VALORACIÓN DOS CRITERIOS XERAIS PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO
a) Por unha irmá ou un irmán matriculados no centro: 8 puntos; polo segundo e seguintes, 2 puntos por cada un, co máximo de 14puntos.
b) Proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou do lugar de traballo.
1º. Por proximidade do domicilio familiar: se está na área de influencia do centro, 8 puntos; se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro, 4 puntos.
2º. Por proximidade do lugar de traballo: se está na área de influencia do centro, 6 puntos; se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro, 3 puntos.
c) Por renda per cápita da unidade familiar
1º. Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.
2º. Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.
3º. Se é igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: 1 punto.
4º. Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos.
d) Por persoa proxenitora, titora ou acolledora traballadora do centro docente 3 puntos, con independencia de que traballen ambas.
e) Por familia numerosa: de categoría especial, 3 puntos; de categoría xeral, 2 puntos.
f) No caso de irmáns nados dun parto múltiple, sempre que soliciten o mesmo centro, corresponderanlles 8 puntos se son dous e 10 puntos se son máis de dous.
g) No caso de familia monoparental: 2 puntos.
h) Por discapacidade igual ou superior ao 33 % dos membros computables da unidade familiar (máximo 4 puntos):
1º. Alumno/a: 4 puntos.
2º. Calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, ou o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora: 3 puntos.
3º. Calquera das irmás ou dos irmáns: 1punto por cada un.
i) Por condición de vítima de violencia de xénero de calquera dos membros computables da unidade familiar: 2 puntos.
j) Por condición de vítima de terrorismo de calquera dos membros computables da unidade familiar: 2 puntos.
k) Por criterio complementario: 1 punto.