Skip to Content

ACTIVIDADE DÍA DA MULLER: "DETECTIVES NO COLE"

Este ano as nenas e nenos do cole de Teixeiro convertenranse en detectives para conseguir adiviñar de que muller estamos a falar.

Para poder ser unha boa e un bo detective, deberán seguir as pistas que cada día atoparán na súa clase. Deixaremos un sobre onde as nenas eenos irán anotando (en segredo) o nome da muller que cren de que se trata, e o día 8, día que se celebra o Día da Muller, descubriremos se as nosas e nosos detectives fixeron un bo traballo. Se xa o van tendo claro a medida que van saíndo as pistas, poden traer nun papeliño o nome da muller que van descubrindo e o meterán no sobre da clase.

Aquí vos deixamos as pistas de cada curso, por se na casa tamén queredes axudar na procura da muller que se agocha detrás destas pistas(sobre todo para as aulas de infantil). Cada día unha pista, así que estade atentos.

Lembrade que este ano o noso proxecto de centro é: "Vida activa", así que...comezamos a investigar!

 

  •  EDUCACIÓN INFANTIL:

 

  •  1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA:

 

 

 

  •  3º E 4º EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • 5º EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • 6º EDUCACIÓN PRIMARIA:

 

 

 

 



page | by Dr. Radut