DIARIO DO CONFINAMENTO

Xa levamos moito tempo na casa, eso quere dicir que xa nos falta menos. Seguro que neste tempo pasaron moitas cousa interesantes nas vosas casas: caeume un dente, o meu irmaciño comezou a andar, papá deixou barba... Se queredes podedes mandar ao correo do cole un vídeo que nos conte o que están sendo estes días, co asunto: diario do confinamento, e o publicaremos na web do cole. Moitas grazas e... vémonos pronto! Acceso ao resto de vídeos nesta GALERÍA

O vídeo precursor:

  • Seguinte entrega con moita arte. O pai de Jairo compuxo esta canción adicada aos heroes de verdade os que loitan contra o inimigo común, os que loitan para que non nos falte de nada e os que quedamos na casa para axudarlles.

Día Internacional do Libro e o Dereito de Autor: lemos O Principiño

Para celebrar o día do libro este ano a biblioteca escolar do noso centro fixo un enorme esforzo de recompilar os fragmentos da lectura multilingüe do famoso libro "O PRINCIPIÑO". Grazas a todos os colaboradores. Podedes ver o vídeo e toda a información na web da nosa biblioteca.

CONTO: O "EMILIA" GAÑA AO CORONAVIRUS

Jessica e Priscila, coa colaboración das familias e dos mestres do cole deléitannos con este estupendo conto: O "EMILIA" GAÑA AO CORONAVIRUS tamén hai versión en lingua castelá

SOLIDARIDADE VECIÑAL

Queremos facernos eco dunha carta aos veciños atopada no noso barrio. Apareceu unha nota como a que se ve na foto e parécenos unha boa iniciativa solidaria para os tempos que vivimos e por iso a damos a coñecer na nosa web, para darlle difusión. Noraboa á xente que o organizou, o feito de compartir con quen ten dificultades fai da nosa unha sociedade mellor.

INICIATIVAS DE AYUDA EN ACCIÓN ABERTAS A TODOS

Desde Ayuda en Acción fannos chegar duas iniciativas moi interesantes:

A primeira ven desde a Plataforma de Organización da Infancia e consiste en que queren recoller as inquietudes dos nenos, nenas e adolescentes sobre o COVID-19 e o confinamento na casa, para facerllas chegar ás autoridades. Coa información obtida, realizarase un documento coas preguntas e respostas achegadas e trasladaráselle aos participantes. Precisa un correo electrónico de resposta que terá que ser dos vosos maiores.

podedes acceder na imaxe.

 

A segunda iniciativa ven dende a Campaña Mundial pola Educación, lanzan a campaña #LaMejorLeccion, na que te invitamos a facer esta reflexión: Cal é #LaMejorLeccion que estás aprendendo nesta crise? Para iso, fan a seguinte proposta para profesores, estudantes e calquera que queira contribuír coas súas leccións. 

  • REFLEXIONAR: reflicte o que estás aprendendo nestes días limitados sobre educación; Como te sentes e como pensas que a educación pode axudarnos a saír desta crise máis forte? 
  • ESCRIBIR: escribe a túa lección no formato que desexes (páxina en branco, ou imitando este modelo no que podes inspirarte).
  • COMPARTIR: compartir a túa lección a través de RRSS, ben cunha foto de ti mesmo coa túa lección escrita, ou a través dunha foto, vídeo ou mensaxe. Non esquezas usar o hashtag #LaMejorLeccion. Aquí podes atopar algúns exemplos de inspiración.

A CIENCIA NA COCIÑA PROXECTO "SABOR E SABER" EXPERIMENTOS REALIZADOS

 

 

Podedes ver todos os experimentos nos seguintes enlaces:

 

AYUDA EN ACCIÓN; DONATIVOS E VOLUNTARIADO COVID19

Axuda en Acción colabora coas familias que teñen dificultades para a adquisición de alimentos para os seus fillos e coas que non teñen conectividade a internet ou ningún dispositivo para acceder ao contido formativo do centro. Do mesmo xeito podemos colaborar coa entidade ou facernos voluntarios. Se queres saber como facelo accede á información premendo na imaxe.

Distribuir contido