Skip to Content

1º Curso EP, 2º Curso EP, 3º Curso EP, 4º Curso EP, 5º Curso EP, 6º Curso EP, Educación Primaria

CHARLA DOS PAIS DE PABLO SOBRE A ROBÓTICA NA VIDA DIARIA

O venres día 15 de decembro tivemos a gran sorte de contar no colexio coa presenza dos pais do noso alumno Pablo Rodríguez González (EP4ºB), que viñeron a contarlle ao alumnado de 3º e 4º curso de primaria aspectos relacionados coa importancia da robótica na vida diaria. Tanto Patricia coma Roberto son físicos que desempeñan o seu traballo na Universidade da Coruña no Departamento de Enseñería de Computadores e pertencen ao Grupo de investigación Grupo de Arquitectura de Ordenadores. Esta actividade foi proposta polo mestre responsable do Proxecto de Introdución á Robótica Educativa, Diego López Rodríguez.

FUNDACIÓN PERE CLOSA - CULTURA E HISTORIA XITANA

O día 1 de decembro recibimos a visita no CEIP Emilia Pardo Bazán de dous educadores da "Fundación Privada Pere Closa" de Badalona que mantiveron tres sesións formativas co alumnado de 4º curso de educación primaria, para contarlles a cultura e historia dos xitanos a través dos seus "Cuentos Rromane"

 

Esta actividade educativa promovida pola profesora Cathryn Teasley Severino do Departamento de Pedagoxía e Didactica da Facultade de Ciencias da Educación (Universidade da Coruña), ten o doble obxectivo de fomentar valores como a solidariedade e, ao mesmo tempo, reivindicar e dar a coñece a cultura xitana.

OBRADOIRO DE ENCUADERNACIÓN PARA 6º EP CON AFEXDI

 

   
     

AFEXDI

(Asociación para a formación e o emprego de persoas con discapacidade)

BUBELAS E BUBELIÑAS

 

 

 

O martes, día dez de xuño foI un día moi especial. Dentro do proxecto “O meu amigo maior” os nenos de 5º A de Educación Primaria e 5º B de Educación Infantil representamos unhapequena peza de teatro titulada: “Os contos de Manuel María”. Pasámolo todos moi ben, pais, nais, avós, amigos. . . pero sobre todo os pequenos e grandes actores que con tanta ilusión e un pouco de medo,esperaban ese día.

 

Foi a culminación dun curso no que os nenos coñecéronse e empezaron a quererse cada xuntanza un pouco máis. Os pequenos atoparon, nos seus amigos maiores, alguén a quen admirar e traerlle, ás veces, un debuxo ou calquer pequeno agasallo feito, sobre todo, con moito agarimo. Os maiores atoparon, nos seus pequenos amigos, alguén a quen coidar e a maneira de facerse, poucoa pouco, algo máis responsables. En definitiva, aprenderon a madurar.

 

A nós, as profes, emocionounos moito velos traballar xuntos e como buscaba cada un á súa parella para traballar, xogar ou simplemente darse a man e camiñar xuntos. Esperamos que o vindeiro curso sexa, cando menos, coma este.

 

 

Conchy e Aurora. 

 

 

 
 
 
 

A FRAUTA MÁXICA

 

Quen é o home paxaro máis famoso do mundo? Vos diredes que Superman, Batman ou Icaro...Pois non, o top ten das alturas é Papaxeno. Comprobádeo o 3 de xuño as 5 da tarde no teatro Calvo Sotelo. Estades todos invitados a deixar voar a vosa imaxinación e escoitar boa música grazas os rapaces do CEIP Emilia Pardo Bazán e o ilustrísimo mestre Mozart.

 

 

VISITA DE LEDICIA COSTAS

No día de hoxe contamos no colexio coa visita da escritora Ledicia Costas, gañadora do premio MERLÍN de LITERATURA INFANTIL pola súa obra "Escarlatina, a cociñeira defunta". Mantivo un encontro co alumnado de 5º e 6º que escoitaron con moita atención as súas historias sobre os personaxes do seu libro, especialmente as referidas ao avó de Román, o protagonista do libro, xunto con Escarlatina, porque dixo estaban inspiradas no seu propio avó, un personaxe curioso.

Outro tema que deu moito xogo no encontro foi a historia do gato Moroto na lavadora. Deulle pé a Ledicia para contar outras historias reais que lle foron contando outros nenos no seu recorrido polos colexios de Galicia. En case todas aparecían as avoas como indutoras das historias simpáticas que lles ocurrían aos animais.

Un encontro interesante.

 

Entrevista con Ledicia Costas

XOGOS TRADICIONAIS

Chega o momento dos Xogos Tradicionais na escola.

Os nenos de 1º e 2º comezaron a semán pasada a coñecer algúns dos xogos aos que xogaban ós seus pais e avós.

Que divertido!

Lembrades?

  • Trompos
  • Canicas
  • Corda
  • Goma
  • Zancos
  • Mariola
  • Petanca

Podedes traer todos aqueles que queirades para dalos a coñecer.

Animádevos a participar!

 

Teatro 6º A

O vindeiro xoves día 4 de xuño os actuales integrantes do grupo Bubelas farán a súa derradeira representación.

Será no Salón de usos múltiples ás 16:45 h.

A peza titúlase :"Nais, quen as entende!"

Esperamos contar coa presencia de todas as familias.

Conchy 6º A

 

 

MAQUETAS DOS OBRADOIROS MULTIMEDIA 6º EP

Nos seguintes enlaces aparecen as maquetas do obradoiro multimedia de prensa para o alumnado de 6º de primaria que terá lugar os vindeiros días 16, 17 e 18 de marzo de 2015. 

MAQUETA XORNAL 1

MAQUETA XORNAL 2

Para descargar cada ficheiro deberás premer sobre cada enlace e co botón dereito do rato escoller a opción "Gardar destino como". Ou ben podes facelo descargando os ficheiros adxuntos que aparecen a continuación.

 

O PLAN NAVEGA CON RUMBO CHEGA O NOSO COLEXIO

 

 

A III Edición do Plan Navega con Rumbo chega o noso colexio para informar aos alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de educación primaria sobre a importancia de navegar seguro pola internet. Esta actividade enmárcase no contexto do Proxecto Abalar.

Trátase dunha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). O programa ten como obxectivo formar ao alumnado nas boas prácticas no uso de internet, previndo o ciberacoso e a dependencia das novas tecnoloxías, e promovendo un uso responsable das redes sociais.   Asi mesmo, pretende a implicación do profesorado e das familias neste proceso, facéndoos partícipes destas recomendacións.

Nos seguintes enlaces pódese acceder as guías de Boas Prácticas:

        



 

Distribuir contido


by Dr. Radut