BECAS NEAE.

nformámoslles que foron convocadas as "becas" para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE). O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de setembro de 2023. A información (sobre a convocatoria, condicións, documentación, etc...) e o acceso para cubrir a solicitude poderán obtelos no seguinte enlace  Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo (Curso 2023 - 2024).

Están dirixidas a alumnado que non supere unha determinada renda e/ou patrimonio familiar e que presente necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociadas a necesidades educativas especiais, así como alumnado con TEA, alumnado con TDAH e alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

O alumnado que cursará 1º da ESO o vindeiro curso 2023-2024 terá que presentar as solicitudes no centro no que sexa admitido unha vez que teña formalizada a matrícula no mesmo.