Skip to Content

Viñagrandes

TRIÁNGULOS

Os tipos de triángulos como figuras xeométricas planas foron traballados no contexto matemático por medio de debuxos seguindo titoriais e por medio destes collages.

FIGURAS XEOMÉTRICAS PLANAS

As diferentes figuras xeométricas planas foron traballadas no contexto matemático por medio desta app que permite facer collages e engadir texto.

 

AS ÁRBORES

No segundo proxecto do contexto científico “As árbores”, os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º traballaron as seguintes actividades:

 

MUSEO

Realizaron unha fermosa maqueta dun ecosistema mariño e outro terrestre relacionada coa súa contorna. A paisaxe escollida foi a praia “As Patiñas”.

 

 

Para comezar esta actividade os nenos copiaron no caderno e aprenderon teoría relativa aos ecosistemas. Unha vez realizada esta parte, visitamos a praia onde puxeron de manifesto os seus coñecementos e posteriormente recolleron mostras de seres bióticos e abióticos para a súa maqueta.

Foi unha experiencia moi agradable da que os nenos disfrutaron moito.

 

 

 

BIBLIOTECA

Completaron fichas de actividades que lle permitiron afianzar os contidos traballados ao longo deste proxecto (as plantas, nutrición, fotosíntese, respiración, …)


Traballaron por grupos pero cada neno completou a súa ficha de maneira individual aínda que as respostas foron  acordadas por consenso entre todos.

Para repasalo podes acceder ao seguinte enlace:

http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/5EP_Cono_cas_ud4_186/frame_prim.swf

 

 LABORATORIO

Neste recanto realizaron dúas actividades:

1) Manexo da LUPA no laboratorio para observar diferentes tipos de follas.  


2) Un experimento de fotosíntese dunha planta acuática.

 

 

TICS

Neste recanto os nenos fixeron unha búsqueda guiada a través da rede sobre información de árbores do colexio. Completaron unha ficha utilizando un procesador de textos e fixeron un código QR para cada unha.

Accede ao enlace e pica nas imaxes  para ver algúns dos exemplos.

https://www.thinglink.com/scene/876844996823613442

 

 

 

EXEMPLO

O profesor Manuel preparou carteis de madeira para colocar os códigos QR ao pé de cada árbore. Este foi o resultado.

 

 

ÁNGULOS

Un orixinal video realizado polo alumnado que serve para ensinar e aprender os diferentes tipos de ángulos. Unha maneira moi divertida de aprender...

 

FRACCIÓNS

As fraccións formaron parte do contexto matemático e da nosa "Empanada de mexillón", o alumnado tivo que realizar un video explicativo como produto final do recanto onde se traballaron as fraccións.

 

A XANELA DE VIÑAGRANDE III

No contexto lingüístico literario continuamos coa elaboración dun xornal escolar semanal. Nesta ocasión tocoulle ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do grupo VIÑAGRANDES A e B. 

As actividades que teñen que elaborar son moi variadas: pasatempos diferentes, un cómic por parellas, entrevistas, noticias imaxinadas e verdadeiras. 

Neste segundo número tamén participou alumnado de 3º redactando algunhas das noticias publicadas.


O SECTOR DO MEXILLÓN

O alumnado de 5º e 6º iniciou o seu traballo no Contexto Humanístico realizando un proxecto sobre o sector do mexillón.

Estas son algunhas das tarefas que realizaron:

- Traballo documental sobro o cultivo do mexillón:

 
- Anuncios para promocionar o mexillón galego:

OS ALIMENTOS

Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º iniciaron o traballo no contexto científico cun proxecto relacionado cos alimentos, o corpo humano e os hábitos saudables.

Durante dúas semanas pasaron polos diferentes recantos nos que desenvolveron as seguintes actividades:

 

BIBLIOTECA

Completaron un dossier sobre o almorzo saudable dun programa dos Ministerios de Educación e Sanidade.

http://www.aecosan.msssi.gob.es/AECOSAN/docs/documentos/

nutricion/educanaos/cuaderno_alumnado_alimentacion_saludable_PERSEO.pdf

 

 Ademais abordaron os diferentes aparellos do corpo humano de maneira que cada grupo preparou un mural e un vídeo titorial explicativo para o resto da clase:

https://www.thinglink.com/scene/856840673796554753

    

 

TICS

Neste recanto desenvolveron miniquests sobre almorzo, comida e cea saudable ou o proceso da dixestión. Exemplo:

 

De maneira individual deron resposta a cuestións do tipo:

 

 

 

MUSEO

O museo o empregamos para traballar a creatividade e preparar maquetas moi didácticas que incluso serviron para apoiar as clases doutros cursos de primaria no centro.

 

 

Os nenos de 3º e 4º implicáronse na creación dun trivial sobre a alimentación saudable de xeito que o último día do proxecto puideron pasar un rato divertido xogando por grupos e repasando os contidos aprendidos.

 

 

 

LABORATORIO

Preparamos un buffet con alimentos variados para que os máis cativos puideran degustar un bo almorzo.

 

 

Despois de degustalo clasificaron os alimentos escollidos segundo os nutrientes que conteñen e finalmente gravaron de maneira individual un vídeo explicativo xustificando a súa elección.

https://www.youtube.com/watch?v=uYhyFCID7NQ

 

A VENDIMA

O mes de Setembro comeza en Viñagrande e para familiarizar aos nosos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º cos recantos do contexto científico aproveitamos unha actividade tan coñecida para todos eles como é a vendima.

 Durante quince días, alumnos e familias participaron en diferentes procesos: visitas, charlas, murais, elaboración e degustación de mosto, contos e moitas outras tarefas que nos fixeron gozar a todos do outono no cole.

 

VIAXE A TENERIFE

       No mes de maio o alumnado de 6º curso fixo unha viaxe a Tenerife no marco do proxecto "Compartiendo culturas con TIC", que este ano estamos a desenvolver conxuntamente co colexio Isaac de Vega.

       Compartimos unha gran experiencia na que tivemos a oportunidade de coñecer unha realidade moi diferente á nosa, facer moi bos amigos e, por suposto, gozar da fermosura da illa de Tenerife. Aquí vos deixamos un resumo destes días!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut