Skip to Content

Blogues

AS FOLLAS DO OUTONO

Coas follas que recolleramos do outono, traballamos as formas, os tamaños, as cores, o conteo, a simetría..., e a creatividade para facer as nosas persoais creacións.

Algunhas relacionadas co PDI que se está a desenvolver no colexio sobre o mar.

Tamén fixemos orixinais grafismos creativos, mirade qué bonitos nos quedaron!

Todas as follas que non empregamos, e pasaron de estación, botámolas ao compost para seguir facendo o noso abono caseiro.

Non perdemos de vista, que nos nosos traballos aproveitamos todo.

OS PERIGOS DO PLÁSTICO (NO MAR)

Estes días estivemos traballando sobre a importancia de reducir e evitar o uso de plástico sempre que poidamos.

Nas nosas aulas estamos a ver pequenos cambios; cambios a botellas de auga reutilizables, bolsas ou tuppers en lugar de envoltorios de plástico, máis comida caseira e menos mercada envolta en plástico, etc.

Para esta actividade investigamos sobre os perigos do plástico no mar, posto que o noso centro está no paseo marítimo da Coruña. Para isto fixemos redacións co que máis nos impactou, fixemos debuxos e mesmo fixemos peixes con botellas de plástico simbolizando a cantidade de lixo que hai no mar.

 

ESCRITOS 

DEBUXOS

PEIXES CON BOTELLAS DE PLÁSTICO

 

 

 

VISITA Á HORTA DO CEIP SAN PEDRO DE VISMA

Co fin de mellorar a horta do noso centro, decidimos visitar o Ceip de San Pedro de Visma que sabemos que realizan moitas actividades e moi variadas relacionadas co tema da horta.

Chamounos moito a atencion o acolchado que teñen en varias zonas do xardín feito con cascas de froitos secos que aportan os nenos (cascas de castañas, pipas, avelás,noces, pistachos...). Isto úsase para evitar que saian herbas e, ao mesmo tempo, é abono.

 

Vimos que aproveitan todos os espazos ao aire libre tanto para actividades da horta, de lecer e tamén de coidado de animais. Nas seguintes imaxes podedes ver o ben que traballan no Ceip de San Pedro de Visma.

Desta visita levamos moitas ideas para o noso centro, para a nosa "escola verde", xa vos iremos amosando os resultados pronto por aquí.

 

O XARDÍN DE OBDULIA

Non noso barrio, Os Rosales, había moitos espazos verdes que quedaran paisaxisticamente deteriorados. Un destes espazos foi reconvertido a xardin por unha veciña, Obdulia. Todo comezou con materiais de obra que alí quedaran da construción de edificios e continuou con pedras e todo o que foi atopando, plantas e outros materiais de refugallo que aportou xente do barrio, moitos deles pais e avós dos alumnos do noso centro. 

Así foi construíndo un lugar onde a xente contempla, interacciona con esta muller e lle sigue aportando distintos materiais para que ela continúe día a día con este proxecto no que todo o vencindario colabora e coida.

 

PLANTAMOS NO TERREO - exterior e invernadoiro

Comezamos a plantar a primeira plantación do curso no exterior para ir ampliando espazos pouco a pouco.

Para a primeira plantación, escollemos verdura que poda resistir neste tempo, que vai indo cada vez máis frío, por iso imos poñela no exterior e no interior do invernadoiro, para ver cómo se dá nos diferentes ambientes.

Despois de ter o terreo limpo de malas herbas, que aproveitamos para facer compost, facemos buratos para meter a planta de verdura que mercamos.

Imos poñer toda esta verdura.

ACELGAS

GRELOS que tivemos que poñer varias veces, porque os paxaros nos comían a semente, polo que foi difícil que saísen.

CHÍCHAROS

FABAS

Facemos os buratos para o REPOLO.

Botámoslle un pouco de abono á terra, que lle axude a medrar (as súas vitaminas).

E poñemos a ramiña de repolos con coidado de non estragalos.

COLIFLOR

LEITUGAS no interior do invernadoiro, xa que nesta época é difícil que medren co frío.

