oído o Claustro. A organización de espazos figurará na Programación Xeral Anual.

6.2. Uso das instalacións do Centro por parte da comunidade educativa.

Para utiliza-las instalacións por parte da administración municipal así como aos diversos sectores da comunidade educativa: nais/pais de alumnas/os, grupos de profesores,... só require a solicitude previa por escrito ao Director/a do centro cunha antelación mínima de tres días.

Para o uso de entidades ou persoas alleas á comunidade educativa solicitarase ao Director/a do centro que, tras o informe previo do Consello Escolar, tramitará esta petición á Xefatura Territorial da Consellería de Educación que resolverá o que proceda.

 

O CEIP Emilia Pardo Bazán repártese en dúas edificacións:

   

Edificio de educación infantil:

* 9 Aulas para educación infantil.

* 1 Sala de profesorado.

* 1 Espazo para vídeo.

* 1 Espazo para aula de apoio (PT/AL).

* 1 Espazo para o encerado dixital interactivo (EDI).

* Servizos hixiénicos para o alumnado e profesorado.

* 1 Espazo para a cociña.

*  Patio cuberto.

   

Edificio de educación primaria (edificio principal).

* 18 Aulas para educación primaria.

* 2 Aulas de idioma estranxeiro: inglés.

* 1 Aula de música.

* 3 Espazos para Educación Relixiosa.

* 1 Aula de Apoio (PT/Compensatoria).

* 1 Espazo para Audición e Linguaxe.

* 1 Espazo para o Departamento de Orientación.

* 1 Aula de informática.

* 1 Biblioteca.

* SUM e Comedor escolar (2 espazos)

* Zona administrativa.

* Conserxería.

 

6.3. Biblioteca.

O local destinado á biblioteca comparte o seu uso como sala de lectura e consulta e de proxeccións. Establecerase un horario para coordinar o uso desta dependencia.

Os libros do Centro deberán estar inventariados e rexistrados informaticamente. Correspóndelle ó Equipo da Biblioteca a organización do funcionamento da biblioteca así como o fomento da participación do alumnado na mesma.

O servizo de préstamo dos fondos da biblioteca realizarase mediante un programa informático. Na actualidade empregase o programa MEIGA.

A biblioteca terá unhas normas propias que regulen o seu funcionamento. Estas normas serán propostas polo Equipo da biblioteca e aprobadas polo Consello Escolar.

6.4. Zona administrativa.

Sitúase na planta baixa do edificio de educación primaria e consta das seguintes dependencias:

 

Despacho do/da Director/a.

 

Despacho do/a Xefatura de Estudios.

 

Despacho de Secretaría. Compartirán este espazo o/a Secretario/a do centro e mailo auxiliar administrativo. Nesta dependencia estará o arquivo e documentación do centro.

 

Zona de reprografía.

 

Sala de profesorado.

 

6.5. Sala de profesorado.

O centro conta con dúas salas de profesorado (educación infantil e primaria). Nas salas de profesorado estarán os libros de carácter pedagóxico e curricular, as revistas destinadas ao profesorado, publicacións e o taboleiro de anuncios para consulta e información do profesorado. Haberá tamén un exemplar de cada un dos documentos organizativos do centro. Tamén existirán ordenadores con acceso á internet para uso profesional do profesorado.

6.6. Aulas de inglés e de música.

Estas aulas están situadas no 3º andar do edificio de primaria. Nelas ubícanse os materiais didácticos de uso propio das áreas de idioma estranxeiro: inglés e de educación musical. Cada aula conta con medios de proxección audiovisual: videoproxector, pantalla, ordenador e altofalantes.

Os aparellos que hai nestas aulas tan so poderán ser utilizados baixo a supervisión do profesorado.

Non está permitido deixar aparellos en funcionamento sen presencia do profesorado.

6.7. Aulas de informática.

O centro conta con dúas aulas de informática: PCs e NCs. Cada unha delas conta con equipamentos ben diferenciados. A aula de PCs conta con 25 ordenadores completos (PCs), un ordenador portátil, videoproxector, encerado dixital interactivo, escáner, reprodutor DVD e equipo de son. A aula de NCs comparte espazo cunha aula de educación relixiosa. Conta con 13 ordenadores NCs conectados en rede a un servidor situado na propia aula servidor e co ordenador do profesor. Dispón de escáner e impresora. A súa xestión corresponde ó Programa de Internet Municipal do Concello da Coruña. Para uso destas aulas existe un horario de uso na Sala de Profesorado. A aula de PCs emprégase polo Centro de Formación e Recursos da Coruña a modo de aula externa para a realización de cursos e actividades de formación. O mantemento técnico da mesma compete o CFR da Coruña.

6.8. Salón de usos múltiples (SUM).

O SUM será a aula para uso da área de Educación Física. Tamén se utilizará en conmemoracións, actividades complementarias e extraescolares do Centro.

6.9 Aulas.

A principios de curso o Equipo Directivo, oído o Claustro, distribuirá as aulas entre os distintos niveis educativos, debendo figurar na Programación Xeral Anual.

Cada profesor-titor/a organizará o espazo e comprobará que o material que hai na aula se corresponde co inventario da mesma. Así mesmo ao remate do curso deixará a súa aula debidamente ordenada e recollida para o vindeiro curso, dando conta á secretaría do centro do inventario de material da mesma.

