Tendo en conta o establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos,realizarase proximamente, neste Centro, a renovación do Consello Escolar.
A organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral, integrada pola directora do centro, unha mestra ou mestre, unha nai/pai ou titor/a legal e unha persoa representante do persoal de administración e servizos; designados os tres últimos membros por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes. O sorteo celebrarase no CEIP de Viñagrande - Deiro o venres 29 de outubro ás 10:30h.