Skip to Content

ABP

PROPOSTAS DE TRABALLO MENTRES DURE ESTE TEMPO DE CONFINAMENTO

Estimadas familias.

Coa finalidade de continuar a actividade lectiva voluntaria e non avaliable do alumnado dende o seu fogar, presentamos a continuación unhas recomendacións para as familias para a atención educativa no fogar e un par de propostas que están deseñadas para traballar dende a casa da mesma maneira que o estabamos facendo na aula.

Cremos que o traballo por proxectos pode ser unha boa alternativa xa que permite respectar unha serie de principios básicos nestes momentos: significatividade, autonomía, gusto por aprender, respecto polo ritmo individual de cada alumno/a, seguen unha planificación previa, adáptanse á diversidade, permiten ser compartidos...

- Para facilitar o proceso presentámosvos unha guía cunhas orientacións e recomendacións que pretenden axudarvos a comprender cal é o rol famliar nestes momentos  e no que se ofrece unha explicación sobre o plan de traballo a desenvolver e un conxunto de ideas que poden ser de gran axuda. 

- Unha proposta de investigación e proxecto libre na que o alumnado terá que decidir o tema sobre o que investigar e o que quere facer con el creando algo que poida presentar cando regresemos á escola. Para iso ofrecemos unha guía que axudará ao alumnado a non perderse e a desenvolver a súa propia idea (o seu propio proxecto) dun xeito guiado e ben ordenado.

- Unhas experiencias sinxelas que se poden facer no fogar. O obxectivo destas actividades é que os nenos e nenas podan aprender mediante actividades entretidas. Destes experimentos que propoñemos, algúns están relacionados con contidos que xa vimos durante o curso.

 

Chuzando nas seguintes imaxes tamén poderedes acceder ao contido e actividades que vos propoñemos.

  .     

 

Sen máis e esperando que esta situación mude o antes posible, recibide un afectuoso saúdo e moitos aloumiños para os vosos fillos e fillas. 

 

Saúdos e saúde.

 

Javi e Marta

 

Distribuir contido


by Dr. Radut