Iniciar sesión: Acceso

ACTUALIZACIÓNS PROTOCOLO COVID

A Consellería de Educación anunciou novidades sobre o manexo de casos positivos, contactos estreitos e corentenas en contornas escolares, que seguiremos de agora en diante.

Destacamos a continuación os aspectos principais a ter en conta:

- As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado COVID permanecerán 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivesen síntomas durante polo menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.

- Nin o alumnado, nin o persoal do centro, en ningun caso require de proba algunha para reincorporarse ao centro se xa non presenta sintomas tras os 7 dias de illamento.

- No caso de alumnado menor de 12 años, ante a aparición dun primeiro caso na aula e ata un total de 4, o alumnado non realizará corentena, con independencia do seu estado de vacinación. Isto inclúe a Educación Infantil 3-6 años. Se fosen contactos externos estreitos dun positivo ao colexio, entón si que deben gardar corentena, a non ser que teñan a pauta de vacinación completa.

- Ante 5 ou máis casos confirmados de infección activa na mesma aula seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas dos contactos estreitos, con posibilidade de peche da aula completa se así o determinasen como autoridades sanitarias.

- Os e as responsables COVID dos centros educativos, informarán aos familiares ou titores legais do resto dos nenos e nenas dunha clase onde se detectaron casos confirmados, da situation e indicaráselles que durante os 10 días poseriores á exposición, extremen as precaucións e reduzan todo o posible as interacciones sociais utilizando de forma constante a máscara de acuerdo coa lexilación vixente. Especialmente débese evitar o contacto con personas vulnerables. Así mesmo, indicaráselles que ante a aparición de síntomas compatibles non acudan a clase e contacten co sistema sanitario segundo se estableceu en cada CCAA.

Desde o colexio, como ata agora, seguiremos informando dos casos positivos confirmados que haxa en cada aula para coñecemento das familias.

Agradecemos ás familias a implicación que están a amosar á hora de comunicar novos casos positivos e a súa colaboración ante as diferentes medidas que imos adoptando seguindo as indicaciones das autoridades sanitarias. 

                                                              10-01-2022