Skip to Content

E. Primaria

CONTOS PARA LEVAR NO PETO (1º /2º e 3º primaria)

O pasado 10 de decembro, os alumnos/as de 1º, 2º e 3º puidemos desfrutar dun contacontos moi divertido.

O título do conto foi  “Contos para levar no peto”, e como podedes ver nas fotos pasámolo xenial. Tivemos que acompañar a Sergio en moitas das súas aventuras,  axudándolle a resolver algún que outro enigma cos animaliños que atopaba.

Foi unha sesión chea de maxia e diversión.

CAMPO A TRAVÉS

Álbum: 1.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> CAMPO A TRAVÉS

O pasado 5 de decembro o noso cole participou na xornada deportiva de Campo a Través.

O lugar da celebración foi no CEIP DE PRÉSARAS.

Os colexios que participaron foron:

  • CEIP DE TEIXEIRO
  • CEIP DE OZA DOS RÍOS
  • CEIP DE CESURAS-BRAGADE
  • CEIP DE PRÉSARAS

 

XESTIÓN DE EMOCIÓNS PARA A CONVIVENCIA

O día 20 de novembro os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria asistimos a unha charla moi interesante sobre emocións,impartida por unha psicóloga e tamén profesora universitaria.

Falounos da ira, dos celos, da empatía, da confianza ... e de como xestionar estas emocións para mellorar a convivencia e poder sentirnos mellor con nós mesmos.

DEBUXANDO OS FAROS (3º educación primaria)

Os nenos e nenas de terceiro estivemos debuxando diferentes motivos relacionados co mar e quedáronnos preciosos!!!!

 

OBRADOIRO DE HIXIENE POSTURAL

Álbum: 1.1 Conmemoracións /celebracións e otras actividades -> OBRADOIRO DE HIXIENE POSTURAL

O día 28 de outubro os cursos 5º e 6º de Primaria participaron nunhas charlas promovidas polo Concello sobre hixiene postural e dieta saudable.

Os dous poñentes, apoiándose nunha presentación en Power-Point e con exemplos prácticos, explicaron normas moi sinxelas para levar a cabo na nosa vida cotiá e, deste xeito, coidar o noso corpo.

Distribuir contido


by Dr. Radut