6.10. Botiquín.

Neste espazo existirán caixas de auxilio debidamente sinaladas e que contarán coas menciñas e elementos precisos para a realización de pequenas curas ó alumnado.

 

7. ALUMNADO.

7.1. Admisión de alumnos/as.

A admisión de alumnos/as non poderá establecer ningunha discriminación por razón ideolóxica, relixiosa, moral, de raza, sexo, nacemento ou calquera outra circunstancia de carácter persoal ou social.

A admisión de alumnos aterase ó disposto no Decreto 87/1.995 así como a Orde do 5/04/95. Para a formalización da matrícula é preciso presentar a seguinte documentación:

-Solicitude de ingreso.

-Certificado de empadroamento ou xustificante de residencia (recibo da luz, auga,...)

-Fotocopia cotexada do Libro de Familia.

-Fotocopia de boletín de vacinas.

-Fotocopia da cartilla de prestación sanitaria.

-4 fotografías.

-No caso de proceder doutro centro deberase traer certificación do centro de orixe no que conste o nivel educativo que cursou ou está cursando.

7.2. Dereitos.

Tódolos/as alumnos/as teñen os mesmos dereitos e deberes sen máis distincións que as derivadas da súa idade e do nivel que estean estudando.

Tódolos/as alumnos/as teñen o dereito e o deber de formarse e coñecer os valores e principios democráticos, a normas que os regulan e os Dereitos Humanos.

Tódolos/as alumnos/as teñen dereito a que a súa dedicación e esforzo sexan valorados e recoñecidos con obxectividade e a recibir orientación educativa e profesional.

Son dereitos básicos do alumno/a:

a) A recibir unha formación integral que contribúa ó pleno desenvolvemento da súa personalidade.

b) A que se respecte a súa liberdade de conciencia, as súas conviccións relixiosas e morais.

c) A que se respecten a súa integridade e dignidade persoais.

d) Á protección contra toda agresión física e moral.

e) A participar no funcionamento e na vida do centro, de conformidade coas normas vixentes.

f) A recibir as axudas e apoios precisos para compensar as carencias e desvantaxes de tipo persoal, familiar, económico, social e cultural, especialmente no caso de presentar necesidades educativas especiais, que impidan ou dificulten o acceso e permanencia no sistema educativo.

g) Á protección social, no ámbito educativo, nos casos de infortunio familiar ou accidente.

7.3. Deberes.

O estudio é un deber básico do alumno que se concreta en:

a) Participar nas actividades formativas e, especialmente, nas orientadas ó desenvolvemento dos currículos.

b) Seguir as directrices do profesorado respecto a súa educación e aprendizaxe.

c) Asistir a clase con puntualidade.

d) Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun clima de

estudio no centro, respectando o dereito dos seus compañeiros á educación.

Ademais do estudio son deberes básicos do alumnado:

a) Respectar a liberdade de conciencia e as conviccións relixiosas e morais.

b) Respectar a dignidade, integridade e intimidade de tódolos membros da comunidade

educativa.

c) Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do centro.

d) Conservar e facer un bo uso das instalacións do centro e materiais didácticos.

Faltas e sancións: artigo 43º – 45º do Real Decreto 732/1995 polo que se establecen os dereitos e deberes dos alumnos/as e normas de convivencia nos centros.

8. PERSOAL DO CENTRO.

8.1. Persoal docente.

Deberes e dereitos recollidos, xunto co código de conduta ético e o réxime disciplinario como funcionarios públicos na Lei 7/2007 de 12 de abril “del Estatuto básico del empleado público” (BOE del 13 de abril) así como polo decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia (DOG 13 de xuño).

Dereitos.

Os dereitos do profesorado serán os seguintes:

-O profesorado, dentro do respecto á Constitución, ás leis e ao presente regulamento, teñen garantida a liberdade de ensino. O exercicio desta liberdade deberá orientarse a unha formación integral dos alumnos, que contribúa a forma-la súa conciencia moral e cívica de xeito respectuoso coa liberdade e dignidade persoal dos mesmos.

-A intervir na xestión do centro a través dos órganos establecidos ao efecto.

-A reunirse nos locais do centro, sempre que non interrompan a actividade docente. Estas

reunións comunicaranse ó Director/a coa antelación debida.

-A convocar reunións informativas profesionais.

-A ser tratados en todo momento con dignidade e respecto.

-A ser informados polos seus representantes nos órganos colexiados dos acordos adoptados nos mesmos.

-A ser informados das comunicacións que se reciban e lles afecten laboral e profesionalmente.

-A elixir e ser elixidos membros dos órganos colexiados.

Deberes.

Os deberes do profesorado serán os seguintes:

-Dirixi-la formación integral e harmónica da personalidade do alumno prestándolle atención e apoio.

-Adapta-lo desenrolo dos programas didácticos ás condicións dos alumnos así como a metodoloxía.

-Elaborar co profesorado do seu ciclo e/ou equipo a programación e demais actividades.

-Cando sexan elixidos representante nun órgano colexiado, informar sobre os acordos tomados.

-Asistir con puntualidade ás clases.

-Xustifica-los retrasos e ausencias.

-Tomar parte nas vixilancias dos recreos.

