Skip to Content

ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL

O pasado venres 15 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou nunha serie de actividades organizadas polo Concello que tiñan como obxectivo promover a sensibilización sobre o medioambiente.

As actividades que se levaron a cabo foron unha charla ao alumnado de 5º de E.P. sobre a reciclaxe, e unha saída do alumnado de 6º de E.P. ao Centro Etnográfico e ao Punto Limpo do polígono de Teixeiro. Alí viviron en primeira persoa o proceso de separación de residuos.

medio

Pincha na imaxe para ver o video



page | by Dr. Radut