Skip to Content

Viñagrandes

Paula Carballeira no C.E.I.P. Viñagrande-Deiro

Hoxe, día 19 de maio de 2015 e dentro das celebracións da semana das Letras Galegas que estamos a celebrar no noso colexio,contamos coa visita de Paula Carballeira: escritora e contacontos ademáis doutras facetas da súa vida.

É autora dunha chea de libros tanto de literatura infantil-xuvenil, de teatro, de poesía como de narrativa.

Ten asemade varios premios entre os que destacan:

- 2º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1998, por A morte do mar.I

- Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, no 2006, por Boas noites.

- Gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil no 2011, por O refugallo

Aquí vos deixamos unhas pouquiñas fotos.

 

 

E tamén dous vídeos que podedes ver na seguinte imaxe:

 

MOITAS GRACIAS POLA TÚA PRESENCIA PAULA CARBALLEIRA.MOITOS BICOS DENDE SAN MIGUEL DE TODO O ALUMNADO E DE TODO O PROFESORADO

EXPOSICIÓN SOBRE CASTELAO

Castelao é todo un símbolo para Galicia. Esta exposición, coincidindo co DÍa das Letras Galegas, quere ser unha pequena homenaxe dos alumnos e alumnas do 3º Ciclo á súa figura.

A letra do fondo musical pertence a uns poemas de Eduardo Pondal e de Ramón Cabanillas.

 

Excursión de Fin de Curso 5º de Primaria

O pasado martes, día 12 de Maio de 2015, o alumnado de 5º de primaria do C.E.I.P Viñagrande-Deiro xunto có  alumnado que nos visitou do C.E.I.P Isaac de Vega, realizamos a excursión de fin de curso.
Pola mañán visitamos a Catedral de Santiago de Compostela, O Museo do Pobo Galego e paseamos pola zona antiga para que viran algunhas das rúas máis coñecidas.
Xa pola tarde fumos a ver O Castro de Baroña, o Dolmen de Axeitos, e as Dunas de Corrubedo e rematamos o día merendando no Parque de San Roque en Ribeira.
Aquí vos deixamos un slide de fotos dese día, que o pasamos francamente ben.

 

 

Torres Arcebispais e descubrindo a Castelao en Pontevedra

 

O 21 de novembro realizamos unha saída a Pontevedra para visitar o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais e o Museo Provincial (Sección de Castelao). O alumnado tivo unha aproximación histórica á orixe da cidade e coñeceu a figura e a obra de Castelao a través do Museo; servíndonos de base, para seguir traballando coa súa obra posteriormente en clase.

 

Seguridade Vial

 

O 6 de novembro, a Policial Local do Concello Vilanova, impartiulle ao alumnado de 5º e 6º unha sesión práctica de Educación Vial. Os alumnos  puideron mostrar as súas destrezas, así como o seu coñecemento básico das normas de circulación, conducindo uns "Karts".

Grandes escritores de Vilanova: Valle- Inclán e Julio Camba

Valle-Inclán e Julio Camba son dous grandes escritores da literatura española nacidos en Vilanova. Mediante diversas actividades realizadas en clase (traballos de investigación, lectura de textos, presentacións co canon e debuxos), pretendemos achegar ao alumnado deste ciclo a figura destes escritores -especialmente de Valle-Inclán-, ao aproximarse nestas datas o aniversario do seu nacemento. Completáronse as actividades cun percorrido valleinclaniano polo casco urbano de Vilanova.

 

Para ver os debuxos preme na imaxe

 

Art Show

Pupils from 5th and 6th course have painted stones in Arts class. This activity turned out well and these are the beautiful works:

Click on the picture

Saída didáctica a Pontevedra

22 de novembro de 2013. O 3º Ciclo realizou un percorrido polo casco histórico da cidade, acompañados polos seus titores e unha guía do Concello. Posteriormente, visitaron o Museo -sección de arte contemporánea -; sendo este  colexio, o que traballou por vez primeira, cunha unidade didáctica elaborada polo Museo para este edificio.

A poesía de Antonio García Teijeiro

Ao longo do 2º trimestre o alumnado de 5º, por suxerencia do Equipo de Biblioteca, estivo traballando con algúns dos libros do poeta Antonio García Teijeiro. Iniciouse ao alumnado no coñecemento da súa obra, comentando algúnhas das súas poesías e facendo unha  escolma cos poemas que máis lles gustaron de diferentes obras.

25 peixes de mar

Recoñecer algúns dos peixes que con máis frecuencia atopamos nas nosas peixarías, foi o obxectivo desta actividade que se lle presentou aos alumnos de 5º

Distribuir contido


by Dr. Radut