Skip to Content

Expresión Musical

Rimando dende a casa

       A pesares de estar pasando uns días moi atípicos, seguimos a marcar o ritmo dende a casa. Esto é o que compartiu con nós o noso compañeiro Ramón, con moito ritmo e moito carácter para interpretar este pequeno recitado. Parabéns polo teu traballo!

CREACIÓN RÍTMICO- VOCAL

Nesta actividade propóñovos que creedes unha pequena peza empregando a voz e acompañándoa co corpo ou con obxectos. Achégovos varios textos que poden ser o punto de partida, pero sempre é posible que vós escollades os vosos propios textos ou incluso que os inventedes.

VIÑANANOS                                                                             VIÑAPEQUES

 Pachín, pachín                                                                         Ría ría chabarría,

 non sabes o que vin                                                             trae tres sapos na barriga

 un gato na ventá                                                                     un canta, outro pía

 tocando o violín.                                                                     e outro toca a sinfonía.

   

VIÑAMEDIOS                                                                          VIÑAGRANDES

Piquiño piqueiro do mazariqueiro                                            Conta xusta rematada

que pica graíñas, que pica no herbal                                      -dixo o cura da Golada-

que pica repica, pingas do luar.                                          son tres porcos, seis touciños,

                                                                                          doce patas, tres fociños,

                                                                                          seis orellas e tres rabos,

                                                                                         que son trinta, ben contados.

 (*) Neste enlace poderedes atopar unha manchea de ditos, refráns, trabalinguas e moitas outras posibilidades de textos para rimar: https://orellapendella.gal/

 Realización da actividade:

 1- Aprende moi ben o texto

 2- Dálle ritmo, recítao ritmicamente como a ti máis che guste (pode ser ao estilo rap, co ritmo dalgunha canción coñecida, inventar un ritmo totalmente novo, etc.)

 3- Engade un acompañamento para o teu recitado. Para iso escoita primeiro cal é o seu pulso e cales son os acentos (as partes máis fortes), para que o acompañamento se axuste perfectamente ao recitado e teña máis forza.

       Para acompañar a voz podes elixir percusión corporal (mans, peito, pés, cabeza, dedos…) ou calquera obxecto que atopes pola casa (botes, botellas, tubos de cartón, latas, caixas, lapis…)

4- E se queres, comparte as túas creacións cos compañeiros. Para iso, envíaas á dirección de correo vinhagrande.musica@gmail.com, para que poida subilas á páxina web.

 (*) Tamén poderedes empregar esta mesma dirección de correo electrónico para poñervos en contacto comigo e dar resposta a calquera dúbida que teñades en relación a esta ou outras actividades propostas.

NOVAS PROPOSTAS

     Bo día!

     Achego dous interesantes enlaces a canles de youtube:

    No primeiro podedes atopar diferentes audicións para acompañar facilmente seguindo as indicacións que se amosan e utilizando diferentes obxectos que teñades na casa. Todo se pode convertir nun interesante instrumento musical! (e isto é un bo exercicio de imaxinación sonora)

https://www.youtube.com/playlist?list=PL2mHraZxofIx-X-l6jdM-oKMRO0T_p9Ml

     Neste segundo enlace podedes atopar exercicios para practicar a lectura rítmica. Hai diferentes niveis de dificultade para elixir en función das figuras musicais traballadas na aula (ou probar con outras novas e facer un exercicio de experimentación rítmica!)

https://www.youtube.com/playlist?list=PLzPP1Evz0WkRAkDUUT-KvVs1CbRbgtdyu

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Estimadas familias,

como actividades xenéricas a desenvolver durante este período de tempo sen clases, no marco da Educación Musical achego a seguinte proposta de actividades centradas na interpretación de cancións e no ritmo e movemento:

 - Escoita ou invención de cancións a partires de temas de interese, canción tradicionais, etc. Achego algúns enlaces que poden ser de interese:

*      Cancións de distintos grupos ou cantantes infantís

A Gramola Gominola (Canción para desafinar, con karaoke)

https://www.youtube.com/watch?v=tsLLY7o1sk4&list=RDEMdsOPqkCXewaeMD_A3BDVvA&index=2

Uxía Lambona e a banda molona (Poiusa, para cantar e bailar)

https://www.youtube.com/watch?v=CDdFdt2WUfE&list=RDEMdsOPqkCXewaeMD_A3BDVvA&index=8

Mamá Cabra (No baile, para cantar e bailar)

https://www.youtube.com/watch?v=DIp7pGMF4lw&list=PL3hpzVxM69yVFxSFEubuZaVJNiNIzJ3mF&index=22

*      Cancións sobre contos:

Paco Papán: https://www.youtube.com/watch?v=EX4_qH64g8Y&list=PL8WRr4w3uYXsePNeKnXk82HaTZYjjSEDA&index=10

Lobo feroz:

https://www.youtube.com/watch?v=V04O4elu-tg&list=PL_VVdM5hef0hP1a7kZhP6Kii3mTytJhas

Mariluz Avestruz

https://www.youtube.com/watch?v=ktLO8ZmWTCk&list=PL_VVdM5hef0hP1a7kZhP6Kii3mTytJhas&index=4

 

      Viñagrandes: aprendizaxe da letra desta canción que será traballada posteriormente nas clases:

Ophelia letter blow way, It blow ‘way in Arima (bis).

It blow way in Arima, It blow ‘way in Arima (bis).

Ophelia where your letter? It blow ‘way in Arima (bis).

It blow ‘way in Arima, It blow ‘way in Arima (bis). Oh!

 

 

- Xogos de ritmo, percusión corporal ou baile: crear ritmos con percusión corporal ou con obxectos (con ou sen acompañamento musical), bailes ou coreografías a partires de distintos tipos de música... Achego varias posibilidades:

*  Jailhouse Rock (baile)

https://www.youtube.com/watch?v=JbxDwaGwi2Q&list=PLw8gicJ0ajXfIGqCpqG-kf_wkuFEO6c6f&index=3&t=0s

Samba reggae show- La Bombocaba (ritmo con obxectos)

https://www.youtube.com/watch?v=UR9yJ0WtEEs

*   Viñapeques: lectura rítmica (actividade que comezamos a realizar na aula)

https://www.youtube.com/watch?v=Ib39O4Bc6uA

 

GRANDES CANCIÓNS DA MIÑA VIDA

       O alumnado de Viñagrandes presenta unha recopilación das súas cancións favoritas segundo o que lles suxiren ou as sensacións que lles provocan. Podes escoitalas na seguinte presentación:

A GALIÑA ROXA

   Nos grupos de Viñagrandes estivemos traballando a ambientación sonora, recreando o ambiente sonoro de diferentes contos.

       Carmen, Lucía e Rodrigo sonorizaron "A galiña roxa", de Pilar Martínez.

CAPITÁN VERDEMÁN

       Xa está aquí a versión dos nenos de Viñamedios do conto de Ellie Bethel, "Capitán Verdemán, superhéroe del reciclaje", un conto que nos achega bos consellos para coidar o noso planeta.

CANTADEIRO

   Xa temos aquí os participantes no 1º concurso musical "Versiona a túa cantiga" e nos vindeiros días coñeceremos aos gañadores.

     Moita sorte a todos e parabéns polas voas actuacións!!!

 INTISSAR E TOMÁS- CATRO VELLOS MARIÑEIROS

JORGE, DANIEL E ANTÍA- A RIANXEIRA

JULIÁN, ANTÍA, ARANCHA E MARIO- CATRO VELLOS MARIÑEIROS

MARWA- A SAIA DE CAROLINA

CARMEN, LUCÍA, RODRIGO, MARÍA E IRIA- O GATO

AI, MARUXIÑA!

   Durante o segundo trimestre aprendemos a cantiga tradicional Ai, MAruxiña!, unha cantiga raina que se canta ás dúas beiras do río Miño.

       Escoitade que ben soa!

XA CHEGOU O DÍA DA PAZ

       Co gallo do día da Paz nos grupos de Viñagrandes estivemos cantando a canción "O día da Paz", recollida no libro TIC TAC TOC de Pablo Díaz. A partires desta canción o alumnado inventou novas estrofas nas que recollen os seus desexos para un mundo mellor.

Distribuir contido


by Dr. Radut