Iniciar sesión: Acceso

VALORACIÓN DOS CRITERIOS XERAIS PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO

Artigo 9.  Criterios de admisión do alumnado e a súa puntuación.

 

a) Valoración do criterio: por unha irmá ou irmán matriculada/o no centro, outorgaranse  8 puntos; polas/os seguintes, 2 puntos por cada unha/un, ata un máximo de 14 puntos.

 

b) Proximidade do centro educativo ó domicilio familiar ou lugar de traballo:

 

a) Proximidade do domicilio familiar:

1º. Se se atopa na área de influencia do centro: 8 puntos.

2º. Se se atopa nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 4 puntos.

 

b) Proximidade do lugar de traballo:

1º. Se está situado dentro da área de influencia do centro: 6 puntos.

 2º. Se está situado nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 3 puntos

 

c) Por renta per cápita da unidade familiar. A puntuación por referencia ó indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM = 6.948,24 €) do exercicio fiscal ó que corresponde a renda, será a seguinte:

 

1º. Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.                                              

2º. Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o                          IPREM: 2 puntos.

3º. Se é igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao IPREM: 1                  punto

4º. Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos.

 

d) Por persona proxenitoria, titora ou acolledora traballadora do centro docente

  3 puntos, con independencia de que traballen ambas.

 

e) Por familia numerosa: de categoría especial, 3 puntos; de categoría xeral, 2 puntos.

 

f) No caso de irmáns nacidos dun parto múltiple, sempre que soliciten o mesmo centro, corresponderálles 8 puntos si son dous e 10 puntos se son máis de dous.

g) No caso de familia monoparental: 2 puntos.

 

h) Por discapacidade igual ou supeiro ó 33% dos membros computables da unidade familiar, a puntuación indicada a continuación co máximo de 4 puntos:

 

1º. Alumno/a: 4 puntos.

 

2º. Calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, e o novo cónsuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora: 3 puntos.

3º. Calquera das irmás ou dos irmáns: 1 punto por cada un.

 

Asimesmo, terá esta consideración de discapacidade equiparada ao 33% a percepción da pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, e a percepción de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servicio ou inutilidade.

 

i)  

Por condición de víctima de violencia de xénero de calquera dos membros da unidade familiar: 2 puntos.

 

j) Por condición de víctima de terrorismo de calquiera dos membros computables da unidade familiar: 2 puntos.

 

k) Criterio complementario, consistente en circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente  polo órgano competente do centro, de acordo con criterios obxectivos, que terán que publicar antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión: 1 punto.