Skip to Content

Colectivas

DÍA DA AUGA (22 de Marzo)

Álbum: 1.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> DÍA DA AUGA

FAI CLIC

Esta semana no colexio conmemoramos o día da auga, para o cal cada curso elaborou o seu  consello para aforrar auga...

SE A AUGA NON QUERES MALGASTAR…

 

DÍA DA ÁRBORE (21 de Marzo)

Álbum: 1.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> DÍA DA ÁRBORE

FAI CLIC

Para conmemorar esta data reciclamos CDs que os nenos e nenas trouxeron da casa es escribiron neles os dereitos das árbores, fixeron debuxos,...E despois colgámolos nas árbores do patio, mirade que adornadas quedaron!!!

SEMANA DA PRENSA (8-12 de Marzo)

 

FAI CLIC para visualizar o noso xornal

DÍA DA MULLER TRABALLADORA (8 de Marzo)

 Este ano, o tema do Día Internacional da Muller (8 de Marzo), "Mujeres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19", celebra os enormes esforzos realizados por mulleres e nenas de todo o mundo á hora de definir un futuro máis igualitario e a recuperación ante a pandemia de Covid-19, e resalta as deficiencias que persisten.

 

FAI CLIC NOS NÚMEROS 

(para unha maior información da solución de cada curso)

 

  • EDUCACIÓN INFANTIL:  1  / 2

 

  • 1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA: 1 / 2 / 3

 

  • 3º E 4º EDUCACIÓN PRIMARIA: 1 / 2 / 3 / 4

 

  • 5º EDUCACIÓN PRIMARIA 1

 

  • 6º EDUCACIÓN PRIMARIA: 1 / 2

ACTIVIDADE DÍA DA MULLER: "DETECTIVES NO COLE"

Este ano as nenas e nenos do cole de Teixeiro convertenranse en detectives para conseguir adiviñar de que muller estamos a falar.

Para poder ser unha boa e un bo detective, deberán seguir as pistas que cada día atoparán na súa clase. Deixaremos un sobre onde as nenas eenos irán anotando (en segredo) o nome da muller que cren de que se trata, e o día 8, día que se celebra o Día da Muller, descubriremos se as nosas e nosos detectives fixeron un bo traballo. Se xa o van tendo claro a medida que van saíndo as pistas, poden traer nun papeliño o nome da muller que van descubrindo e o meterán no sobre da clase.

Aquí vos deixamos as pistas de cada curso, por se na casa tamén queredes axudar na procura da muller que se agocha detrás destas pistas(sobre todo para as aulas de infantil). Cada día unha pista, así que estade atentos.

Lembrade que este ano o noso proxecto de centro é: "Vida activa", así que...comezamos a investigar!

 

  •  EDUCACIÓN INFANTIL:

 

  •  1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA:

 

 

 

  •  3º E 4º EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • 5º EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • 6º EDUCACIÓN PRIMARIA:

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut