Os nenos/as de Educación Infantil; o venres día 8 de Febreiro de 2019; asistimos a Exposición «Sonoro empeño». É unha viaxe a través da interpretación pictórica da música do cal disfrutamos cun programa didáctico adaptado a escolares de tódalas idades.
O día 20 de decembro, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria, acercámonos ata a oficina de correos do pobo para entregar as postais de nadal que escribimos para os nosos compañeiros de clase.
Foi un paseo moi agradable, e mesmo na oficina, unha vez que entregamos as postais co seu selo, ensináronnos como funciona por dentro a oficina. Non podíamos imaxinar a cantidade de cartas que hai que repartir nun só día...pero para iso están os nosos carteiros e carteiras que fan posible que cada carta chegue ao seu destino!
O día 5 de Decembro os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria realizaron unha viaxe á Coruña para visitar a Sede da Fundación María José Jove, na que participaron en distintas actividades dinamizadas, co gallo de propiciar o encontro do alumnado coa arte.
Asistiron a un obradoiro sobre o universo de Miró no que as formas e as cores xogan ata o infinito e énchense de paxaros, mulleres, ollos, soles, lúas,...Nesa viaxe crearon os seus propios universos baixo a inspiración deste artista.
Outra activiade consistiuna visita guiada ao museo para entrar en contacto coa arte abstracta e coa realista; aquí realizaron o "Xogo dos enigmas" no que buscando por toda a colección tiñan que recoñecer a obra e o autor/a a que pertencían os fragmentos dados.
Foi unha viaxe moi interesante, moi lúdica e con actividades capaces de xerar unha actitude creativa e imaxinativa de cara á comunicación artística.
Os alumnos/as de Educación Infantil realizamos una visita ao Museo María José Jovepara inicialos no proxecto que estamos levando a nivel de centro “Pequenos pintores”.
A Fundación María José Jove ten a súa sede na Coruña. Consta de tres plantas distribuidas en salón de actos, una zona de aulas e espazos multiusos para diferentes actividades orientadas aos nenos e nenas, un área de Administración e oficinas.
No hall recibiunos ademáis das guías, una monumental escultura de Francisco Leiro, na que se retrata a una das persoas que colaborarón na extinción dos incendios que asolaron Galiza no verán 2005-2006. Unha vez no hall, repartímonos en dous grupos e visitamos as instalación gracias a mascota do museo “ Punto Rojo”.
PRESENTAMOSVOS A "PUNTO ROJO"
Finalizando a visita co conto “Por cuatro esquinitas de nada” así como un taller de pintura nunha das súas salas.
Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria realizamos una excursión a cidade de Lugo, para visitar o casco vello (catedral, praza de Santa María, muralla…), o Centro de Interpretación da murallae o Museo Provincial, no que o asistimos a un obradoiro relacionado coa protección e accesibilidade dos museos.
O tempo non nos acompañou, pero aproveitamos a visita e pasámolo ben!