Skip to Content

Actividades do centro

Letras Galegas 2020

 O 17 de maio é o Día das Letras Galegas.

Este ano o homenaxeado é  Ricardo Carvalho Calero.

Se premedes  nas seguintes imaxes podedes acceder a enlaces no que atoparedes diversos recursos relacionados con este persoeiro destacado da cultura galega.

 

Desde o Equipo de biblioteca queremos propoñervos que elixades a vosa poesía en galego favorita e elaboredes un PICTOPOEMA.

Como? Pois moi doado: substituíndo algunha palabra da poesía por un debuxo, como fixeron os vosos compañeiros e compañeiras do contexto lingüístico cun poema de Curros Enríquez titulado "O maio" e que podedes ver no seguinte vídeo.

 

 

 

Outra proposta máis sinxela (pensada para os nenos e nenas de educación infantil, pero que por suposto podedes facer todos e todas) é a de elaborar unha "PICTOPALABRA".

 Elixides unha palabra en galego que comece pola mesma letra do voso nome e ilustrádela. Pode ser a vosa palabra favorita, unha que vos guste como soa, que vos recorde a alguén...

Animádevos a participar! Nenas e nenos, mestras e mestres, e por suposto tamén familias.

Enviade as vosas "pictopalabras" ou "pictopoemas" ao correo da biblioteca:

biblio.vinhagrande@gmail.com

 Aquí tendes os vídeos coas vosas aportacións.

No primeiro recóllense as pictopalabras e pictopoemas que enviastes, e no segundo os carteis que elaboraron e describiron os nenos e nenas do Contexto Lingüístico.

 

  

 

Desde o equipo de Biblioteca queremos agradecer ás familias, docentes e alumnado a vosa colaboración.

Moitísimas grazas.

Día do Libro 2020

Hoxe, 23 de abril, é o día do libro.

Aos mestres e mestras do Viñagrande gustaríanos celebralo como tódolos anos con todas e todos vós, na escola, na biblioteca da nosa escola.

Como non pode ser, quixemos compartir as nosas lecturas desta outra maneira.

 

Mira

 

Escoita 

 

Ahora tócavos a vos.

Elexide do voso libro favorito unha frase que vos guste, vos esperte algúnha emoción, vos recorde a algo/alguén, vos inspire...

Os nenos e nenas de infantil escollede unha palabra dese libro que vos encanta e que queredes que vos lean unha e outra vez, escribídea e decorádea como vos guste.

Podedes enviarnos as vosas imaxes ou vídeos a : biblio.vinhagrande@gmail.com

Animádevos!

Recopilaremos as vosas aportacións e subirémolas á web.

FELICES LECTURAS

No seguinte vídeo podedes gozar coas lecturas, debuxos, frases e palabras que as nenas e nenos do Viñagrande elixiron para compartir con nós polo Día do Libro.

Moitas gracias

 

 

Poesía con Helena Villar Janeiro

 pasado 18 de marzo tiñamos programada unha actividade na biblioteca da nosa escola na que ibamos contar coa visita de Helena Villar Janeiro para conmemorar o DÍA DA POESÍA. 

Dadas as circunstancias que estamos vivindo, non puido ser posible, pero a nosa querida Helena tivo a ben enviar un vídeo aos nenos e nenas de Viñagrande:

 

 

 

Inspirándose na poesía mínima e nos haikus creados por Helena e que podedes ver visitando o seu Twiter (@villarjaneiro) o alumnado estaba traballando e gozando creando poemas.

En infantil comezaron ilustrando e aprendendo o poema "Gato don Honorato" e continuaron inventando poesías a través de imaxes (foto-poemas). Algún exemplo:

 

"PINGAS DE AUGA

POR UN TOBOBÁN

BURBULLAS OU GLOBOS?

NON SEI QUE SERÁN"

 

 

"BOLBORETA, BOLBORETA,

MARGADIDA QUERIDA

QUE BONITA ERES

DE ABAIXO ARRIBA"

 

"NEGRAS MORAS,

MORAS VERMELLAS

QUÉROVOS COMER,

PERO SODES DIFÍCILES DE COMER"

 

"NUNHA TOALLA VERDE

DESCANSA O CARACOL

DEBAIXO DO PARASOL"

 

 

 No contexto lingüístico estaban investigando e creando haikus.

O haiku é un xénero poético de orixe xaponés. Escríbense segundo a tradición en tres versos sen rima de 5, 7 e 5 sílabas.

Aquí tendes algún exemplo de Helena Villar J.

 

Anímovos a que sigades creando igual que o estabades facendo na escola, agora podedes facelo na casa implicando ás vosas familias, se así o desexan.

Podedes sacar fotos desde as vosas fiestras e escribir o que vos suxire a imaxe.

Invítovos a que o compartades cos vosos titores ou titoras (a través dos medios cos que vos estades comunicando nestes días de confinamento) ou enviando as vosas aportacións ao correo electrónico da biblioteca: biblio.vinhagrande@gmail.com.

 Se preferides usar as redes sociais, podedes compartir en Twiter as vosas creacións e citar a @villarjaneiro.

 

 

 

 

O INFORMADEIRO

 Este curso 2016 - 2017 iniciouse con grandes cambios. Nestes momentos estamos rematando de configurar un novo contexto de aprendizaxe denominado O INFORMADEIRO e que se sitúa na nova biblioteca escolar e constitúe unha importante peza do Plan de Mellora da Biblioteca Escolar.

Nel o alumnado vai ter a oportunidade de darlle saída aos traballos que elaboran no interior das aulas a través dos distitintos medios de comunicación: xornais e revistas escolares, radio, televisión e redes sociais (inda xestionadas polo profesorado). 

Na nova biblioteca contamos xa con tres novos espazos ben definidos para o traballo en RadioDeirOnline, en TeleViñagrande e na edición e publicación do xornal escolar A Xanela de Viñagrande

O que aquí vos presentamos é unha selección das actividades que se desenvolveron ao longo deste curso grazas aos medios de comunicación cos que traballamos. Nesta web poderedes acceder a programas de radio, de televisón e as distintas modalidade de revistas e xornais escolares que fixo o alumnado.

Esperamos que vos guste porque será unha rutina a partires dagora ver ao alumnado converterse en xornalista nunha nova biblioteca escolar multifuncional e  multidisciplinar.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=system/files/informadeiro.jpg

FORMULARIO DE INSCRICIÓN PARA DOCENTES NAS I XORNADAS "POR UNHA NOVA ESCOLA"

Inserimos aquí o formulario de inscrición para as I Xornadas "POR UNHA NOVA ESCOLA" organizadas polo CEIP de Viñagrande Deiro. Non esquezades enviar á nosa dirección de correo (ceip.vinhagrande.deiro@edu.xunta.es) o xustificante de pago da matrícula xuntos cos vosos datos persoais (Nome, apelidos e DNI). Grazas.

Se nesta páxina web non percibides ben o formulario, podedes acceder a él a través deste enlace:http://goo.gl/forms/te6kJrk4eH

Dende aquí queremos agradecer a Tadega que nos permitira facer uso do seu modelo de formulario de inscrición que consideramos moi oportuno para as nosas xornadas. Grazas TADEGA.

 

Nota importante: Este formulario non está dirixido ás familias do CEIP de Viñagrande Deiro, é só para DOCENTES que están interesados en asistir e participar nas xornadas. Para as familias habilitouse outro procedemento do que xa están informadas.

 

VIAXE A TENERIFE

       No mes de maio o alumnado de 6º curso fixo unha viaxe a Tenerife no marco do proxecto "Compartiendo culturas con TIC", que este ano estamos a desenvolver conxuntamente co colexio Isaac de Vega.

       Compartimos unha gran experiencia na que tivemos a oportunidade de coñecer unha realidade moi diferente á nosa, facer moi bos amigos e, por suposto, gozar da fermosura da illa de Tenerife. Aquí vos deixamos un resumo destes días!

 

FESTIVAL DE NADAL 2013

Para festexar o Nadal, o alumnado e profesorado do CEIP Viñagrande - Deiro organizou un gran festival con numerosas e variadas actuacións: música, concursos, sorteos... nas que o alumnado foi o protagonista indiscutible.

As familias asistiron masivamente ao pabillón interior do centro e puideron dar conta da calidade das producións representadas. 

Se non puideches vir, non te preocupes porque aquí vos deixamos a gravación de todo o festival estructurada en función dos ciclos e cursos que participaron. 

 

O Maio 2013 do C.E.I.P. Viñagrande

O Maíño maio é moi pillabán,

quere que lle metan os cartos na man.


O noso Magosto.

Aquí tendes unha colección das fotos que tomamos o día que celebramos o Magosto 2012-2013.

Para velas facede click na imaxe.

Entroido 2013

Fotos tomadas o día que celebramos o Entroido no colexio.Si as queres ver de unha en unha, deberás de clickear en cada unha delas.Pero si fas click en " Presentación de diapositivas ", veralas pasar todas automáticamente, incluso podendo escoller o intervalo de segundos entre elas.

Fai click na imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut