Documentos

ADMISIÓN E MATRÍCULA 2024-2025

16/02/2024 13:09
Europe/Madrid

 

 

 

 

DOCUMENTOS DE ADMISIÓN: Impresos oficiais cubertos e asinados: Anexo II DOG.

  • Impreso admisión galego.
  • Impreso admisión castelá.
  • Documento acreditativo da idade do neno/a.
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
  • Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

CENTRO DE ADSCRICIÓN DO CEIP PLURILINGÜE ELADIA MARIÑO: IES Breamo.

 

SERVICIOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO: 

 

  • Transporte escolar
  • Comedor de xestión directa.
  • Servizo de Amencer na Escola xestionado pola Concello de Cabanas.
  • Actividades extraescolares xestionadas polo Concello de Cabanas.

 

INFORMACIÓN A TER EN CONTA: 

 

  • Todo o alumnado poderá presentar a súa solicitude de admisión pedindo ata 6 centros por orde de preferencia. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar ou poderase realizar a través da SEDE ELECTRÓNICA (ED550B).
  • Na solicitude de admisión a persoa poderá obtar, de ser o caso, expresamente por un posto reservado a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 
  • Despois de presentar unha solicitude de admisión para renunciar deberá facerse expresamente indicándoo na casilla correspondente da nova solicitude.
  • A existencia dunha solicitude de admisión en prazo e sen renunciar expresamente á anterior poderá ser causa de pérdida do dereito a participar no procedemento.
  • A solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno e alumna e terá caracter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
  • A admisión e matriculación nun centro docente implicará respectar o seu proxecto educativo. 
  • Poderase consultar a información relativa ao proceso de matrícula(estado de tramitación, previsión de postos...) na aplicación admisión alumnado. (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado)

 

 

 

Podedes recoller os formularios para a admisión e matrícula na secretaría do centro ou chamando ao teléfono 981431848, así como resolver calquera outra dúbida relacionada co proceso.

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRICIÓN

Hoxe, 15 de xaneiro de 2024 e ata o 5 de febreiro, está aberto o prazo para a reserva de praza en centro adscrito para o vindeiro curso 2024-2025.

 

Todas aquelas familias de 6º de Educación Primaria do centro que desexen matricular ás súas fillas e fillos no IES Breamo, teñen  varios modos de facelo:

- Devolver ao CEIP Plurilingüe Eladia Mariño a solicitude que se adxunta (tamén se pode pedir este impreso no centro, se así se desexa).

- Cubrir a solicitude dende a aplicación "Admisión Alumnado", imprimila e entregala no centro.

- Cubrir a solicitude dende a aplicación "Admisión Alumnado", e entregala a través da sede electrónica.

Para máis información acceder á aplicación: Admisión alumnado ou preguntar na secretaría do centro.

 

SOLICITUDE EN GALEGO

SOLICITUDE EN CASTELÁ

TITORÍAS COMEZO DE CURSO

13/09/2023 16:34
Europe/Madrid

CIRCULAR COMEZO ESCOLAR 2023-2024

06/09/2023 22:55
Europe/Madrid

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO PARA O CURSO 2023-2024 E DOCUMENTOS A PRESENTAR

02/05/2023 23:00
Europe/Madrid

Aquelas familias que desexen formalizar a matrícula de novo ingreso, para o vindeiro curso 2023-2024 poderán facelo dentro do prazo establecido, do 20 ao 30 de xuño, onde deberán presentar a seguinte documentación no centro escolar.

Para axilizar o traballo e que poidades ir recompilando e cumprimentado toda a documentación, deixamos a continuación un resumo cos documentos a presentar. Podedes descargarlos premendo no documento en cuestión ou en anexos.

 

 

Queremos recordar que todo aquel alumnado que o precise pode inscribirse no Plan de Alerta Escolar. A continuación podedes ver, picando na imaxe, todo o relativo ao mesmo.

cerotrescolectivo

Calquera dúbida, podedes consultarnos no teléfono 981431848 ou no correo do centro ceip.eladia.marino@edu.xunta.gal

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2023-2024

12/04/2023 19:20
Europe/Madrid

A día de hoxe publícase a listaxe de persoas admitidas para o curso 2023/2024, sendo aceptadas todas as solicitudes de admisión con 13 matrículas en 4º de educación infantil e unha nova en 5º de educación primaria.

Benvidas!

 

Poden ver o listado completo no taboleiro de anuncios do Centro.

VACANTES CURSO ESCOLAR 2023-2024

23/02/2023 11:38
Europe/Madrid

ESTAS SON AS VACANTES DO CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 23-24.

RECORDADE, QUE O PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA ALUMNOS DE NOVA INCORPORACIÓN OU CAMBIO DE CENTRO ABRANGUE DO 1 AO 20 DE MARZO.

MATRÍCULA 2023-2024 E PORTAS ABERTAS

03/02/2023 17:30
Europe/Madrid

A partires do 1 de marzo comeza o proceso de admisión e matrícula para o vindeiro curso 2023-2024. 

A continuación deixamos información relativa ás xornadas de portas abertas e ao proceso de admisión e matrícula.

Documentos Admisión: 
  • Impresos oficiais cubertos e asinados: Anexo II DOG.

Impreso admisión galego.

Impreso admisión castelá.

  • Documento acreditativo da idade do neno/a.
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
  • Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Documentos Matrícula:

  • Formulario publicación de imaxes, elección relixión/valores cívicos e sociais, enquisa galego (só EI); servizo de comedor, transporte escolar (en caso de utilizar estes servizos).
  • Dúas fotos tamaño carnet do alumno/a
  • Informe médico (no caso de enfermidades, alerxias,...)
  • Fotocopia do libro de familia (se non o trouxo xa na admisión)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a
  • Certificado de empadroamento
Podedes recoller os formularios para a admisión e matrícula na secretaría do centro, así como resolver calquera outra dúbida relacionada co proceso.

Alerta escolar

Bo día familias:

Podedes acceder a toda a información sobre o programa de alerta escolar a través do enlace desta publicación.

Claquera familia que precise solicitalo terá que presentar na Secretaría do centro a documentación referente a informes médicos do alumno/a e o modelo de solicitude.

Se tedes algunha consulta non dubidedes en preguntar.

 

https://061.sergas.gal/Paxinas/web.aspx?tipo=paxtxt&idLista=4&idContido=39&mi...=&idioma=ga

Distribuir contido