Iniciar sesión: Acceso

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Iníciase a tramitación da participación no procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado segundo a ORDE do 28 de novembro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2021-2022

A continuación, presentamos a Concreción Curricular e as Programacións de nivel para o curso 2021-2022 se a evolución da pandemia permite un desenvolvemento adecuado. En todas as programacións se reflicte un punto con certas consideracións a ter presentes de poñerse en marcha o Plan de Continxencia ante un abrocho, e ter que desenvolverse unha modalidade de educación non presencial.

PROTOCOLO DA BIBLIOTECA DO CEIP VILAVERDE- MOURENTE

A continuación presentamos o Protocolo da Biblioteca do CEIP Vilaverde-Mourente, como Anexo XI do Plan de Adaptación á Covid, segundo as instrucións do 06-06-2021.

PLAN DE CONTINXENCIA DO CEIP VILAVERDE- MOURENTE 21-22

A continuación presentamos o Plan de continxencia do CEIP Vilaverde á covid para o curso 2021-2022, no que se reflicten as actuacións e procesos que se levarían a cabo de xurdir algún abrocho ata o reinicio da actividade académica presencial ( Anexo X do Plan de adaptación á situación Covid). Este documento foi revisado e novamente publicado coas útimas modificacións.

1ª Revisión publicada segundo as instrucións do 06-07-2021.

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE BECAS PARA ALUMNADO DE N.E.A.E.(Curso 2021 - 2022)

 Ata o 30 de setembro. Pode consultarse a convocatoria e requirimentos necesarios en "Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo (Curso 2021 - 2022) | Ministerio de Educación y Formación Profesional (educacionyfp.gob.es)  ou no BOE nº 183, de 2 de agosto de 2021 px 46778 a 46779"

PLAN DE CONTINXENCIA DO CEIP VILAVERDE- MOURENTE 21-22

A continuación presentamos o Plan de continxencia do CEIP Vilaverde á covid para o curso 2021-2022, no que se reflicten as actuacións e procesos que se levarían a cabo de xurdir algún abrocho ata o reinicio da actividade académica presencial ( Anexo X do Plan de adaptación á situación Covid). Este documento foi revisado e novamente publicado coas útimas modificacións.

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 DO CEIP VILAVERDE 21-22

A continuación presentamos a actualización do Plan de adaptación do CEIP Vilaverde á covid para o curso 2021-2022,  no que se reflicten as medidas adoptadas nesta situación excepcional coa fin de garantir a seguridade e previr riscos na nosa comunidade educativa. Este documento será revisado, actualizado e publicado seguindo insttrucións da Consellería. 

1ª Revisión segundo instrucións do 06-07-2021

2ª Revisión segundo instrucións do 01-10-2021

 

RECOLLIDA DE CHEQUES DE AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Poderán recollerse do 20 ao 30 de xullo en horario de 09:00 a 13:30 h. na secretaría do centro.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O ALUMNADO ADMITIDO EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO 2021-2022

Para a formalización da matrícula as familias deben presentar a seguinte documentación do 20 ao 30 de xuño, na secretaría do centro, en horario de 9:00 a 14 horas de luns a venres e de 16:00 a 17:00 horas os martes:

 Impreso de formalización de matrícula. (Anexo III-1 da orde do 12 de marzo de 2013).

 4 fotografías tamaño carné da nena ou neno.

Cuestionario sobre a lingua materna para as familias.

FOLLA DE ACTUALIZACIÓN DE DATOS DO ALUMNADO

No seguinte adxunto poden descargar a folla de actualización de datos do alumnado aquelas familias que rexistren:

Cambio de domicilio ou teléfono.

Cambio de materia: relixión, VCS ou relixión evanxélica.

Cambios nos  servizos complemetarios de comedor ou  transporte xustificados.

 Grazas pola vosa colaboración.

 Un saúdo.

Distribuir contido