Skip to Content

Poesía con Helena Villar Janeiro

 pasado 18 de marzo tiñamos programada unha actividade na biblioteca da nosa escola na que ibamos contar coa visita de Helena Villar Janeiro para conmemorar o DÍA DA POESÍA. 

Dadas as circunstancias que estamos vivindo, non puido ser posible, pero a nosa querida Helena tivo a ben enviar un vídeo aos nenos e nenas de Viñagrande:

 

 

 

Inspirándose na poesía mínima e nos haikus creados por Helena e que podedes ver visitando o seu Twiter (@villarjaneiro) o alumnado estaba traballando e gozando creando poemas.

En infantil comezaron ilustrando e aprendendo o poema "Gato don Honorato" e continuaron inventando poesías a través de imaxes (foto-poemas). Algún exemplo:

 

"PINGAS DE AUGA

POR UN TOBOBÁN

BURBULLAS OU GLOBOS?

NON SEI QUE SERÁN"

 

 

"BOLBORETA, BOLBORETA,

MARGADIDA QUERIDA

QUE BONITA ERES

DE ABAIXO ARRIBA"

 

"NEGRAS MORAS,

MORAS VERMELLAS

QUÉROVOS COMER,

PERO SODES DIFÍCILES DE COMER"

 

"NUNHA TOALLA VERDE

DESCANSA O CARACOL

DEBAIXO DO PARASOL"

 

 

 No contexto lingüístico estaban investigando e creando haikus.

O haiku é un xénero poético de orixe xaponés. Escríbense segundo a tradición en tres versos sen rima de 5, 7 e 5 sílabas.

Aquí tendes algún exemplo de Helena Villar J.

 

Anímovos a que sigades creando igual que o estabades facendo na escola, agora podedes facelo na casa implicando ás vosas familias, se así o desexan.

Podedes sacar fotos desde as vosas fiestras e escribir o que vos suxire a imaxe.

Invítovos a que o compartades cos vosos titores ou titoras (a través dos medios cos que vos estades comunicando nestes días de confinamento) ou enviando as vosas aportacións ao correo electrónico da biblioteca: biblio.vinhagrande@gmail.com.

 Se preferides usar as redes sociais, podedes compartir en Twiter as vosas creacións e citar a @villarjaneiro.

 

 

 

 



story | by Dr. Radut