-Cumpri-las normas fixadas nestas Normas de Organización e Funcionamento (NOF).

-Manter e fomenta-la relación directa coas familias do alumnado, informándoas da evolución do proceso educativo dos seus fillos, dos obxectivos a acadar e das actividades previstas para acadalos.

-Coñece-las faltas de asistencia á clase dos seus alumnado.

-Coidar e responsabilizarse da convivencia tanto na súa aula como no resto das dependencias do colexio.

-Colaborar no mantemento das instalacións e material do centro.

-Exerce-la función docente favorecendo a creación dun clima de estudio e de participación de

tódolos alumnos así como favorecer unha actitude positiva dos pais cara o centro.

-Explicar ós alumnos as notas que se lles dean.

Faltas e sancións: Decreto 94/1991 do 20 de marzo. DOG do 25 de marzo.

8.2. Persoal non docente.

Composición: auxiliar administrativo, coidador/a e persoal de conserxería.

Dereitos.

Recollidos no Real Decreto 732/1995 do 5 de maio (BOE 2 de xuño de 1995).

-Gozar de respecto e consideración á súa persoa e a función que realizan.

-Presentar peticións, queixas ou recursos, formuladas razoadamente, ante os órganos de

goberno que corresponda.

-Elixir e ser elixido representante no Consello Escolar.

-Celebrar reunións, respectando o normal desenrolo das actividades do centro. Estas reunións comunicaranse coa antelación debida ó Director/a

Deberes.

-Exerce-las súas funcións respectando o Proxecto Educativo do Centro.

-Colaborar na formación dun ambiente educativo que garanta os cumprimentos dos obxectivos do centro.

-Cumpri-las normas destas Normas de Organización e Funcionamento.

-Adoptar unha actitude de colaboración cos membros da comunidade educativa, favorecendo a convivencia no centro.

O persoal de conserxería, aparte doutras tarefas dentro do ámbito das súas competencias, encargarase de:

-Apertura e peche das dependencias do Centro.

-Conexión e desconexión daqueles aparellos que o precisen.

-Manter pechada a entrada e o recinto escolar durante o horario lectivo e nas actividades

extra-escolares. O portal da entrada pecharase dez minutos despois do inicio das clases non permitindo a entrada de alumnos nin de persoas alleas ó centro sen autorización da dirección.

-Controla-la entrada de persoas alleas ó Centro.

-Emprega-lo sistema de megafonía do colexio sinalando as entradas, saídas e recreos.

-Non permitirá a saída do recinto escolar durante as horas de clase a ningún alumno/a sen autorización do titor/a e sen a presencia dos pais/nais, titor ou familiar debidamente identificado.

-Poñer en coñecemento da dirección aquelas incidencias ocorridas durante ou fora do horario lectivo.

-Recibir, conservar e distribuí-la correspondencia e documentación que se lle encomende.

-Realiza-lo traslado de material, mobiliario e enseres que se lle encomenden.

-Prestar servizos adecuados á natureza das súas funcións en arquivos, almacéns, equipos de reprografía, etc.

9. PAIS/NAIS E TITORES.

9.1. Dereitos.

Os/As pais/nais, en relación coa educación dos seus/súas fillos/as teñen os seguintes dereitos:

-A que os seus fillos e fillas reciban unha educación conforme os fins establecidos na Constitución e nas leis.

-Á libre elección de centro.

-A que os seus fillos e fillas reciban unha formación relixiosa e moral que estea de acordo coas súas propias conviccións.

-A estar informados sobre o progreso de aprendizaxe e integración socio-educativa dos seus fillos e fillas.

-A participar na xestión e organización do centro nos termos establecidos nas leis.

-A ser informados polo titor/a sobre a actividade educativa do seu fillo/a.

-A presentar propostas e queixas razoadas para ser tratadas polo Consello Escolar ou por

outros órganos de goberno a través dos seus representantes.

-A ser recibidos, previa solicitude no horario ó efecto, polo titor/a dos seus fillos e fillas.

-A ser informados da programación xeral anual e das actividades extraescolares.

-A ser informados e oídos sobre as faltas, as posibles sancións e decisións que afecten ós seus fillos  e fillas.

-A propoñe-la modificación destas Normas por medio dos seus órganos de representación.

9.2. Deberes.

Os/as pais/nais ou titores son os primeiros responsables da educación dos seus fillos. Deste feito se desprenden as súas obrigas co centro.

-Adoptar as medidas precisas, ou solicitar axuda en caso de dificultade, para que os seus fillos e fillas cursen os niveis obrigatorios da educación e asistan regularmente ás clases.

-Estimular ós seus fillos e fillas para que leven a cabo as actividades de estudios que se lles

encomenden.

-Coñecer e apoiala evolución do seu proceso educativo, en colaboración cos profesores e o centro.

-Respecta-los horarios establecidos e que o seus fillos asistan con puntualidade tódolos días ó colexio e en perfecto estado de aseo.

-Xustifica-las faltas de asistencia, así como as saídas en horas lectivas.

-Respectar e facer respectar as normas establecidas polo centro.

-Fomentar o respecto por tódolos compoñentes da comunidade educativa.

-Proporcionar ós fillos e ás fillas o material escolar necesario. Contemplaranse aqueles casos nos que a familia careza de recursos.

