Fondo Solidario Libros de Texto e Axudas Material Escolar e Libros.

O día 19 de maio de 2023 publicouse no DOGA a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2023/24: 

- axuda para adquirir libros de texto para o alumnado que vaia cursar o vindeiro ano 1º e 2º de Educación Primaria (160 ou 240 euros en función da renda per cápita familiar). 

fondo solidario de libros de texto para o alumnado que vaia cursar 3º,4º,5º,6º de Educación Primaria.  O alumnado que vaia cursar 1º da ESO deberá tramitar a solicitude no instituto.  

- axudas para adquirir material escolar destinado a todo o alumnado matriculado en Educación primaria (60 ou 75 euros en funión da renda). 

PRAZO:

Entre o 22 de maio e o 21 de xuño de 2023. 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática Fondolibros , a través da sede electrónica da Xunta.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro

Listaxe provisional admitidos: 12 xullo (Porta Centro Escolar)

Listaxe definitiva admitidos: 26 xullo (Porta Centro Escolar)

DOCUMENTACIÓN  A PRESENTAR

ANEXO I

ANEXO II

- Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

E ademais, de ser o caso: 

- sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador.

- volante de convivencia.

- documentación xustificativa de violencia de xénero, que se poderá acreditar de calquera das formas que se enumeran no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.

 

- certificado do grao de discapacidade (recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia). 

toda a información no seguinte enlace: Orde 10 de maio 2023.

Achegamos o Anexo I e II para descargar.

AnexoTamaño
ANEXOS I E II_1.pdf1.97 MB