XORNADAS ENKI 2015 DEPORTE ADAPTADO

            

Os obxectivos destas Xornadas ENKI 2015 son visibilizar e practicar deportes adaptados e mostrar consciencia ante a discapacidade, así como recoñecer, desde as experiencias de deportistas adaptados, os logros conseguidos e as dificultades que tiveron que superar. Esta actividade conta coa colaboración da Obra Social "La Caixa", dentro do seu programa de iniciativas para contribuír ao progreso das persoas e a sociedade, con especial incidencia na inclusión e o ámbito educativo.

A actividade está deseñada para nenos e nenas de 6º curso de educación primaria nunha xornada dividida en tres fases diferentes: presentación, actividades deportivas e historias de superación. Tras unha explicación sobre a diversidade funcional e como o deporte pode servir como medio de integración, os escolares realizaron un exercicio denominado "Ponte no seu lugar", deseñado para que os menores empaticen coas persoas con diversidade funcional a través do xogo. Trátase de que, a través de actividades deportivas e diferentes circuítos, poidan comprobar por si mesmos as dificultades de accesibilidade que existen no medio, en rotacións duns 20 minutos cada unha polas diferentes probas: circuíto en cadeira de rodas, percorrido con bastóns e antefaces con pavimento táctil e demostración de deporte adaptado: handbike, cadeira de atletismo, baloncesto e fútbol a cegas...

Ver imaxes da actividade no Polideportivo de Los Rosales