-Acudir ó centro cando sexa requirido.

-Informar ó profesorado sobre as posibles deficiencias físicas ou psíquicas do seu fillo/a e colaborar na adopción das medidas pertinentes.

9.3. Relacións cos pais/nais de alumnos/as.

· Co fin de facilitar a relación dos profesores/as titores/as cos pais/nais de alumnos/as, fixarase na P.X.A. unha hora de atención dos profesores/as aos pais/nais, dentro do horario non lectivo de obrigada permanencia do profesorado no centro. O lugar da visita será a aula do alumno/a previa petición de hora.

· Fixaranse tamén na P.X.A. reunións conxuntas cos pais/nais de alumnos/as por titorías, niveis ou ciclos encamiñadas á expoñer as liñas xerais do plan de traballo de cada clase.

· Ademais dos boletíns informativos de avaliación trimestrais, os pais/nais recibirán información complementaria do centro, escrita ou telefónica, sempre que se produza calquera necesidade no proceso de ensinanza-aprendizaxe ou do funcionamento do centro.

· Durante o horario lectivo prohíbese o acceso ás aulas dos pais/nais e persoal alleo ao centro. De ser necesaria unha entrevista urxente cun profesor/a, procederase segundo determine o Equipo Directivo.

· Polo risco que durante os recreos persoas alleas poidan dar aos alumnos/as produtos non desexados, tales como alimentos perigosos, larpeiradas e outros produtos, prohíbese a entrega de calquera cousa a través do enreixado do peche do colexio.

· Se un familiar quere entregarlle algo a un alumno/a durante o recreo, deberá solicitar o permiso dun dos profesores/as de garda para a súa entrega persoal dentro do propio recinto escolar.

 

10. ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS/AS.

As asociacións de nais e pais de alumnos/as que, de acordo coa lexislación vixente, estean constituídas ou se constitúan poderán:

-Elevar propostas o Consello Escolar para a elaboración do Proxecto Educativo do Centro e ó Equipo Directivo para a elaboración da Programación Xeral Anual, así como para a modificación das presentes normas.

-Informa-lo Consello Escolar daqueles aspectos da marcha do centro que consideren oportunas, así como elaborar informes a iniciativa propia ou a petición deste órgano.

-Recibir información, a través dos seus representantes no Consello Escolar, dos temas tratados.

-Formular propostas para a realización de actividades complementarias e extraescolares que, unha vez aceptadas, deberán figurar na Programación Xeral Anual.

-Coñece-los resultados académicos referidos ó centro e á valoración que deles realice o Consello Escolar.

-Recibir un exemplar da Programación Xeral Anual, do Proxecto Educativo, do Proxecto Curricular e das súas modificacións.

-Fomenta-la colaboración entre tódolos membros da comunidade educativa.

-Facer uso das instalacións do centro nos termos establecidos nas presentes normas.

11. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES FORA DO HORARIO LECTIVO.

-Os distintos colectivos do Centro, a través dos seus órganos representativos, así como as entidades ou administracións que se autoricen, poderán promover actividades nas tardes, sempre que se lles poda atribuír unha finalidade educativa ou formativa. Estas actividades deberán figurar na Programación Xeral Anual.

-Para o caso de existiren obrigas contractuais coas persoas encargadas de realizar actividades, estas serán da responsabilidade plena e exclusiva da entidade que as promove.

-O Centro poderá establecer contra-prestacións que lle permitan resarcirse dos custos que comporta o uso das instalacións.

11.1. Actividades extra-escolares das tardes.

-Ao inicio de cada actividade o persoal de conserxería abrirá o recinto escolar. Os/As pais/nais permanecerán co alumnado ata que o monitor proceda a recoller aos participantes na súa actividade. Ao remate da mesma será o monitor quen entregue os/as alumnos/as aos seus pais/nais.

-O conserxe pechará o portal de entrada unha vez que se inicie a actividade. Non está permitida a permanencia de persoas no recinto escolar que non estean participando nalgunha actividade.

-Os alumnos non teñen permitido acceder a ningunha outra dependencia do centro máis que a aquela na que se estea desenvolvendo a actividade na que participan (biblioteca e/ou extra-escolares) e os servizos hixiénicos.

Non está permitido utilizar o material das aulas nin do alumnado escolarizado nelas. As aulas deben quedar recollidas despois do seu uso.

-O profesorado de garda representa ao centro e velará polo cumprimento destas normas, de producirse algunha incidencia os monitores deberán comunicarlla.

12. NORMAS DE CONVIVENCIA.

12.1. Organización.

-O centro abrirase uns minutos antes da hora de entrada (09:00 horas) para evitar aglomeracións na rúa ou mollarse en días de choiva, pero os/as pais/nais ou titores faranse responsables do coidado dos seus fillos/as ata o toque do sistema de megafonía que sinala a entrada ás clases. As persoas que agarden permanecerán nos patios cubertos, non estando permitido o acceso  ás dependencias do centro.

-A entrada e saída das clases farase puntualmente ao toque da música. O profesorado pertencente a cada unha das quendas de garda establecidas para cada día realizará o control e supervisión das filas de entrada. Nos cambios de sesións lectivas o profesorado procurará que sexan o máis rápidos posible evitando que o alumnado estea só na aula.

-Os/as pais/nais deberán deixar aos alumnos no patio cuberto do Centro e non poderán permanecer no interior despois de que soe a música de entrada no Colexio para non entorpece-lo normal inicio das actividades lectivas.

-Nas saídas cada profesor/a encargarase de organiza-la dos alumnos ós que impartiu clase.

-Evitarase que o alumnado ande polos corredores nas horas de clase. As saídas aos servizos serán só nos casos precisos, habendo máis flexibilidade en E. Infantil e 1º Ciclo de E. Primaria.

-Evitarase que o alumnado permaneza só na aula durante os recreos.

-O profesorado encargado da vixilancia dos recreos organizará a entrada dos mesmos ás aulas.

-Cando no recreo a climatoloxía adversa impida saír ó exterior, o alumnado permanecerá na súa aula sendo atendidos polo seu titor/a. No edificio de educación primaria repartirase o recreo en dúas quendas de 15 minutos de duración, de forma que na primeira quenda baixe ó patio cuberto o alumnado de 1º, 2º e 3º curso. Na segunda quenda o fará o alumnado de 4º/5º e 6º curso. Non está permitido o uso de balóns  no patio cuberto

-Non se poderá xogar polos corredores e escaleiras nin entrar nas aulas dos outros cursos sen autorización.

-Non se correrá por corredores e escaleiras, mantendo un ton de voz e compostura axeitados.

-Cando en horas de clase un grupo teña que trasladarse a algunha dependencia do colexio farano en silencio para non molestar ás outras clases.

-O alumnado deberá manter unhas normas de orde e limpeza coas instalacións e materiais do centro.

-Os mestres titores levarán un rexistro de asistencia do seu alumnado. A xustificación das faltas por parte dos/das pais/nais ou titores farase por escrito segundo modelo que facilitará o titor/a para que se presente cuberto e asinado. Tamén poderase descargar da páxina web do colexio.

-O alumnado cun elevado índice de faltas escolares deberáselles dar un apoio extraordinario mediante os recursos dispoñibles.

-As faltas, tanto xustificadas como inxustificadas, deberán figurar nos boletíns informativos de avaliación.

-Cando as faltas inxustificadas teñan carácter reiterado comunicarase aos pais ou titores a través da Secretaría do centro deixando constancia no rexistro de saída. Así mesmo porase en coñecemento do Concello e da Inspección educativa, abrindo un protocolo de absentismo.

-Fora do horario lectivo ou de actividades extra-escolares o alumnado non poderá permanecer no recinto escolar. Se así o fixera será baixo a responsabilidade dos seus pais ou titores.

Durante as actividades extra-escolares só poderán permanecer no recinto escolar aqueles

alumnos que participan nelas.

 

12.2. Saídas dos alumnos en horario lectivo.

Cando un alumno/a deba abandona-lo centro en horario lectivo, os/as pais/nais, titores ou familiares que se fagan cargo del cubrirán e asinarán un xustificante que entregarán en secretaría.

 

12.3. Normas básicas de convivencia

1. Respecto a todas as persoas que conviven no Centro: profesores/as, alumnos/as, pais/nais, persoal non docente, ….

2. A asistencia a clases é obrigatoria.

3. Puntualidade á hora de entrada e saída das clases.

4. Corrección no modo de falar, xestos, etc. na relación con profesores/as, compañeiros/as e demais persoas que conviven no centro.

5. Limpeza no uso das instalacións e coidado do mobiliario e material de traballo.

6. Non usar xogos ou aparatos electrónicos que impidan o normal desenvolvemento das clases.

7. Vestir coa corrección que lle corresponde a un centro educativo.

8. Para a clase de Educación Física  é obrigatorio o uso de roupa e calzado deportivo axeitado.

9. Para o alumnado de Ed. Infantil é obrigatorio o uso de mandilón.

10. O material de educación física (situado no Salón de usos múltiples) só será utilizado baixo a supervisión dun/ha mestre/a e deberá volver a colocarse no seu sitio unha vez rematada a actividade.

11. Fora do horario lectivo ningún/ha neno/a subirá ás aulas, agás baixo vixilancia dun/ha mestre/a, monitor/a ou persoal de conserxería.

12. Non está permitido a entrada de animais no recinto escolar.

13. Toda a documentación que sae do centro debe ser aprobada previamente polo equipo directivo.

 

12.4 Erradicación de prexuízos sexistas no Centro.

Non se admitirán, no centro docente, as desigualdades entre alumnos e alumnas sustentadas en crenzas, prexuízos, tradicións ou prácticas consuetudinarias transmisoras, directa ou indirectamente, dunha distribución estereotipada de papeis entre os sexos ou dunha imaxe de dominación dun sexo sobre o outro en calquera ámbito da vida.

De forma directa, as docentes e os docentes non permitirán ningunha forma de machismo, de misoxinia ou de homofobia que puidese existir no seo da comunidade escolar. Aplicaranse activamente principios pedagóxicos de respecto á identidade e á imaxe das mulleres e dos homes.

Ditas condutas son contrarias ás normas de convivencia do Centro e en función da súa gravidade terán o tratamento correspondente.

12.5. Incumprimento das normas de convivencia.

1. Os incumprimentos das normas de convivencia deberán ser valorados en función da situación e as condición persoais do alumnado.

2. Respectarán a proporcionalidade coa conduta do alumnado e deberá contribuír á mellora do seu proceso educativo.

3. En ningún caso se podarán impoñer sancións contrarias á integridade física e á dignidade persoal do alumnado.

4. O alumnado que, individual ou colectivamente, causen dano intencionadamente ou por neglixencia nas instalacións do centro quedan obrigados a reparar o dano ou facerse cargo do custo da reparación. Os/as pais/nais/titores serán responsables civís subsidiarios.

5. Poderanse corrixir os actos contrarios ás normas de convivencia do centro realizados polo alumnado no recinto escolar ou durante as actividades extra-escolares e complementarias. Igualmente fóra do recinto escolar cando teñan relación coa vida escolar e afecten a compañeiros/as ou a outros membros da comunidade educativa.

6. Consideraranse circunstancias paliativas, a efectos de gradación, o recoñecemento espontáneo da súa conduta incorrecta e a falta de intencionalidade.

7. Consideraranse circunstancias acentuantes, a premeditación e reiteración en causar dano, inxuria ou ofensa aos/ás compañeiros/as de menor idade ou ós restantes membros da comunidade educativa.

Clasificación das faltas e sancións:

12.5.1.Condutas contrarias ás normas de convivencia.

Considéranse condutas contrarias ás normas de convivencia as seguintes:

1. Impuntualidades no horario de entrada ó centro.

2. Permanecer fóra das aulas en horario de clase.

3. Falta das normas elementais de educación.

4. Contribuír dalgunha maneira ao deterioro e falta de limpeza do material, mobiliario ou instalacións do centro, de compañeiros/as e do propio.

5. Todo acto deliberado que demostre claro desinterese e pretenda impedir o desenvolvemento normal da clase.

6. Todas aquelas condutas que supoñendo incumprimento dos seus deberes, o/a profesor/a considere como tales.

Sancións:

Poderán ser corrixidas con:

A. Amoestación privada ou por escrito.

B. Suspensión de recreo: baixar ao patio e non xogar ou quedarse co mestre/a.

C. Comparecencia ante o/a Xefe de Estudos.

D. Realización de traballos específicos en horario non lectivo.

E. Realización de tarefas que contribúan á mellora e desenvolvemento das actividades do centro, ou reparar o dano causado ás instalacións,ao material do centro ou ás pertenzas doutros membros da comunidade educativa.

F. Suspensión do dereito a participar en actividades complementarias e extra-escolares.

G. Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un prazo máximo de tres días debendo realizar os deberes e traballos que se determinen para evitar a interrupción do proceso formativo.

H. Suspensión do dereito de asistencia ao centro por un prazo máximo de tres días lectivos, debendo realizar os deberes e traballos a determinar a fin de evitar a interrupción do proceso formativo.

Serán competentes para decidir as correccións os seguintes:

1. O/A profesor/a do alumno/a, oído este, as correccións a), b) e c) dando conta ó/á titor/a e ó/á Xefe de Estudios, no caso da sanción a).

2. O/A titor/a do/a alumno/a, oído este, as corrección a), b) c), d), e).

3. O/A Xefe de Estudos, oído o/a alumno/a e o/a profesor/a titor/a, as correccións d) e e).

4. O/A Directora, oídos o/a alumno/a, o/a titor/a, pai/nai/titor legal, as correccións g) e h). Comunicarao á comisión de convivencia e ao Consello Escolar.

As condutas contrarias ás normas de convivencia prescribirán no prazo dun mes a partires da data da súa comisión. As correccións prescribirán ao remate do curso escolar.

12.5.2.Condutas gravemente prexudiciais para a convivencia do centro.

Considéranse gravemente prexudiciais para a convivencia no centro as condutas seguintes:

1. Os actos de indisciplina, inxuria ou ofensa grave contra membros da comunidade educativa.

2. A reiteración, nun mesmo curso, de condutas contrarias ás normas de convivencia.

3. A agresión física ou moral contra os demais membros da comunidade educativa.

4. A suplantación de personalidade en actos da vida docente e a falsificación ou subtracción de documentos académicos.

5. Danos graves causados, por uso indebido ou intencionadamente, nos locais, material ou documentos do centro ou nos bens doutros membros da comunidade educativa. Actos inxustificados que perturben gravemente o normal desenvolvemento das actividades do centro.

6. As actuacións prexudiciais para a saúde e integridade persoal dos membros da comunidade educativa do centro ou a incitación ás mesmas.

7. O incumprimento das sancións impostas.

Sancións

As condutas gravemente prexudiciais poderán corrixirse con:

1. Realización de tarefas que contribúan á mellora e desenvolvemento das actividades do centro ou a reparar o dano en instalacións ou material do centro.

2. Suspensión do dereito a participar en actividades complementarias e extra-escolares.

3. Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases durante un período superior a cinco días e inferior a dúas semanas. Deberá realizar os deberes e traballos que se determine a fin de evitar a interrupción do proceso formativo.

4. Suspensión do dereito de asistencia ao centro durante un período superior a tres días lectivos e inferior a un mes. Deberá realizar os deberes e traballos que se determine a fin de evitar a interrupción do proceso formativo.

5. O cambio de centro.

As condutas gravemente prexudiciais prescribirán no prazo de catro meses dende a data da súa comisión e as correccións impostas, ao remate do curso escolar.

