CEIP DE VIÑAGRANDE-DEIRO

Reunión informativa alumnado nova incorporación

Reunión informativa para as familias do alumnado de nova incorporación: xoves 23 de xuño ás 10:00h. 

Escola de Familias

Terceiro encontro da Escola de Familias: 

Admisión 22-23

Listaxes definitivas:

todas as solicitudes de admisión para o curso 22/23 foron admitidas. As listaxes están publicadas na entrada do centro. A formalización da matrícula realizarase do 20 ao 30 de xuño. 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Desde o 19 de maio ata o 22 de xuño, estará aberto o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de material escolar do curso 22/23 (alumnado de Primaria). 

Podedes consultar toda a información e a DOCUMENTACIÓN que é necesario aportar coa solicitude, na Orde que regula o procedemento: ORDE

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: 

1. Por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. Presencialmente, na escola, achegando o ANEXO I E II, debidamente cumplimentados e asinados, tal e como indica a convocatoria, coa seguinte documentación:

   Copia do libro de familia e, de ser o caso, 

- sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

- certificado de discapacidade (de calquera membro da unidade familiar).

- documentación acreditativa de ser vítima de violencia de xénero.

- resolución da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garde e tutela da Xunta de Galicia.

- certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou persoa/s titora/s carezan de DNI e NIE. 

Para a presentación presencial podedes descargar os anexos en https://www.edu.xunta.es/fondolibros ou solicitalos no centro. 

 

 

Distribuir contido