DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

 

Os Departamentos de Orientación  son servizos educativos especializados de Orientación Educativa, Psicopedagóxica (atención aos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais) e Profesional creados coa intención de favorecer a calidade e mellora do ensino.

O Departamento de Orientación que actúa no noso colexio está formado por diferentes profesionais:

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación  como Orientadora de referencia do Centro.

Pofesorado de Pedagoxía Terapéutica: presta atención educativa especializada ao alumnado con dificultades de aprendizaxe co obxectivo de estimular e intervir educativamente no afianzamento persoal e social dos noso alumnado.

Profesorado de Audición e Linguaxe: presta atención educativa especializada ao alumnado con dificultades da linguaxe oral.

As funcións do Departamento de  Orientación son as seguintes:

   * Valora-las necesidades educativas no ámbito da orientación, e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.

    * Elabora-las propostas do Plan de Orientación Académica e do Plan de Acción Titorial.

  * Participar na elaboración, seguemento e avaliación do PEC e do PCC, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción. 

  * Deseñar actuacións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe, derivadas de condicións desfavorables ou de sobredotación.

    * Participar na avaliación psicopedagóxica e no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.

   * Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento necesarios para que o alumnado poida afrontar adecuadamente os momentos escolares máis decisivos ou dificultosos.

    * Cooperar cos equipos específicos.

    * Promove-la cooperación entre o centro e as familias.

    * Establecer canles de comunicación cos diferentes servicios ou institucións.

    * Aqueloutras que a Administración Educativa determine no ámbito das súas funcións.

    As familias interesadas en comunicarse coa Orientadora deberán facelo, previa comunicación ao centro.