Skip to Content

Educación Física

XOGADE 2019-2020

Comezado un novo curso escolar...continuamos coa nosa participación en Xogade, "deporte escolar".

Sendo moi conscientes da problemática que actualmente está aparecendo na infancia debido á inactividade e aos malos hábitos alimenticios,

dende o CEIP VIÑAGRANDE queremos aportar o noso granciño de area para fomentar no noso alumnado hábitos de vida saudable,

animando á adquisición de hábitos alimenticios correctos a través de recomendacións de merendas saudables

e a través da práctica de actividade física e deporte.

Coa participación en Xogade tamén buscamos fomentar nos máis novos valores de esforzo, superación persoal, compañeirismo, traballo de equipo...

No mes de novembro comezamos participando nunha carreira de campo a través como xa ven sendo tradición...

 

AD CORTEGADA comparte sesión de EF co CEIP VIÑAGRANDE

Como participantes en PLAN PROXECTA, e a través da plataforma "Coñece o meu clube" de Xogade,

solicitamos á AD CORTEGADA que viñese a presentarnos o baloncesto dende un punto de vista profesional e feminino,

xa que é un clube da cidade de Vilagarcía con experiencia no máis alto do baloncesto feminino. 

 

 

PSICOMOTRICIDADE 2019-2020

Co comezo do novo curso continuamos a profundizar no traballo neuromotor.

Coñecemos, vivenciamos e gañamos en confianza nas diferentes habilidades motoras que traballamos a diario.

 

IV XORNADA DEPORTE ESCOLAR 2019

O pasado mércores 24 de abril demos por rematada a nosa participación no Programa Xogade por este curso 2018-2019. Esperaremos con moitas ganas o próximo curso...

 

CONTINUAMOS...

GRUPOS INTERACTIVOS EN PSICOMOTRICIDADE INFANTIL

Unha vez máis a experiencia superou as expectativas!

Gracias familias pola vosa participación e esperamos que repitades!

 

III XORNADA DEPORTE ESCOLAR

O martes 26 de marzo, o alumnado de 5º de Educación Primaria viaxou ata Noalla para disfrutar dunha xornada matinal deportiva e de convivencia co alumnado do CEIP Telleiro. 

 

 

 

II XORNADA DEPORTE ESCOLAR 2019

O pasado mes de febreiro o alumnado de 6º de EP pasou unha mañá deportiva e de convivencia no CEIP Portonovo. Aquí deixamos unha pequena lembranza en imaxes.

 

 

COMEZAMOS COA PATINAXE ARTÍSTICA

COMEZAMOS... e non o facemos tan mal!!

 

 

I XORNADA DEPORTE NA ESCOLA 2019

Continuamos coas nosas xornadas de deporte escolar.

Nesta ocasión, o martes 22 de xaneiro de 2019, tocounos organizar no noso centro a xornada multideporte, na que nos visitaron os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria do CEIP A Florida (Sanxenxo).

Do noso centro tamén participamos oalumnado de 5º EP.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut