AXUDAS LIBROS 22/23

Convocado o Fondo Solidario de libros de texto e as Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar para o curso 2022/2023.

ORDE do 29 de abril de 2022 (DOG 18 de maio de 2022)

  • AXUDAS para adquirir LIBROS DE TEXTO, destinada ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria:                                     *210€  con renda per cápita familiar, igual ou inferior a 6000€               *140€ con renda per cápita familiar superior a 6000€ e inferior o igual a 10.000€.
  • FONDO SOLIDARIO de LIBROS DE TEXTO para o alumnado matriculado en 3º 4º 5º E 6ºde Educación Primaria. Todo o alumnado destes niveis poderá solicitalo e asignaranse os libros,  por orde inversa á renda per capita da unidade familiar, ata esgotar as existencias do centro.
  • AXUDAS para adquirir MATERIAL ESCOLAR destinado a todo o alumnado matriculado en Educación Primaria, con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €. A axuda será de 50.

 

 MODO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

1.- Por vía electrónica no formulario normalizado ANEXO I Anexo II dispoñible na aplicación FONDOLIBROS a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia   empregando a Chave 365 ou o Certificado Dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre. 

2.- Poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro:  imprimirase a solicitude ANEXO I e Anexo II e presentarase no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación precisa xa fotocopiada.

3.- Unha vez cuberto o formulario na aplicación Fondolibros, pódese gardar obténdose un número de solicitude e posteriormente optar pola forma de presentación.

 

DOCUMENTACIÓN (Cando se autorice a consulta telemática)

  • Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

(Situación real a 31 de decembro de 2020)

E de ser o caso:

  • Sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador.
  • Certificado de Convivencia se a sentenza e o convenio non representan a situación real.
  • Documentación xustificativa de violencia de xénero
  • Certificado do grao de discapacidade (recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia)

 

PRAZOS PARA PRESENTAR SOLICITUDES:     

Do 19 de maio ao 22 de xuño.

AnexoTamaño
LIBROS.pdf1.11 MB