Skip to Content

CM Viñagrandes

DEBUXO. PUNTOS DE FUGA

Dende o Contexto Matemático queremos que o alumnado debuxe e reafirmámonos na importancia que debe ter o debuxo nos Proxectos Educativos dos Centros. Debuxar en compaña das familias é moi importante para o alumnado, tendo en conta e respetando, as diferentes situacións que está a vivir cada familia e os medios dos que dispoñemos.

A actividade consiste na visualización de dous vídeos titoriais de debuxo con puntos de fuga, esta visualización permitiranos realizar unha obra, neste caso unha casa como a que aparece no segundo vídeo. Cada un que faga o seu deseño intentando ser o máis orixinal e creativo posible.

A intención máis alá de seguir cos contidos que nos marca o currículo é a de facer que o alumnado ocupe espazos de tempo debuxando e goce con esta actividade. Os produtos que pode chegar a conseguir o alumnado logo de visualizar estes titoriais son tan motivantes que de seguro poderá realizar outros retos do seu interese.

Titorial 1                                                                                                                                                                    Titorial 2

Queremos dar a posibilidade ás distintas familias de 5º de escoller, accedendo a esta información e aos traballos que vai ter que realizar o alumnado a través desta páxina web ou de Google Classroom por medio da clave de acceso nhj5354.

Distribuir contido


by Dr. Radut