Para a corrección destas condutas instruirase un expediente.

Da tramitación dos expedientes disciplinarios

1. O/A Director/a do centro designará a un/unha profesor/a para levar a cabo a instrución do expediente, debendo comunicalo ao/á pai/nai/titor legal do alumno/a.

2. Os/As pais/nais/titores poderán recusar o instrutor/a ante o/a director/a cando da súa conduta ou manifestación poida alegarse falta de obxectividade na instrución do expediente.

3. O/a Director/a poderá adoptar as medidas provisionais que estime oportuno, dando conta ao Consello Escolar.

4. A instrución do expediente deberá acordarse nun prazo non superior a dez días dende que se coñecen os feitos ou condutas merecedoras de corrección.

5. Instruído o expediente darase conta ao/á pai/nai/titor, comunicándolle as condutas que se lle imputan e as medidas correctoras que se propoñen.

6. O prazo de instrución do expediente non deberá exceder de sete días.

7. Comunicarase á Inspección o inicio do procedemento e manterase informada da tramitación, ata a súa resolución.

8. A resolución deberá producirse nun prazo máximo dun mes desde o inicio e poderase interpor recurso ordinario ante a Xefatura Territorial nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento administrativo común.

 

13. USO DE ESPAZOS.

13.1. RECREOS

1. O horario dos recreos fixarase na primeira reunión do Claustro no mes de setembro e estará supeditado ás instrucións ditadas pola Consellería de Educación.

2. Os recreos estarán vixiados polos profesores/as correspondentes coas quendas que se establezan en función do número de alumnos/as e cumprindo a normativa vixente.

3. Durante o tempo de recreo, todos os alumnos/as permanecerán no patio ou na biblioteca. No caso de ter que estar algún alumno/a na aula ou en calquera outra dependencia do Centro, deberá estar acompañado polo mestre/a que adoptou tal decisión. Os/As alumnos/as non deberán permanecer no interior do centro.

4. Unha vez no patio ningún alumno/a poderá regresar á aula, a non ser co permiso dalgún dos mestres/as de garda.

5. Durante os recreos os alumnos/as non poderán realizar xogos violentos que poidan poñer en perigo a súa integridade física e a dos demais.

6. A porta do patio debe estar custodiada polo persoal de conserxería, de maneira que permaneza pechada pero se poida entrar no edificio de maneira inmediata desde fora.

7. Os días de mal tempo, o equipo directivo tomará a decisión de distribuír ao alumnado de maneira que se repartan polos espazos cubertos do centro.

8. Respectar zonas deportivas cumprindo o calendario de rotación establecido semanalmente.

9. Non tirar papeis nin restos de merendas ao chan.

10. Desprazarse con coidado respectando aos compañeiros e os seus xogos.

11. No caso de conflito, pedir a intervención dos profesores de vixilancia de patio

12. Ao toque da música, colocarse no patio cuberto en fila, por clases, con orde.

13. Desprazarse andando, sen correr, pola marxe dereita e sen facer ruído.

14. Respectar e coidar as zonas verdes.

13.2. USO DOS SERVIZOS HIXIÉNICOS.

1. Nas entradas ao Colexio procurarase que os alumnos/as vaian directamente ás aulas sen pasar polos servizos.

2. Nas saídas non se poderán utilizar, salvo casos excepcionais.

3. Nos recreos utilizaranse exclusivamente os servizos do patio.

4. Os alumnos/as de Educación Infantil disporán de aseos mixtos; os de Educación Primaria serán distintos para ámbolos sexos.

5. No interior do Centro cada curso ten asignado uns servizos hixiénicos determinados, non podendo entrar nos demais.

6. Durante as horas de clase deberase facer un uso moderado dos aseos, en función da idade e circunstancias persoais dos alumnos/as.

 

14. ALUMNOS ACCIDENTADOS OU INDISPOSTOS.

-Os/As pais/nais ou titores legais comunicarán ao titor/a do seu fillo/a calquera enfermidade ou situación médica que padeza o alumno/a e que consideren deba estar en coñecemento do Centro.

-Cando a situación médica dun alumno/a sexa comunicada unicamente de xeito verbal ao titor/a entenderase que os pais/nais ou titores legais a valoran como leve e sen importancia, non requirindo ningunha atención especial por parte Centro.

-O titor/a ante unha comunicación verbal será quen decida a súa anotación para que forme parte dos datos do seu alumno/a.

-Cando a situación médica dun alumno/a sexa valorada como importante ou de certa gravidade e que poida requirir de atención especial, esixe a presentación dun certificado médico, que debe ser entregado polos pais/nais ou titores legais ao titor/a.

-Cada titor/a quedarase cunha fotocopia dos certificados médicos da súa titoría e entregará os orixinais ao Equipo Directivo.

-Os certificados médicos orixinais serán arquivados xunto co expediente do alumno/a.

-Os datos médicos, igual que os demais datos de cada alumno/a, son confidenciais e como tales só terán acceso a eles o titor/a e o Equipo Directivo.

-O Equipo Directivo informará das situacións médicas certificadas aos demais profesores/as que lle imparten clases aos alumnos/as afectados.

-A comunicación dentro ou fóra do Centro dos datos médicos dun alumno/a terán como único obxectivo e fin protexer e velar pola súa integridade física e/ou mental.

-A manifestación de información sobre datos dun alumno/a, fóra do ámbito estritamente educativo ou médico, por parte do persoal do Centro, docente ou non docente, deberá ser considerada como unha decisión persoal e baixo a súa única e total responsabilidade.

-As medidas sanitarias básicas no propio Centro serán as seguintes:

 * Desinfección de rozaduras e pequenas feridas superficiais cos seguintes elementos: auga e xabrón, auga osixenada ou desinfectante (Betadine) e colocación dunha tiriña ou gasa e esparadrapo.

*  Aplicación dunha almofadeilla de xeo ou xel frío e/ou unha pomada antiinflamatoria (Thrombocid) en caso de golpes sen ferida.

* Cando o golpe sexa na cabeza, aínda sen ferida, comunicaráselle á familia para que decida se deixalo/a no Centro ou recollelo/a para levalo/a a un exame médico.

-Os pais/nais ou titores legais que non queiran que se adopten co seu fillo/a as medidas anteriores, deberán comunicalo por escrito e asinado ante a Dirección do Centro.

-Nos casos de comunicación expresa dos pais/nais ou titores legais para que non se adopten as medidas básicas relacionadas co seu fillo/a, o Centro chamará a familia en caso de calquera lesión.

-A administración ou aplicación doutros medicamentos ou medidas a un alumno/a por parte do persoal docente ou non docente do Centro será baixo a súa total responsabilidade.

-O profesorado non administrará ningún medicamento ao alumnado excepto no caso de vida ou morte.

14.1. Procedemento para a atención do alumnado indisposto ou accidentado.

-Cando un alumno/a se atope indisposto ou accidentado avisarase aos pais ou titores para que pasen polo Colexio para facerse cargo del.

-Se o accidente ou indisposición revestise gravidade avisaranse aos servizos de urxencia 112 e comunicaráselle á familia. Neste caso acompañará ao alumno o profesor/a titor/a ou outro profesor/a do Centro mentres non cheguen os seus familiares.

-En ningún caso o centro escolar decidirá o traslado dun alumno/a sen instrucións dos servizos de emerxencias (112 ou 061).

Os/As pais/nais facilitarán ó Centro unha fotocopia da Cartilla de asistencia sanitaria así como un teléfono de contacto para estes casos, que estarán na Secretaría e na titoría para utilizarse en caso de urxencia ou indisposición.

 

15. TABACO.

Segundo a Lei 28/2005 de 26 de decembro BOE nº 309 de 27-12-05 e na Lei 42/2010, (BOE 31 de decembro, artigo 7. d) de medidas sanitarias frente ao tabaquismo e reguladora de venta, subministración e publicidade dos produtos de tabaco., prohíbese fumar en centros docentes e formativos en todo o recinto escolar.

 

16. LEXISLACIÓN

As presentes Normas ateranse ó disposto na lexislación vixente. A lexislación que se cita ó longo do mesmo é a seguinte:

-Lei Orgánica 8/1.985, de 3 de xullo, reguladora do dereito á educación (BOE 04/07/85).

-Decreto 92/1.988 do 28/04/88 polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario. Modificado polo Decreto 279/1.990 (DOG 17/05/90).

-Lei Orgánica 1/1.990, de 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (BOE 04/10/90).

-Lei 42/2010, do 30 de decembro, pola que se modifica a Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE 31/12/2010)

-Orde do 5/05/93 pola que se regula a avaliación da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 19/05/93).

-Orde de 6/05/93 pola que se regula a avaliación da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 20/05/93).

-Orde do 25/10/93 pola que ditan instrucións sobre o procedemento de solicitude e rexistro do libro de escolaridade do ensino básico (DOG 25/10/93).

-Decreto 87/1.995 do 10/03/95 polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos de educación infantil, de educación primaria e de educación secundaria (DOG 28/03/95).

-Orde do 6/04/95 pola que se regula o procedemento da admisión de alumnos (DOG 10/05/95).

-Lei Orgánica 9/1.995, de 20 de novembro, da participación, avaliación e goberno dos centros docentes (BOE 21/11/95).

-Real Decreto 732/1.995 do 5/05/95 polo que se establecen os dereitos e deberes dos alumnos e as normas de convivencia nos centros (BOE 02/06/95).

-Decreto 374/1.996 do 17/10/96 (DOG 21/10/96) polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria.

-Orde do 22/07/97 (DOG 02/09/97) polo que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil e colexios de educación primaria.

-Circular nº 1/1997 de 3 de marzo da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

 

17. DISPOSICIÓN FINAIS.

O presente documento coas Normas de Organización e Funcionamento do centro é de obrigado cumprimento para todos os membros da comunidade educativa.

A modificación destas Normas poderá facerse por iniciativa do Equipo Directivo, do Claustro ou do Consello Escolar ou cambio de lexislación.

Estará a disposición de calquera membro da comunidade educativa que o queira consultar.

Entrará en funcionamento ao día seguinte da súa aprobación polo Consello Escolar do centro.

O Consello Escolar será o único organismo autorizado para aprobar a súa modificación.

Estas Normas de Organización e Funcionamento do centro foron aprobadas polo consello escolar celebrado o día 24 de xaneiro de 2011.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut