Iniciar sesión: Acceso

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Iníciase a tramitación da participación no procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado segundo a ORDE do 28 de novembro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

a) NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

c) O prazo de presentación das solicitudes ( impreso máis documentación complementaria) para o alumnado non beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022, que cumpra as anteriores condicións será do día 15 de novembro ao 26 de novembro incluído.

d) Horario de secretaría para presentación das solicitudes  de 9:30 a 11:30 e de 12:20 a 13:30 h.

Descargar impresos para a solicitude no seguinte adxunto:

AdxuntoTamaño
Orde 28 de Outubro de 2021 de participación no proceso de distribución de máscaras747.25 KB
Anexo I e II -ED330E -Máscaras..doc351 KB
Anexo I e II -ED330E -Máscaras..pdf444.49 KB