Boas familias:
En relación co proxecto que iniciaramos no Contexto Humanístico, “Lugares Patrimonio da Humanidade”, propóñovos a seguinte tarefa para facer estes días sen clase:
· Investigar e facer unha presentación sobre a biografía de Antoni Gaudí (xa que 7 das súas obras foron declaradas Patrimonio da Humanidade, é dicir, teñen un valor excepcional e único a nivel mundial).
No documento que adxunto abaixo ou no seguinte enlace (ANTONI GAUDÍ) explícovos como facer a actividade.
Para calquera dúbida ou consulta podedes escribirme ao seguinte correo electrónico: chumanistico1@gmail.com
En xeral, tamén vos recomendo os seguintes enlaces para repasar contidos relacionados co contexto e as ciencias sociais como:
· https://mapasinteractivos.didactalia.net/gl/comunidade/mapasflashinteractivos
· https://www.rtve.es/educlan/9-10-anos/ hai un apartado de Ciencias Sociais con vídeos interesantes.
Un saúdo e moito Ánimo!
Luisa