Iniciar sesión: Acceso

PRAZOS E PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

Segundo a ORDE de 29 de abril de 2022, os prazos previstos para a tramitación dos procedementos para a participación na convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinados ó alumnado matriculado en educación primaria, son os seguintes:

Presentación de solicitudes:  19 de maio ao 22 de xuño.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2022-2023

O ALUMNADO DE 1º, 2º ,3º E 4º DE E.P. NON UTILIZARÁ LIBROS DE TEXTO O VINDEIRO CURSO 2022-2023, POLO TANTO, NON HAI QUE SOLICITAR A AXUDA FONDOLIBROS.

A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022-2023 ESTÁ EXPOSTA NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DA SECRETARÍA DO CENTRO

 

Lembramos que todas as solicitudes están admitidas.

O PRAZO DE MATRÍCULA É DO 20 AO 30 DE XUÑO. Lembarvos que hai que realizar a matrícula no prazo establecido ou perderase o dereito a praza.

 

A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022-2023 ESTÁ EXPOSTA NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DA SECRETARÍA DO CENTRO

 Lembramos que todas as solicitudes están admitidas.

O 13 de maio publicaránse as listaxes  definitivas .

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A NOVA ESTRATEXIA E CONTROL DO SARS-COV-2 NA ETAPA DE TRANSICIÓN EN GALICIA NO ÁMBITO EDUCATIVO

De acordo coa nova estratexia e control da SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia:

1- Non se realizarán probas confirmatorias dos test positivos de autodiagnóstico, a excepción de certos grupos vulnerables1 . Polo tanto as persoas cun resultado positivo nun test de autodiagnóstico serán sempre casos sospeitosos da COVID-19.

TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN ADMITIDAS, NON HAI QUE BAREMAR.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión do novo alumnado para o curso 2022-2023, informamos que todas están admitidas.

Os días 22 de abril e 13 de maio publicaránse os listados provisionais e definitivos de admitidos para o vindeiro curso, respectivamente.

O PRAZO DE MATRÍCULA É DO 20 AO 30 DE XUÑO. Lembarvos que hai que realizar a matrícula no prazo establecido ou perderase o dereito a praza.

 

 

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A XESTIÓN DE CONTACTOS ESTREITOS COVID-19 NO ÁMBITO EDUCATIVO

O pasado 1 de marzo de 2022, tras a valoración da situación epidemiolóxica actual por parte das diferentes comunidades autónomas, a Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud chegou a un acordo a partir do cal se elimina a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario.

Distribuir contido