Skip to Content

Biblioteca

DÍA DA POESÍA

       O pasado 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía da mellor maneira posible, coñecendo aos grandes poetas que temos no noso cole. Así, puidemos escoitar as creacións que se fixeron nas diferentes aulas, ademais de coñecer diferentes tipos de poesía, textual, visual, obxetual... Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

REMEDIOS CASEIROS

       Seguindo co PDI deste curso, Chaveta pide agora a colaboración das familias para recopilar remedios caseiros, unha excelente maneira de mellorar a nosa saúde cando temos unha pequena doenza.

       Agardamos a vosa participación!

BUZÓN DE DESEXOS

      Os nenos da comisión de mellora da biblioteca suxeriron colocar un buzón onde poder anotar que libros querían que mercaramos. Despois dun meticulosos traballo, xa está listo o buzón dos desexos, así que xa podedes deixar os vosos desexos.

HÁBITOS SAUDABLES

       Xa podes visitar na biblioteca a exposición de fotos de hábitos saudables que nos enviaron as familias, en colaboración co PDI: "A saúde e a mellora da calidade de vida das persoas" Achégate a velas e seguro que atoparás interesantes maneiras de mellorar a túa saúde.

       Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración.

COMISIÓN DE MELLORA

       A semana pasada tivemos unha nova xuntanza da comisión de mellora da biblioteca escolar. Nela tratamos varios temas e xa puxemos a andar algunhas das boas iniciativas que foron xundindo e que pronto coñeceredes.

NOVIDADES!!!

       Como non podía ser doutra maneira, os Reis Magos tamén se deixaron ver no cole, agasallándonos cunha boa colección de libros. CHAVETA presentóunolos esta semana. Animádevos a vilos coñecer!!!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

     Aquí deixamos o boletín de recomendacións lectoras de CHAVETA, para que sexa máis doado atopar o agasallo perfecto para estas datas.

            BO NADAL e FELICES LECTURAS!


CARTAS DE CHAVETA

CHAVETA deixou en cada aula unha carta para animar a todo o alumnado a pensar a temática sobre a que vai desenvolver o seu proxecto de aula, en relación ao proxecto documental "A saúde". Tamén deixou un libro relacionado para que puidera servir de punto de partida para o debate.

Ademais, tamén enviou outra carta ás familias para contar coa súa colaboración neste proxecto e, entre todos, crear un entorno máis saudable.

CON QUE ANDARÁ CHAVETA?

 

PRESENTACIÓN DE NOVIDADES

       Xa están á vosa disposición as novas adquisición de Chaveta. Achegádevos a coñecelas!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut