Aquí temos a 2º edición da celebración do Día da Ciencia en Galego.
No noso colexio conscientes de que neste ámbito a diferenciación de xénero é moi evidente promovemos actividades deste tipo coa intención de educar en igualdade.
Nenas e nenos implicáronse na busca de información e materiais, investigaron, experimentaron... e chegaron a conclusións cada cal mais interesante!!!
![]() |
![]() |
O mércores día 13 de decembro o curso de 5º fomos a unha charla sobre as discapacidades.
Explicounos a nai dun compañeiro doutra clase que ten o síndrome de West. Ademáis trouxo unha cadela de terapia.
Un amigo meu que se chama Eduardo, fixo preguntas moi interesantes e intelixentes. Enseñáronnos como se sinte un ao utilizar unha
cadela guía. Díxonos que os nenos só necesitamos cariño e respeto e que estaba moi contenta do noso colexio que coida moi ben a Javi
que é o seu fillo con ese síndrome.
Tamén nos contou que a súa cadela enseñou a Javi a xogaar ao escondite e que Antón, un amigo e compañeiro meu enseñouna a xogar
ao fútbol, pero que foi Kira, a cadela, a que lle ensinou a tirar a pelota.
Miguel Diz 5º A
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Nestes últimos anos vemos incrementada a escolarización de alumnado con distintas capacidades no noso centro o que fai que teñamos que adaptar as nosas características para dar así unha resposta educativa axeitada a estes alumnos e á vez, plantexar unha educación integradora e de calidade que procure desenvolver todo o potencial de cada persoa. Neste eido, creemos conveniente que dende o centro tomemos conciencia do que podemos facer para realizar unha educación inclusiva.
Co gallo da celebración do "Día Internacional das persoas con Discapacidade" (3 de decembro) planificamos unha serie de propostas educativas para poñer en marcha co noso alumnado. Tentamos deseñar accións educativas destinadas a tódolos cursos do centro e deste xeito reforzar o compromiso coa construcción dun mundo mellor, conscientes do poder transformador da educación. Estas actividades formaron parte do Programa Municipal "Ao meu xeito".
30/11/2017 | Taller Vectores VF. Grupo de accesibilidade | 4º Educación Primaria |
|
||
04/12/2017 | Concerto de Pablo Díaz | Ed. Infantil/1º-2º EP |
![]() ![]() |
||
![]() ![]() |
||
Contacontos na lingua de signos (FAXPG) | 4º Educación Infantil | |
|
||
![]() ![]() ![]() |
||
05/12/2017 | Obradoiro de sensibilización (Down Coruña) | 3º Educación Primaria |
12/12/2017 |
Xornadas de sensibilización de accesibilidade en cadeiras de rodas |
6º Educación Primaria |
|
||
13/12/2017 | 5º Educación Primaria |
ZONCHOS 2017
Rematou o Magosto, pero o traballo e a diversión non paran... Agora toca lembrar o vivido.
Mirade que guapiños estades nos Diplomas dos Zonchos!!!
SAMAÍN 2017
Atrás queda o Samaín deste ano... Queremos compartir unha pequena mostra da decoración que, entre todos, fixemos posible para celebrar esta tradición ancestral. O alumnado desfrutouno moito!!!
Grazas pola vosa colaboración.
EDLG e EACE
O noso centro foi seleccionado e aparece na relación definitiva dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa “Introdución á robótica educativa en primaria” para centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso 2017/18.
O alumnado de 4º e 5º cursos de educación primaria terá a oportunidade de iniciarse na programación básica, robótica e construcción.
Cada centro seleccionado recibirá unha dotación de material formada polos seguintes mínimos:
No día de hoxe tivo lugar o acto de entrega dun trofeo ao gañador do Torneo de Xadrez do actual curso escolar. O alumno galardonado foi BELETE MEDRANO ALLEGUE (5ºA). Fíxolle entrega do trofeo o profesor de xadrez Pedro de Uña Álvarez.