E moi preto das leitugas, os RABANITOS e REMOLACHA que lle axudan a medrar.

 Tamén puxemos a semente dunhas flores, nun lateral da valla do colexio, a ver se medran.

Ao redor da verdura que puxemos, botámoslle cascas de ovo esmagadas, que fan que non se acheguen os bichos á verdura para comela, e ademáis é unha boa vitamina para a terra.

Primeiro esmagamos todas as cascas que tiñamos.

Despois puxémoslla todo a redor do tallo.

Xa temos a verdura, que está a medrar pouco a pouco.

Ansiosos por ter a proba desta colleita! 

 

PREPARAMOS O TERREO

Levamos todo o que precisamos para as nosas plantacións.

Comezamos sacando malas herbas, que aproveitaremos para facer o noso compost.

Aireamos a terra para comezar a facer buratos para as nosas plantacións.

Barremos cando se nos cae a terra ou a herba, e as follas que había, para o compost.

 

Estamos a amosarvos tantas novidades, porque estivemos traballando duro para comezar o trimestre, e había moito que arranxar no terreo e organizar; así que agora pretendemos telo actualizado para ensinarvos polo miúdo todo o que imos facendo.

 

XII Semana Europea de prevención de residuos

Pola XII Semana Europea de prevención de residuos, do 20 ao 28 de Novembro, o alumnado de infantil, andivo a recoller o lixo que atopaba dentro do recinto escolar. Ibamos ben preparados para este traballo.

 

 

 

O asombrados que quedamos ao ver a cantidade de variedade de material que había (calcetíns, latas, plásticos, trozos de macetas, envoltorios...)

Axudamos a recoller o que está fora de sitio, para manter as nosas zonas limpas.

 

PERO NON É MÁIS LIMPO O QUE MÁIS LIMPA, SENÓN O QUE MENOS ENSUCIA. (Robert Baden-Powell)

 

A raíz da economía circular das 9 R (repensar, redeseñar, refabricar, reparar, redistribuir, reducir, reutilizar, reciclar, recuperar) fíxose un obradoiro con material de refugallo, uns barquiños con diferente material, que os propios nenos decoraron, en sintonía co Proxecto Documental Integrado que se está a levar no colexio.

 

A PRIMEIRA PLANTACIÓN DO CURSO COS MÁIS PEQUENOS.

Cos máis pequenos de Infantil de 3 anos, imos plantar na aula (a ver si así medran máis rápido!) Cos demáis, facémolo en terreo  que temos no exterior ao aire libre e no invernadoiro.

Así que poñemos un pouco de todo que se planta neste tempo.

GRELOS

COLIFLOR

CHÍCHAROS

ACELGAS

REPOLO

LEITUGA (xa que era no interior) porque non lle gusta moito o frío.

Non esquecerse de regala verdura de vez en cando, para que medre. 

 

Agora a que medren!

Pero polo tempo que vai, a verdura tarda moito máis en medrar.

Agardamos impacientes!

 

Tamén puxemos unhas flores, como xacintos de diferente cor.

No exterior.

E no interior, puxemos os xacintos en tarros de cristal, para ver como medran as súas raíces.

 

 

LIBROS SOBRE CONTAMINACIÓN

Na biblioteca do noso colexio hai moitos libros sobre contaminación e medio ambiente. Despois de consultalos, velos e lelos vimos que un dos contaminantes máis agresivos e duradeiros é o plástico, debemos reducir o seu uso drasticamente: reutilizándoo, evitando envases dese material, recliclándoo, etc.

Pronto vos daremos ideas máis concretas para reducir o seu uso, porémolas en práctica nas nosas casas e no colexio tamén!

A continuación deixámosvos algúns destes libros que limos:

PLANTAS QUE PURIFICAN O AIRE

Investigamos sobre plantas que purifican o aire e que son recomendabls para ter no interior, como por exemplo nas nosas casas: 

Ou nas nosas aulas!

Collimos esgallos de plantas que xa tiñamos no colexio, as máis recomendables para interior, e puxémolas nuns botes de auga ata que lles saiu a raíz e, despois, plantámolas para ter nas clases:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut