Skip to Content

Viñagrandes

ACTIVIDADES DE REFORZO 5º DE PRIMARIA

Bo día familias,

Para hoxe e para a fin de semana propoño unhas actividades en castelán.

Moito ánimo cas tarefas e esforzarse cada día un pouco máis.

Entre todas e todos estamos facendo un gran traballo.

Saúdos.

Titora de 5º.

 
 

ACTIVIDADES DE REFORZO 5º DE PRIMARIA

Estimadas familias,

Adxunto tarefas de lingua galega. Moito ánimo e a seguir quedando na casa.

Un saúdo.

Mariluz.

Titora de 5º.

 
 

ACTIVIDADES DE REFORZO 5º DE PRIMARIA

Bo día familias,

Hoxe a tarefa que propoño é de matemáticas.

Recomendación: estudar a tabla de multiplicar antes de facela tarefa.

Maña faremos lingua galega.

 

 

ACTIVIDADES DE REFORZO 5º DE PRIMARIA

Estimadas familias,

Vouvos ir adxuntando un par de tarefas cada día. 

Se non sodes capaces de descargalas ou imprimilas, podedes facelas nun caderno a parte.

Tamén recomendo, tal e como expliquei por abalar. ler a diario e facer un resumo do lido.

Mariluz 
Titora de 5º de educación primaria.

A XANELA DOS VIÑAGRANDES

Xa estamos en disposición de publicar os traballos elaborados polo alumnado de 5º e 6º no contexto lingüístico durante as pasadas semanas.

A edición dunha nova revista escolar interactiva leva o seu tempo. Agora xa podemos continuar manténdovos informados con noticias de actualidade que consideramos importante que coñezades.

Nesta nova edición teredes a oportunidade de ler noticias, ver videos, acceder a anucios publicitarios positivos e a favor dun mundo mellor, debates...etc.

Esperamos que vos guste.

Para acceder á revista, só tedes que chuzar na imaxe ou no enlace que a segue.

https://vinhamedios.atavist.com/a-xanela-dos-vinhagrandes

LITERATURA UNIVERSAL. DON QUIXOTE DA MANCHA

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria está traballando sobre grandes obras da Literatura Universal.

Neste primeiro acercamento, realizamos actividades tan variadas como: videocontos, microrrelatos, mapas mentais biográficos e pasatempos ortográficos. Cando rematan os traballos, confeccionamos un mural sobre cada obra onde se poden ver os traballos relacionados co unha obra determinada da literatura universal.

 

 

Nesta ocasión presentamos o mural relacionado coa afamada obra de Miguel de Cervantes: DON QUIXOTE DA MANCHA.

 

Hecho con Padlet

O MOZO REI ARTUR

O alumnado de 3. 4º, 5º e 6º de Educación Primaria está traballando sobre grandes obras da Literatura Universal.

Neste primeiro acercamento, realizamos actividades tan variadas como: videocontos, microrrelatos, mapas mentais biográficos e pasatempos ortográficos. Cando rematan os traballos, confeccionamos un mural sobre cada obra onde se poden ver os traballos relacionados co unha obra determinada da literatura universal.

 Nesta ocasión presentamos o mural relacionado coa afamada obra anónima: O MOZO REI ARTUR.

Ademáis dun videoconto, tamén tiveron que elaborar microcontos de menos de 140 palabras que comezaban pola mesma frase inicial que a obra orixinal. Aquí vos deixamos o microconto elaborado por PAULA (5º ED. PRIMARIA)

A VARIÑA MÁXICA

Hai moitísimos anos vivía en Inglaterra un mago que era moi vello e como todos os magos gustáballe facer maxia. Pero un  día non podía facer maxia e púxose triste.Así que el acordouse do que lle dicía sempre o seu avó: "si encontras a variña máxica do mellor mago do mundo podes pedirlle un so desexo".

Así que o mago emprendeu a viaxe, cruzou pontes, lagos e lagoas ata chegar a unha cova, entrou sen medo e alí encontrouse coa variña. Entón pediulle o desexo que era que puidera facer maxia ata que morrera.

E así foi como o mago pudo facer maxia. E colorín colorado este conto está acabado.

LITERATURA UNIVERSA: O CHEPUDO DE NOTRE DAME.

O alumnado de 3. 4º, 5º e 6º de Educación Primaria está traballando sobre grandes obras da Literatura Universal.

Neste primeiro acercamento, realizamos actividades tan variadas como: videocontos, microrrelatos, mapas mentais biográficos e pasatempos ortográficos. Cando rematan os traballos, confeccionamos un mural sobre cada obra onde se poden ver os traballos relacionados co unha obra determinada da literatura universal.

 

 Nesta ocasión presentamos o mural relacionado coa afamada obra de Victor Hugo: O Chepudo de Notre Dame.

 

Ademáis dun videoconto, tamén tiveron que elaborar microcontos de menos de 140 palabras que comezaban pola mesma frase inicial que a obra orixinal. Aquí vos deixamos o microconto elaborado por CRISTHIAN FERRO (6º EDUCACIÓN PRIMARIA).

     Un día de inverno abandonaron a un meniño na porta dunha catedral. Era un neno de tres meses e medio, tiña a cariña moi cuca, os ollos eran azuis e o pelo rubio. Unha hora despois de que o abandonasen unha muller chamada Araceli colleuno e levouna para a súa casa convertendo ao rapaz nun rapaz adoptado.

   Pasou o tempo voando e o neno xa tiña tres anos, puxéronlle o nome de Oliver, Araceli ocultáballe que ela non era a súa nai, tamén estaba asustada porque din que a verdadeira nai de Oliver estaba na cidade para recuperalo. Araceli non permitiría iso porque lle colleu moito cariño a Oliver e non ía a deixar que a muller que abandonou a Oliver non volvera a tocalo. Araceli tiña un plan, mudarse a Alemania para librarse da verdadeira nai de Oliver.

O trece de abril de dous mil dezaseis Oliver e Araceli mudáronse a Alemania.       

 

E para rematar, tamén tiveron que buscar e seleccionar a información máis relevante sobre a biograrfía d@s grandes autores/as da LITERATURA UNIVERSAL. Esta búsqueda de información tiñana que presentar a través dun mapa mental de VICTOR HUGO.

 

LITERATURA UNIVERSAL: A ODISEA

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria está traballando sobre grandes obras da Literatura Universal.

Neste primeiro acercamento, realizamos actividades tan variadas como: videocontos, microrrelatos, mapas mentais biográficos e pasatempos ortográficos. Cando rematan os traballos, confeccionamos un mural sobre cada obra onde se poden ver os traballos relacionados co unha obra determinada da literatura universal.

 

Nesta ocasión presentamos o mural relacionado coa afamada obra de Robert L. Stevenson: A Illa do Tesouro.

 

Hecho con Padlet

ÁREA E PERÍMETRO

Dentro dos recantos do contexto o alumnado traballou a área e o perímetro dunha serie de figura xeométricas planas, finalmente realizaron esta presentación.

Powered by emaze

Distribuir contido


by Dr. Radut