VISITA DO MISIONEIRO JOSÉ RUBIO

            Con motivo da campaña contra a fame no mundo que cada ano organiza a ONG Manos Unidas, tivemos o privilexio de que José Rubio, un misioneiro comboniano, visitase o noso colexio.

              Durante esta visita, o P. José contou, aos alumnos/as de 5º e 6º curso de primaria de Relixión Católica e Evanxélica, a súa experiencia como misioneiro no Congo ao longo de 38 años, traballando polo desenvolvemento dese pobo construindo escolas, dispensarios, pozos, facendo cooperativas, dando asistencia a orfos, nenos da rúa, etc.

            Unha experiencia que nos axuda a decatarnos do afortunados que somos, a apreciar e valorar todo o que temos fronte aqueles que nos teñen case de nada, nin algo tan básico como a auga e a comida.

             Por todo isto, é importante recordar o lema desta campaña de Manos Unidas: “O mundo non precisa máis comida, precisa máis xente comprometida”.