AULAS GALEGAS NOVO RECURSO EDUCATIVO

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que pensan que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 deben ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade. Nace para axudar ó alumnado, ás familias e ó resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego. Preme na imaxe para visitala.


ContamosTodos

Proposta

 

As familias de  calquera grupo , tanto de E. Infantil como E. Primaria poden gravar na casa, empregando o teléfono móvil ou calquera outro aparello electrónico:

-Contos contados polos nenos e as nenas (inventados por eles ou lidos dun libro)

-Cancións (sos ou acompañados).

-Trabalinguas.

-Xogos de palabras.

-Chistes.

-Dramatizacións.

-Poemas.

 

Unha vez feita e comprobada a gravación, deberán enviala a (correo ou wetransfer ao enderezo electrónico bibliotecaepb@gmail.com) para que poidamos subila á plataforma de Emilia na Onda e poida ser escoitada polo resto da Comunidade educativa. Lembrade #QuedaNaCasa.

Toda a información na web da nosa biblioteca.

BLOGUE DA AULA DE ISI (ISIDISFRUTAMOS)

Xa podemos acceder desde o menú Navegando pola rede (abaixo á dereita) ao estupendo blogue de Isi, mestra de 2ºC.

Non deixedes de acceder a descubrir a actualidade  do curso e sobre todo á chea de recursos que estupendamente organizados ofrece desde hai 8 anos.

Grazas por compartilo con toda a comunidade educativa a través da nosa web.

 

 

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.

NOVAS INSTRUCCIÓNS

 

Suspensión matrícula oposicións e procesos de admisión

Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

 

  • O acceso ao colexio neste período estará restrinxido. 

  • TAREFAS. O profesorado publicará na web do colexio as tarefas e recomendacións para o alumnado. 

  • E-DIXGAL. O alumnado de 5º e 6º de primaria seguirá recibindo tarefas e actividades a través da axenda e-dixgal.

  • Calquera novedade será publicada nesta web ou comunicada co servizo de abalar móbil aos que rogamos que prestedes atención.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2020

Precioso vídeo que ten como protagonista ao alumnado de educación infantil para celebrar o "Día da Muller Traballadora"

ACTIVIDADES MARZO 2020

Para ter coñecemento das actividades que haberá no noso centro este mes preme aquí ou consulta no calendario de enventos nesta páxina.

ENTROIDO 2020

Xa chegaron á galería as fotos do Entroido. Todos caracterizados coa temática anual do centro. Preciosas, grazas Manuel.

VER GALERÍA

WhatsApp_Image_2020-02-27_at_17_07_11.jpeg

Distribuir contido