Skip to Content

Departamento de orientación, TIC, EDLG, EACE, Biblioteca, Comisións de dinamización, Animación á lectura, Recomendámosche

RECURSOS EDLG. VOCABULARIO.

 

MAGOSTO

Un ano máis visitounos a señora María, o pasado non veu por mor do confinamento, pero aquí está de novo coas súas castañas traídas de Coristanco.

Qué ganas tiñamos de vela!!!!!!

Para os máis pequenos foi unha novidade poder ver como asaban as castañas no patio do cole dos maiores.
Este ano as castañas viñeron acompañadas de un rico e quentiño chocolate, agasallo da ANPA.
Qué rico estaba todo!!!! E cómo desfrutamos outra vez do MAGOSTO!!!!

Se queredes ver máis fotos preme aquí   

REVISTA ESCOLAR DO CURSO 2020-2021

PFPP TIC 2020-2021

MATERIAIS TRABALLADOS NO PFPP-TIC 2020-2021
   
   
 
   

O NOSO LOGO

Despois de moito buscar un agasallo para as creadoras do noso logo, decidimos que unha taza co seu nome e o logo que fixeron sería un bo recordo do centro e do seu traballo.

A nós só nos queda felicitalas e darlle as grazas pola súa colaboración e por este agasallo tan bonito que estará con nós moito tempo.

MOITAS GRAZAS ANA E LUCÍA

 

 

 

 

Poema de Xela Arias

Un adianto á celebración das Letras Galegas con dous poemas de Xela Arias: Todos os bebés son tú e Ninguén coma ti dis ma-ma-má coa voz de Lorena Ares e Carlos García e fotos do alumnado de 4º C do noso centro en colaboración co Seminario de Galán.

 

proba de h5p

Visita Casa- Museo

Seguimos co noso PDI "Paseando con Emilia" e quixemos saber máis dela así que marchamos todos e todas a coñecer onde vivía, aquí na súa Marineda, na que agora é a Casa Museo de Dna Emilia Pardo Bazán, en A Coruña.

Sí, estades lendo ben, marchamos todo o cole, fixemos unha visita moi especial, unha visita virtual só para o noso cole, así soupemos moitas cosas dela e da súa familia esperando que pronto poidamos visitala como queremos.

Moitas grazas pola visita a Xulia Santiso e Patricia Angulo que fixeron de anfitrioas para nós.

Onda Ti

O noso estudo de radio segue a pleno rendemento e preparando o programa de decembro. Hoxe foi Isabel Naveira, actriz de series tan coñecidas como Mareas Vivas, Matalobos, Serramoura... na TVG e Fariña, Las chicas del cable , Néboa... a nivel nacional, entre outras moitas, a que se atreveu a contestar as nosas preguntas e que nolo puxo moi fácil.

Moitísimas grazas pola túa colaboración e a túa visita

Onda Ti

Unha das actividades máis motivadoras e que nos uniu durante ese longo confinamento, foi o noso programa de radio Onda Ti. Esperabamos con ansia o domingo pola mañá para poder escoitarnos e sentirnos un pouquiño máis preto e que rematou cando xa nos podiamos ver e saír de novo.

A entrevista á nosa Alcaldesa, Inés Rey, foi o remate desa primeira tempada e con ela quixemos comezar esta nova, pero agora en directo, no noso recentemente estreado estudio de radio.

Hoxe puidemos realizar esa entrevista que poderedes escoitar a partir da vindeira semana na que publicaremos o programa que se foi preparando nos meses de outubro e novembro.

 Moitísimas grazas pola túa visita!!!!

Escoitámonos en Onda Ti!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut