Skip to Content

CM Viñamedios

DEBUXO. PUNTOS DE FUGA

Dende o Contexto Matemático queremos que o alumnado debuxe e reafirmámonos na importancia que debe ter o debuxo nos Proxectos Educativos dos Centros. Debuxar en compaña das familias é moi importante para o alumnado, tendo en conta e respetando, as diferentes situacións que está a vivir cada familia e os medios dos que dispoñemos.

A actividade consiste na visualización de dous vídeos titoriais de debuxo, Centrándonos no primeiro vídeo, realizaremos o debuxo de diferentes figuras planas (cadrado, rectángulo,...) que se transformarán en corpos xeométricos cando as debuxemos cun punto de fuga. Estes corpos poden estar debuxados por enriba do punto de fuga ou por debaixo, de igual maneira que a esquerda ou dereita.  Cada un que faga o seu deseño intentando ser o máis orixinal posible.

A intención máis alá de seguir cos contidos que nos marca o currículo é a de facer que o alumnado ocupe espazos de tempo debuxando e goce con esta actividade. Os produtos que pode chegar a conseguir o alumnado logo de visualizar estes titoriais son tan motivantes que de seguro poderá realizar outros retos do seu interese.

Titorial 1                                                                                                                                                                  Titorial 2

Queremos dar a posibilidade ás distintas familias de 3º e 4º de escoller, accedendo a esta información e aos traballos que vai ter que realizar o alumnado a través desta páxina web ou de Google Classroom por medio da clave de acceso qa4ymk6.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut