HAPPY EASTER!

Coa primeira lúa chea da primavera chega a Pascua. As profesoras de inglés, como xa vén sendo costume, organizaron unha divertida xornada para celebralo.

Alumnado e profesorado gozamos coas distintas tradicións anglosaxoas:

 * “Easter Egg Roll”(Carreira de ovos de Pascua): é un xogo que consiste nunha carreira na que os nenos compiten por rodar ovos duros.

             

  

* “Egg Hunt” (A caza do ovo): no Reino Unido a tradición conta que o coello de Semana Santa esconde os ovos de Pascua durante a noite do domingo de Resurrección para que os nenos búsquenos durante o día.

                   

 * “Easter Bonnet” (O chapeu de Pascua): sobre todo en Nova York (na 5º Avenida), o domingo de Pascua, desde fai máis dun século, vístense as mellores galas e os chapeus máis vistosos e orixinais. A maioría das persoas deseña os seus e decóraos con coelliños, ovos, niños con poliños, flores…