Departamento de orientación, TIC, EDLG, EACE, Biblioteca, Comisións de dinamización, Animación á lectura, Recomendámosche

"NI UN BESITO A LA FUERZA"

Para conmemorar o 25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero, na nosa aula escoitamos o conto "Ni un besito a la fuerza". Aprendemos que hai moitos besos, uns agradables e outros menos, e moitas formas de dalos.... pero sempre se nós queremos e se non é así: DIREMOS NON.

Tamén fixemos un "círculo de enerxía" mentres soaba "La puerta violeta" de Rozalén, para enviar a nosa enerxía positiva a quen o necesite.

OBRADOIRO DE ANÁLISE SENSORIAL DOS ALIMENTOS NO BLOGUE O GUSTO É NOSO

O blogue "O gusto é noso" actualiza o contido coas imaxes dun obradoiro sensorial realizado en educación infantil. Premer na imaxe para acceder.

Exposición de zonchos 2019

Un ano máis, no CEIP Emilia Pardo Bazán continuamos coa tradición dos Zonchos, moi típica na nosa zona.
Os Zonchos son castañas cocidas coa pela, decoradas e enfiadas cun cordel e que se pensaba servían como amuleto protector para os espíritus.
Este curso vimos moitos zonchos diferentes e moi bonitos, moitas gracias a todos por colaborar para manter esta tradición viva.

Preme na imaxe para acceder á Galería de fotos ou no arquivo adxunto:

 

 

 

 

 

CONTO DE MEDO POLO SAMAÍN

CONTO DE MEDO POLO SAMAÍN

A BRUXA MARUXA 

LENDAS DO SAMAÍN

 

LENDAS DE SAMAÍN 2019

 

Estimadas familias:

Entre as actividades que imos organizar no Centro para celebrar o Samaín, hai unha na que resulta imprescindible a vosa colaboración. A idea é levar a cabo unha recompilación oral de lendas populares e poñelas a disposición de toda a comunidade educativa a través da web do noso cole. 

Explicámosvos polo miúdo en que consiste a actividade e cal é a forma de colaboración que vos solicitamos.

Paso 1: Axudade aos vosos fillos e fillas a buscar unha persoa (da familia ou dos coñecidos) que saiba algunha lenda e se preste a contala.

Paso 2: Colaborade con eles para facer a gravación dixital dese relato (cun teléfono móbil, por exemplo).

Paso 3: Entrade na páxina web do CEIP Emilia Pardo Bazán e seguide as instrucións para enviarnos o arquivo da gravación. Para estes efectos, acabamos de habilitar unha ligazón na seguinte imaxe que vos leva a wetransfer.com onde deberedes poñer enviar email a: lendasdoemilia@gmx.es Lembrade poñer o autor no campo da mensaxe.

 

NOTA: Nesta ligazón (https://galiciaencantada.com/) podedes acceder a un bo número de lendas populares galegas. Estes textos dan idea do tipo de narracións que estamos a pedir que busquedes en colaboración cos vosos fillos.

Grazas pola vosa colaboración e feliz Samaín 2019.

EDLG e Extraescolares

 

 

PUBLICACIÓN DO LIBRO DO CONCURSO DE ESCRITURA RÁPIDA 2019

Este libriño recolle algúns dos traballos que elaborou o noso alumnado con motivo dun concurso que organizamos para conmemorar o Día das Letras 2019.
O reto consistía en escribir un texto literario ou facer un debuxo, a partir dun fragmento que atopamos nunha novela de Fina Casalderrey, e que di así: “De súpeto, coma se se desatase un furacán en plena primavera que os pillase desprevidos, a porta da rúa abriuse bruscamente…”

MANUAL DE USO DA APLICACIÓN ABALAR PARA AS FAMILIAS E O PROFESORADO

 

FAMILIAS

Podedes consultar unha guía moi sinxela de como instalar e empregar a ferramenta de comunicación ABALAR premendo na seguinte imaxe. Se preferides a guía completa tédela aquí.

PROFESORADO

A guía do profesorado pode ser consultada no seguinte enlace 

ABALAR MÓBIL3_0.png

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Premer para ver o noso traballo 

O pasado xoves 16 de maio celebramos con todo o alumnado do centro o Día das Letras Galegas que este ano está dedicado a Antón Fraguas. Puidemos gozar cos bailes do alumnado de 4º e 6º e os poemas recitados, tamén foron entregados os agasallos aos premiados do certame de escritura rápida.

galería de fotos

vídeos

Entroido 2019

O Entroido no presente curso foi coa temática de cadros e pintores famosos aproveitando que o Museo do Prado celebra o bicentenario da súa fundación.

Na galería podedes ver o noso traballo. 

 

 

Distribuir contido